Dende que se abriron as portas do Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela, ás dez da mañá, unha multitude de fanáticos da informática foi enchendo as 1.500 prazas dispoñíbeis. Temos preparado un especial para non perder detalle.
Arrancou, así, a maior concentración de terabytes de información do país. Compartir arquivos, xogar en liña e participar nas actividades previstas, ademais de quedar cos amigos e coñecer xente nova, son as principais motivacións da mocidade que participa. E, aínda que cada vez hai máis mozas entre o público, seguen a ser unha minoría. Este é o relato en imaxes do arranque desta aventura.
Festa? GALEGA???
Windows por tada a parte (cóntanme que un 3% de escritorios linux entre os asistentes). Disque en El Correo que hai un 10% de participación feminina. Todos os sistemas operativos da organización están en castelán. Hai catro (4) PCs cun programa didáctico en galego para as crianzas, e corre sobre un Windows XP... en español! O 10% dos asistentes veñen de Madrid e Valladolid.
Festa? GALEGA???
ogallá naceran todos puros e sen pecado orixinal, pero bo será que xa que as cousas están así un dos obxectivos sexa que aprendan e que se promocione o software libre precisamente aqui ;)))