A entidade ferrolán non presentou as súas contas diante dos órganos de fiscalización.
A Administración galega decidiu intervir a Confraría de Pescadores de Ferrol. A decisión tomouse este xoves no Consello da Xunta logo de que a entidade non rendise contas diante dos órganos de fiscalización da Xunta dende 2004. Dende a Consellaría de Pesca sinalaron que houbo varios requerimentos á confraría e que hai unha grave falta de liquidez. A Xunta nomeará un xestor externo para que audite as contas nos vindeiros meses.
O patrón maior da confraría, Bernardo Bastida, mostrouse sorprendido pola decisión do Goberno e subliñou que non hai ningún tipo de irregularidade. Bastida considera que detrás da intervención agóchase unha "manobra" para apartalo da confraría.
Sr Bastida: os seus argumentos peregrinos non o convencen nin a vde. mesmo.
-,,Non se entregaron as contas a tempo pq o responsable estaba enfermo"? Durante 3 anos? É q non sabe como máximo responsábel q é vde quen deberia entregalas ou facer pq se entregasen?
-,,É un linchamento"? Pero si vde mesmo o buscou. Se non sabe ser responsábel dunha institución deixe a quen a saiba dirixir.
INCOMPETENTE!