Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA E URBANISMO

Romay Beccaría métese promotor inmobiliario

O home forte do PP coruñés promove canda un seu irmán 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos.

Redacción - 14:00 25/03/2008
Romay Beccaría

Romay Beccaría

Aos seus 74 anos e logo dunha vida enteira dedicada á política profesional, Xosé Manuel Romay Beccaría decide probar sorte no mercado inmobiliario. O ex conselleiro, ex ministro e sempiterno barón do PP na provincia da Coruña promove a construción de 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos, onde goberna tamén a formación conservadora. O xornal La Opinión de A Coruña, sinala que o dirixente conservador ten como socio no proxecto a un seu irmán, Xulio Romay Beccaría, un coñecido avogado de Betanzos. As vivendas edificaranse no lugar do Castiñeiro, sobre un terreo de 21 mil metros cadrados de chan urbano non consolidado.

Segundo lembra o xornal coruñés, o equipo redactor do proxecto é Monteoliva Arquitectura, o mesmo que elaborou o polémico PXOM de Aranga, que está a investigar a Fiscalía do TSXG para determinar se houbo algún tipo de irregularidade. Vieiros contactou co concelleiro do BNG en Oza dos Ríos, Víctor Sánchez, que dixo descoñecer o proxecto: "Aprobaríano nunha xunta de goberno, no pleno non se falou nada". Sánchez non está en contra a priori das obras pero subliñou que vai preguntar polo proxecto para comprobar que cumpre coas directrices urbanísticas-


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Sabrexo #1 25/Marzo/2008 Sabrexo

Que aproveiten, cando saia a lei que prepara a Consellaría de Vivenda rematouse a figura do político-promotor que toleran PP e PSOE.

ecoe #2 25/Marzo/2008 ecoe

Xa veremos.

O que pasa que é unha promoción desinteresada e de especial efecto espiritual para orantes. Xa era ben sabido: A OBRA!

Xistral #3 26/Marzo/2008 Xistral

A Obra, a Obra, que longa man ten a Obra. Son chalets para pobres e desvalidos. Son para regalar á xente que non ten medios. Que mal pensados sodes. O enriquecemento persoal está mal visto polo integrismo católico. Véxase tamén o xenro de Aznar, Alejandro Agag, que se fixo rico a partir do soldo que tiña como asistente do seu sogro e reside en Londres. Todos podedes conseguilo da mesma maneira.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: