Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Acelérase o desxeo

Así esfarela a Antártida o quecemento global

Científicos británicos e estadounidenses fan públicas espectaculares imaxes que mostran como se desfán grandes placas de xeo.

Redacción - 09:15 27/03/2008



Do suceso deron alerta dous centros especializados na investigación sobre a Antártida, o National Snow and Ice Center (NSIC), nos EUA, e a British Antarctic Survey (BAS). Nas imaxes pode verse como a coñecida como "placa de xeo de Wilkins" perde un bloque de arredor de 569 kilómetros cadrados, segundo as estimacións dos científicos.

Os investigadores atribúenlle ao cambio climático este tipo de movementos. Recordan que a placa xa só está protexida por un feble espazo xeado que une o que podería separarse en dúas illas. A placa de Wilkins esténdese agora mesmo nunha superficie de arredor de 14 mil Km2. O aumento medio de temperaturas na zona foi maior ca noutras partes do mundo e, con este episodio, son xa tres as veces en que a placa racha de xeito importante.


5/5 (2 votos)


Comentarios (5)

Chardella #1 27/Marzo/2008 Chardella

Necesitamos as tranquilizadoras palabras do curmán de Raxoi urxentemente. Que animal o Rexistrador da Propiedade! Hai que vivir en non sei qué mundo para negar algo que aos meus corenta anos estou vivindo cada día comparando cómo eran os invernos cando eu era cativo e como son agora. Segue Raxoi a vivir nese mundo de charuto, copa e prensa deportiva. Temos uns políticos de moita talla.

outrolector #2 28/Marzo/2008 outrolector

Teño 43 tacos, e a mesma percepción que Chardella sobre os invernos de cando era neno e rapaz.

Redacción: Así esfarela *á* Antártida o quecemento global

outrolector #3 28/Marzo/2008 outrolector

Da talla dos políticos teño tanto callo que non percibo ren.

lavesedo #4 28/Marzo/2008 lavesedo

o tema é preocupante, mais tanta insistencia de certos medios e de certas opcións políticas en sacar á luz o quecemento faime pensar en que algo raro hai atrás...quizais defender a enerxía nuclear???

#2 outro lector, a corrección q fas non é correcta, se me permites o xogo de palabras. O q fai mal vieiros, entendo, é alterar a orde lóxica do galego SVO, para VOS, q queda ben en castelán, por exemplo, mais non en galego onde o CD non leva "a" diante, por moito q o recomenden algunhas gramáticas.
Isto é: "O quecemento esfarela a Antartida"

outrolector #5 28/Marzo/2008 outrolector

lavesedo, tes toda a razón; grazas polo teu comentario!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: