Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA

A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ

O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz.

Redacción - 13:15 26/03/2008

Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselles aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).

No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condado e AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha desta organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais.

Cara ao final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creación de bases de datos paralelas é ilegal”


4.8/5 (90 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Organigrama do "MLNG", distribuído pola Garda Civil nos seus cursos de formación (clique para ampliar)
Organigrama do "MLNG", distribuído pola Garda Civil nos seus cursos de formación (clique para ampliar)
Fotos de cidadáns, distribuídas pola Garda Civil baixo o epígrafe "OTROS DE INTERÉS POLICIAL", que segundo o MpDC podería ser constitutivo de delito (cliqu
Fotos de cidadáns, distribuídas pola Garda Civil baixo o epígrafe "OTROS DE INTERÉS POLICIAL", que segundo o MpDC podería ser constitutivo de delito (cliqu