Na Coruña, máis dun milleiro de veciños saíron á rúa para protestaren polo traslado das familias chabolistas de Penamoa.
Luciando Sobral, o rexedor nacionalista de Poio, sufriu na noite deste martes as violentas protestas de veciños de Monte Porreiro (Pontevedra) e Caritel (Ponte Caldelas) polo realoxamento de familias xitanas. Logo dun pleno ordinario, o máximo mandatario municipal tivo que saír escoltado por dez axentes da Garda Civil e da Policía Local. Varios descoñecidos provocaron graves desperfectos no coche do alcalde.
Mentres, na Coruña tamén proseguen as protestas contra o realoxamento dos chabolistas que viven en Penamoa. Este martes, máis dun milleiro de veciños do Mesoiro, Os Rosais e Eirís percorreron o centro da cidade herculina e cortaron o tráfico en varias rúas.
E logo falan dos xitanos.
Con esta forma de actuar, están a perder a pouca razón que lles quedaba.
Racismo e oportunismo político. Quen dixo que non éramos racistas??
Ninguén é racista mentres non ten ao lado outras culturas e/ou etnias.
Todo o mundo comparte todo o que ten cando non ten nada. O pior é cando ten algo que repartir, despois xa é máis dificil.
eu afrontaría esta noticia dende outro punto de vista. podo estar máis ou menos de acordo co racistas que somos os galegos pero neste caso doeme que se faga demagoxia política con algo tan serio e que provoca división ou cando menos diferenzas importantes.
eu simplemente pediría que os responsables políticos de pontevedra e poio (o caso que máis coñezo) explicaran abertamente para que precisan os terreos do Bao e que presentaran os expedientes policiais dos beneficiarios deste "programa de realoxamento". con isto poderíase demostrar fácilmente si estamos realmente ante un caso de manifesto racismo ou ante unha reacción natural de seguridade cidadá.
Unha reacción natural de seguridade cidadá? Creo que o que fixeron estas plataformas noxentas é destrozar o coche do alcalde de Poio, insultalo e ameazalo ademáis de ameazar aos propisos xitanos con "patrullas cidadás" (tipo Jarrai).
Kale Borroka! A luita continua! Poder popular!
Unha imaxe vale mais ca mil palabras: nas noticias da tv víanse horondos cincuentóns q se ven en todos os mitins de certo PPartido, animando a moitedume a gritar, e nas xanelas carteis con ,,Gitanos No" ,,Gitanos Fuera", pancartas con alusións ao bng e a Quintana...
Agora volveuse contra eles! e láianse de ter ido tan lonxe.
Agora non hai volta atrás, os fascistas son os q rachan sempre o consenso.
Así que protestamos porque a garda civil tome notas dos coches con distintivo GZ pero algún quere que se fagan públicos expedientes policiais de beneficiarios nun programa de realoxamento, vamos mal con tantas varas de medir...
a verdade e q todo isto da moito noxo. eu estou en contra de q boten a xente do bao. levan ali moito tempo polo tanto tenhen os seu dereito a quedar ali. se os concellos actuan en contra da sua vontade empezaran os problemas d verdade. porque para min os problemas q houbo ate agora foron pouca cousa. que vendian droga? alguen fixo algo para q non venderan? pero se todo mundo sabe quen anda detras do mundo das drogas? nin que evitalo fora cousa de forzas especias
que vivian entre lixo e iso molestaba aos vecinhos da "caeyra" e os do SEK? bueno como estaban ali metidinhos e tapados entre eucaliptos deixabanlles facer.
son veciños igual que todos, agora a apandar con eles os do concello e o resto de persoas. e a eses valentes q andan rompendo coches que vaian a facerlle algo a eles.
e o pailan ese de cotobade q di de jarrai, primeiro informate paspan.