Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONTA ATRÁS PARA O APAGAMENTO DIXITAL

Os veciños da Fonsagrada reciben descodificadores de TDT de balde

Esta semana, o concello comeza a repartir 2.000 aparellos financiados polo Goberno.

Redacción - 19:30 17/03/2008

A Fonsagrada afronta a recta final para a televisión analóxica, que desaparecerá no concello o 5 de abril para dar paso exclusivamente á TDT. Entre o luns e o martes comézanse a repartir de balde descodificadores de TDT por parte do Concello e Protección Civil. En total repartiranse 2.000 aparellos financiados pola Xunta.

Segundo informou o alcalde, Argelio Fernández, xa están a emitir en dixital os dous principais reemisores do municipio, ademais doutros cinco máis pequenos, para acadar a cobertura mínima do 98 por cento. Tamén asegurou que os veciños están "moi ilusionados" pola nova tecnoloxía, dado que a vila "sempre se caracterizou por ter unha mala cobertura do sinal de televisión".

Agora, os veciños da Fonsagrada poden acceder a 25 canles de televisión e 11 de radio, ademais de servizos interactivos.
O concello da montaña luguesa será o primeiro do Estado Español en dicirlle adeus á televisión analóxica grazas a un proxecto piloto.

Porén, no servizo web onde se indican as zonas onde se pode recibir a televisión dixital, tdt.es, A Fonsagrada segue a figurar "sen cobertura".


0/5 (0 votos)

Comentarios (5)

Gaviotero #1 17/Marzo/2008 Gaviotero

Los pagamos entre todos con nuestros impuestos. Y alguno por ahí, amigo del que los reparte, se estará haciendo de oro a nuestra costa...

El pueblo, por supuesto, socialista.

teixugo #2 18/Marzo/2008 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...

CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)

Gaviotero #3 19/Marzo/2008 Gaviotero

Bueno, besugo, al menos has cambiado de tontería repetida...

teixugo #4 21/Marzo/2008 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!

O-PO-SI-ÇÃO!!!!!!!!!!!

Maeloc-do-Rouco #5 21/Marzo/2008 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero, es umha pessoa muito razoabel...Tudo o que dis e dumha clarividencia meridiana e o teu preclaro juizo sobrancea pacifismo, justiza, liberdade e humanidade...Que pouco tolo estas!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: