Tamén se prevé que estean activos 38 centros de atención á dependencia e 16 oficinas de I+B.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar celebrou este venres en Compostela a súa asemblea xeral. O vicepresidente Anxo Quintana sinalou que “a finais de 2008 queremos ter en Galiza 38 centros de atención á dependencia, 85 centros de educación infantil e 16 oficinas de igualdade e benestar”. Para isto, aprobouse un orzamento de 49,6 millóns de euros, dos que máis da metade son para investimentos en novos equipamentos de igualdade e benestar. As contas lograron 485 votos a favor, 7 en contra e 5 abstencións.
Quintana asegurou que o Consorcio, creado en xullo de 2006, “é unha realidade máis ampla, sólida e plural, hoxe somos 237 concellos asociados”, pero subliñou que o ente público aspira a acoller os 315 municipios que compoñen o país. O vicepresidente sostén que o Consorcio acabou coas dinámicas políticas de reparto de servizos segundo criterios partidistas. “Hoxe en día o Consorcio é unh espello da pluralidade do país, onde todos teñen cabida, e onde se marca un novo modelo de relación entre Goberno e concellos”.
¡¡¡NO A LAS GRANJAS NACIS!!! ¡¡¡NO A LAS GALESCOLAS PARA ADOCTRINAMIENTOS TOTALITARIOS E IDENTITARIOS!!! ¡¡¡NO A LA DISCRIMINACIÓN!!! ¡¡¡LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!
Discriminación hai agora que eu non podo mandar o meu fillo a unha gardería na que lle falen galego. Liberdade, Liberdade, Liberdade! Non as garderías nazis españolas, onde adoutrinan (manda carallo que os españois, o pobo que mellor falsea a Historia falen) de xeito totalitario e identitario. Despois saen pallasos da especie Larus argentatus.
É un sentimento xeralizado á preocupación do idioma no que aprendan os cativos? É dicir, até o de agora, no meu caso estudaba en galego ou castelán unha asignatura dependendo se o titor falaba galego ou castelán e podía zafar, pois os que tiñan os libros de texto en galego tiñan que dar a asignatura en galego. Por outra banda, se chegaba a profesora de matemáticas que non estudara galego na súa vida e preguntábanos se nos importaba que dera a asignatura en castelán lóxicamente lle dicíamos que non.
Sin ira, libertaz... Xa o dixo Quintana: de onde quere o PP que teñan a identidade os nenos, de Murcia?
Rexión por outra banda onde se producen feitos curiosos, como as detencións de certos alcaldes:
http://www.elconfidencial.com/...
E quen son para falar de adoutrinamentos, os que teñen escolas do Opus, das que sae xente como o ex concelleiro do PP en Palma Rodrigo de Santos?
http://actualidad.terra.es/pro...
As Galescolas são da VOGAL.
Quintana, ladrão.