A compravenda de vivendas no Estado Español caeu un 27% no último ano. Galiza é unha das comunidades onde se rexistran menos vendas.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou nun informe que a crise inmobiliaria está a acentuarse no Estado Español. Segundo os datos oficiais, a compravenda de vivendas en xaneiro deste ano diminuíu un 27,1% con respecto ao ano 2007. En todo o Estado vendéronse 61.792 inmóbeis. O INE conclúe que os 52,4% das operacións de compravenda tiñan que ver con vivendas usadas mentres que o 47,6% eran novas.
Por cada 100 mil habitantes, Murcia e A Rioxa foron as comunidades cun maior número de transmisións, con 268 e 258 operacións, respectivamente. Mentres, Galiza, con 113 vivendas vendidas por cada 100 mil habitantes, é unha das comunidades con menos movementos inmobiliarios de todo o Estado.
Xa estamos de novo reproducindo a cantinela que nos chega dende Madrid... E logo non podería ser que a venda de pisos está agora axustándose e antes estivera fóra do normal, alimentada por dinámicas inversionistas-especuladoras??
Ninguén se preguntou pola relación entre crecemento poboacional e crecemento da vivenda en Galiza nos últimos 10 anos???
Não hom!
Se a crise é terrível! Já não se especula, queria dizer constrói nadinha. Só há que ir a Minho, ou Barreiros (e isso que tem o planeamento paralisado)....
Pobrinhas imobiliárias... Teremos que dar-lhes desses fundos para catástrofes naturais ou algo similar....
Cantas menos se vendan mellor, xa as baixaran cando anden apretados de cartos.
Para #2 mceleiro:
A prática totalidade das imobiliárias, muitas das quais estám a fechar, som simples intermediárias na compra-venda.
Quem constrói e, portanto, fixa o preço, som as empresas promotoras.
Nom confundamos umha cousa com a outra.
Ai que peniña me dan.
Seguro que non se lles ocorre baixar o prezo para ver se venden máis. Como compraron para investir...
A ver que opina disto Gaviotero, aínda non volveu das súas potentes vacacións de Semana Santa.
Eu tamén quero que baixe a vivenda... máis non quero crise de ningún tipo. Como di Piorno a maior parte dos negocios inmobiliarios que teñen que pechar son de pequenas dimensións e simples intermediarios ou pequenas construtoras. As grandes sempre atopan unha saída, ás máis das veces reducindo persoal e xerando paro de difícil colocación noutros sectores ou ben co apoio da banca, que creceu co ladrillo e agora quere pechalo grifo, fíxate en que hoxe mesmo Fadesa conseguiu refinanciar unha débeda de máis de 300 millóns de euros. Celebrala crise e logo criticar a política de emprego é un paradoxo insoluble. Aínda que non veña o fío da nova recórdame a cando nos tempos da guerra o Iraq os sindicatos (tamén nacionalistas) manifestábanse contra a privatización de Santa Bárbara e pedían máis carga de traballo – estaban a fabricar armamento para o exército americano – ou un plan de viabilidade á empresa compradora – a americana General Dynamics. É o que ten a economía.