Arqueólogos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, traballan na Fonsagrada, na foxa onde se cre que está o corpo do líder do Batallón Galicia.
Desde primeira hora deste mércores, o equipo de colaboradores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, ARMH, leva adiante os traballos de exhumación dos tres cadáveres atopados recentemente nunha nova foxa. Segundo os testemuños estudados, o colectivo ten a seguridade de que un dos corpos que aló atoparán é o de Xosé Moreno Torres, máis coñecido como o comandante Moreno, e os outros dous serían doutros membros do Batallón Galicia aínda por identificar.
Ao igual que os corpos xa exhumados o pasado verán, os restos serán enviados ao Laboratorio de Medicina Forense da Universidade do País Vasco, en Donostia. Aló sométense a un proceso de identificación que en último caso e de ser necesario inclúe unha proba de ADN. A historiadora Carme García Rodeja explicoulle a Vieiros que a asociación ten a seguridade case completa de que un dos corpos encontrados neste foxo hai poucas semanas é o do comandante Moreno. Por outra parte, a profesora García Rodeja destaca a "extraordinaria e emocionante" colaboración que lle prestaron á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica os veciños da Fonsagrada. O verán pasado, cando a ARMH xa contaba con atopar o corpo de Moreno, familiares do comandante que agora viven en México acudiron a seguir as escavacións.
O Batallón Galicia: memoria de loita
En setembro de 1936 creouse e comezou a se adestrar militarmente un grupo antifascista na avanzada galega cara Asturias, o que sería coñecido como Batallón de Milicianos de Galicia. Na unidade alistáronse moitos galegos residentes na raia galega-asturiana ou que conseguiran chegar até alí antes do 18 de xullo de 1936.
O 9 de xaneiro de 1937 uníronse a eles vintetrés destacados militantes libertarios galegos que conseguiran chegar ao porto de Xixón tras saír do das Xubias, na Coruña, nunha lancha pesqueira a motor, á que eles mesmos chamaban "La Libertaria". Entre os fuxidos estaba Emilio Novas Naya, Odilo Masid Masid e Xosé Moreno Torres, quen, uns meses após a chegada á Fonsagrada ía ser nomeado comandante da unidade.
Vaya, vaya, los desenterradores de cadáveres...se ve que sin embargo hay fosas que no tienen tanto interés en desenterrar.
http://www.lavanguardia.es/lv2...
Se ve, de hecho, que esta memoria histÉrica que nos pretenden imponer es más selectiva de lo que pensábamos.
Parabens, Gaviotero. O primeiro comentário, que não insulto em Vieiros.
Muito bem que revindiques o POUM e a memória de Andreu Nin, um guerrilheiro com uma coerência ideológica impecável, que morreu combatendo aos fascistas que tinham por bandeira essa mesma que tu tens no teu avatar, e por ideias as que tu normalmente vens defendendo.
Há que agradecer-te que por uma vez deixes o teu fanatismo de lado e ponhas a mão no lume por um comunista libertário.
Gavioteiro, poderías empezar por desenterrar as túas fosas nasais, se pode ser non co dedo, e se o fas co dedo, alomenos que non sexa en público, non te asustes do que saia por moito que sexa, despois respirarás ben, con ledicia e bon humor e serás un home feliz, co teu Lacoste e o hipopótamo que levas dentro, jejeje
Vai entrenando:
http://es.youtube.com/watch?v=...
Aínda que é loable que o nome e a obra de persoas que faleceron na fratricida guerra civil española sexa salvagardado e reivindicado.
Hai que recordar unha cousa moi importante. Todos ou case todos os que loitaron do bando REPUBLICANO. Foi defendendo unha república democraticamente establecida. Se eses mártires soubesen que hoxe se están removendo os seus ósos baixo a bandeira dunha monarquía.
Eles posiblemente preguntaríanse De que memoria histórica están falando?
Gaviotero, es umha pessoa muito razoabel...Tudo o que dis e dumha clarividencia meridiana e o teu preclaro juizo sobrancea pacifismo, justiza, liberdade e humanidade...Que pouco tolo estas!
La diferencia, gaviotero, es que hay cientos o miles de cadáveres, de personas asesinadas por el Movimiento Nacional-Católico, durante vuestra Gloriosa Cruzada, que no se podían desenterrar, mientras que los asesinados por el otro bando fueron desenterrados hace muchos, muchos años: se les dieron misas (¡cómo no!), monumentos, y aún siguen beatificándolos.
De la diferencia de la represión en ambos bandos, hablamos otro día. Mientras tanto, sigue rebuscando entre las tumbas del POUM. Seguro que tendrás éito, tú y el resto de las gaviotas, dada vuestra naturaleza basurera y carroñera. ¡Ay, qué símbolo tan bien escogido!
Bon, Gaviotero está ao seu mais o resto de comentaristas, ou, canto menos algúns, semallan que se poñen do fígado se se cita o caso de Nin, secuestrado, torturado, asasinado e desaparecido grazas ao antecedente do KXB e ao apoi glorioso e incondicional do Partido Comunista de España (PCE). Ah, se a cousa ficara en Nin pero houbo máis e algúns lograron sobrevivir á política asasina do PCE. Eu coñecín a un: Xosé Iglesias Paz, un galego, da FAI e da CNT.
Doutra banda parace-mo moio mal e moi pouco profesional a redación da noticia pois en nengún momento cita-se á organización á que pertecía o comandante Moreno: a CNT. Así, de vagar, imos facendo unha nova historia, unha historia destinada a ser regurxitada polas señoras de Casino e polos contabeis bancarios, unha historia na que desaparezan os actores, as persoas protagonistas, as organizacións que estaban alí.