A Mesa pola Normalización Lingüística fai campaña en Ferrol a prol da inclusión da nosa lingua nos actos relixiosos.
Só un 20% de misas se realizan en galego, malia que segundo enquisas realizadas, sete de cada dez asistentes estarían a favor de que os actos litúrxicos fosen na nosa lingua. Son cifras que recordaban este luns desde a Mesa pola Normalización Lingüística.
O colectivo achegouse a Ferrol este luns para denunciar que o galego "estase excluíndo da información e da liturxia da Semana Santa". Por este motivo, convidaron o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, a vixiar o cumprimento dos convenios que asina a administración con empresas ou entidades e que lles obriga "á defensa do galego".
De momento non houbo resposta tampouco á petición á Coordinadora de Confrarías da cidade a implicárense na atención á lingua. Así, por terceiro ano consecutivo, A Mesa realiza unha campaña pública coa que solicitan que o galego se inclúa na información que se ofrece da Semana Santa, e que forme parte da liturxia e dos actos relixiosos.
Nesta ocasión, só unha confraría, a de Dolores, realizou parte dos folletos informativos en galego e, segundo apuntou A Mesa, debido a que para iso solicitou unha subvención ao departamento de Turismo da Xunta.
A Mesa segue absolutamente desnortada!
Agora toca (por terceira vez xa, non?) SÓ a igrexa católica apostólica e romana SÓ en semana santa!
Con isto da sectorización dos usos do gaego na Galiza seguiremos tentando baleirar o mar cun caldeiro sen fondo!
"Só un 20% de misas se realizan en galego, malia que segundo enquisas realizadas, sete de cada dez asistentes estarían a favor de que os actos litúrxicos fosen na nosa lingua".
A Mesa segue asentada na crenza de que o do galego é algo voluntario e descoñece a existencia de dereitos e obrigas lingüísticas: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa, sen prexuízo de se usaren excepcionalmente linguas alleas, coma en Castela!
Évos moi lamentábel esta práctica galegoexterminadora inconsciente dos da Mesa.
Manual, se calhar preferias uma realidade menos "aburrida". Mas o que temos é o que há. Para divertir-se, o cinema.
¿Para que van a dar las misas en gallego si los bloqueiros no van a misa?
Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...
CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)
Já nom hai missas em espanhol tampouco. Os bispos andam todo o dia a se manifestar e nom tenhem tempo para parvadas supersticiosas.
Gaviotero, es umha pessoa muito razoabel...Tudo o que dis e dumha clarividencia meridiana e o teu preclaro juizo sobrancea pacifismo, justiza, liberdade e humanidade...Que pouco tolo estas!!!
El señor Callón debió ir a misa por última vez hace 15 años...no se ha debido de enterar que hay misas en gallego, pero que se hace allí donde resulta necesario y no donde organizaciones subvencionadas y dirigidas políticamente pretenden imponerlo.
Estanse rifando unhas cantas hostias e hai un que ten todas as papeletas.
Gaviotero, onde som "necesarias" misas em Galego?? sabes do que falas?? Como o smilheiros e milheiros de parroquias rurais galegas onde o 99.9% da populazopm fala galego e a smisas e as ladainhas som em castelhano...Qualquer pessoa que conheza a historia e antropologia cultural deste pais sabe que esta esquizofrenia jogou e joga um nefando papel no nosso "esquizofrenico" devir secular...Tes sorte da infinda tolerancia que este medio tem cara mentes perversas e infantis como a tua...Tu nom resistes um debate argumentado e moito menos civilizado (sobre tudo isto ultimo, ainda que o teu deficit educacional pode nom ser de tudo culpa tua...Que Deus che abeire e che dea sorte