Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCLUSIÓNS DA V CONFERENCIA NACIONAL

A FPG móstrase a prol dunha candidatura nacionalista unitaria

A organización independentista quere potenciar os contactos con todas as forzas, mesmo con algunhas das que están integradas no BNG.

Redacción - 19:45 02/04/2008

A Frente Popular Galega celebrou o pasado sábado en Vigo a súa V Conferencia Nacional. Segundo fixeron saber nunha nota pública, un dos debates máis importantes do encontro virou arredor das posíbeis alianzas de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro ano. A maioría da militancia avogou por potenciar os contactos con toda a esquerda nacionalista galega, mesmo con organizacións agora intergradas no BNG. A FPG móstrase en principio favorábel a unha candidatura unitaria de forzas soberanistas.

Os militantes desta organización independetista que cumpre 20 anos, tamén referendaron diferentes campañas para os vindeiros meses. A primeira delas leva por lema “Produción enerxética: Lucro colonial” e pretende denunciar “o ambicioso, lucrativo e indiscriminado proxecto de produción de enerxía eólica promovido pola Xunta”


4.43/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: