Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Agricultura e alimentación

"A coexistencia de produtos naturais e transxénicos é imposíbel"

A Plataforma Galega Anti-Transxénicos reclama a declaración do noso país como zona libre destes produtos, e esixe unha etiquetaxe máis estrita para informar ao consumidor.

Redacción - 14:10 07/04/2008

En Galiza xa existen plantacións comerciais de cultivos de organismos modificados xenéticamente (OXM). Ante esta situación, a Plataforma Galega Anti-Transxénicos, formada por diversos colectivos procedentes de ámbitos dende a produción, até o consumo, ademais de outros grupos ecoloxistas, reclama ás administracións a declaración de Galiza como zona libre de transxénicos, para garantir a seguridade e a saúde das persoas, e unha lexislación de etiquetaxe máis estrita para que os consumidores poidan elixir se mercan ou non este tipo de produtos.

Aínda que nun principio se barallaba a idea de que os alimentos transxénicos axudarían a reducir a fame no mundo, a día de hoxe esta posibilidade esvaeceuse case por completo debido aos intereses das grandes multinacionais que xa comezan a facer negocio cos beneficios que lles ofrecen estes produtos. Segundo Charo Sánchez, do Sindicato Labrego Galego (SLG), "os transxénicos só representan os intereses económicos das grandes empresas internacionais, sen ter en conta os danos que isto pode facer aos produtores".

O ámbito ecolóxico tamén se ve prexudicado por este tipo de cultivos. "A coexistencia de produtos naturais e transéxicos é imposíbel" segundo indica o secretario executivo de Adega. Fins Eirexas, indica que actualmente só hai unha área de seguridade de 200 metros arredor dos campos de millo transxénicos galegos, pero "o polen que provén destes campos pode chegar moito máis lonxe, contaminando o millo de outras plantacións".

Endurecemento da lexislación de etiquetaxe

Outra das reclamacións da plataforma é o endurecemento da lexislación da etiquetaxe. Actualmente permítese a venda de transxénicos sempre e cando apareza na etiqueta, nun porcentaxe superior ao 0,9 por cento. "Non queremos ser consumidores pasivos", reclama o responsábel de Adega, "queremos que a porcentaxe se reduza ao 0,1 por cento, que é o máximo que consideramos para a contaminación accidental e os cidadáns poidan decidir por si mesmos se consume este tipo de produtos".

Son xa once os anos que se levan falando dos alimentos transxénicos, mais, como se pensaba nun principio, non se reduciron o uso de pesticidas nin herbicidas, feito que incide, segundo Analía Novais, de Amigos da Terra, tanto nos produtos como no propio solo onde se cultivan. Segundo a plataforma estes produtos poden producir efectos nocivos para a saúde, como alerxias, toxicidade ou resistencia ante os antibiótico, polo que é necesario informar á poboación tanto sobre estes riscos, como a porcentaxe que de estes elementos que ten cada alimento.


Documentos

4,72/5 (18 votos)

Comentarios (6)

Chardella #1 7/Abril/2008 Chardella

Recoméndovos o documental: "The future of food". Sabiades que se utilizan virus para alterar o códico xenético das sementes modificadas?

semoncho #2 7/Abril/2008 semoncho

Os vírus som hoje em dia umha ferramenta mais da humanidade. Da mesma maneira que os cuitelos pode usar-se para assassinar, mas sem eles a nossa vida seria miserável, os vírus também poder ser usados para o nosso proveito.

Quanto aos transgénicos há muito alarmismo. Umha cousa som os problemas derivados da "patentizaçom" dos alimentos, que sim é grave, e outra os perigos dos alimentos trangénicos per se, que está muito exagerada.

Recomendo os dous post seguintes, onde se vem os problemas e os nom problemas dos transgénicos:

http://5dias.net/2008/03/24/tr...
http://5dias.net/2008/03/25/tr...

Abe #3 8/Abril/2008 Abe

Unhas cousiñas:

1)Que teñamos ou non transexenicos e a súa comercialización son unha cuestión política. Neste caso as moratorias Europeas sobre o caso son medidas proteccionistas dunhas empresas europeas (sobre todo alemanas, dinamarquesas e holandesas)con anos de desventaxe respecto aos ianquis.Cando as moratorias non interesesen a nivel empresarial nun negocio de 6000 millóns de euros anuais os transxénicos terán via libre.
2)A perigosidade de calqueira transxénico nunca se demostrou cientificamente. Houbo intentos coma no caso aquel no que daban de comer patacas transxenicas a ratos e istes poñianse maliños. Claro que comendo somentes patacas...
3)O fluxo xénico nos cultivos sempre é dende a poboación silvestre á transxénica. Os caracteres impresos nos transxénicos que nos poden favorecer son pouco eficientes en condicións naturais para a propria sobrevivencia da planta.
4)O ser humano leva modificando ós cultivos dende que é agricultor. Un holandes que coñezo sempre comeza as súas clases de botánica dicindo que o tomate e a pataca eran en orixe a mesma especie, a tomateira é un caso extremo dunha especie totalmente "creada" polo home sen existencia en condicións naturais.
5)Podemos obter variedades mais productivas por metodos de mellora clasica, o cal é máis longo e custoso pero non por iso máis seguro para o consumidor nen moito menos. O caso prototipo é o incremento de fitotóxicos en cruces con variedades silvestres.

Poderia seguir, e sinto o discursiño, pero a realidade e que non existe nengunha proba cientificamente demostrable en contra dos transxénicos. Outra cousa son os problemas económicos, políticos e sociais derivados deles. Se un se quere opoñer aos transxénicos que o faga dende eses ambitos pero non facendo acopio de pseudociencia ou artigos pouco serios, na miña opinión non é moi recomendable para unha posición seria nun ambito tan complexo.

edreira #4 8/Abril/2008 edreira

Eu penso que non é unha cuestión política, senón de saúde e moito mais tendo en conta que a Corporación Monsanto controla a fabricación do 90% dos transxénicos no mundo.
¿Quen é a Corporación Monsanto?. Pois e unha empresa moi ecolóxica e que fabricou entre outras cousas:
- O Axente Laranxa que se utilizou en Vietnam.
- O Aspartamo (Nutraswett)
- A Somatotropina, BST, hormona transxénica, utilizase para o crecemento das vacas, prohibida na UE, Canada, Australia e Nova Zelandia, pasa o leite e ademais è canceríxeno.
- O Roundup, que a súa filial francesa vendía como "biodegradábel", polo que foi levado a xustiza e perdeu o preito. Demostrouse que a concentracións superiores o 1% é malo para a saúde, mutacións xenéticas, cancro e mais cousiñas. Quen queira saber o que é pode votarlle unha ollada o Plan Colombia.

Que nos Estados Unidos todo é o revés que no resto do mundo, so basta con botarlle unha ollada as relacións entre a FDA (Food and Drugs Agency) e Monsanto.

O que non se pode facer e darlle entrada en Galiza a xente de moi dubidosos principios e a un Oligopolio dos transxénicos no mundo.

Calquera que teña dubidas destes santiños pode votar unha ollada en http://www.greenpeace.org/mexi...

Saúde versus negocio, é sinxelo.

botanico #5 8/Abril/2008 botanico

Falando de pseudociência, recomendo a leitura dumha discussom ocorrida na revista Science ao redor do cultivo de milho transgênico em México (o lugar de domesticaçom do milho a partir do parente silvestre há mais de 6000 anos).

Transgenic Crops: A Cautionary Tale
Ronald Nigh, Charles Benbrook, Stephen Brush, Luis Garcia-Barrios, Rafael Ortega-Paczka, Hugo R. Perales;, Shahal Abbo, and Baruch Rubin (17 March 2000)
Science 287 (5460), 1927b.

Esta série de científicos (som investigadores e nom membros de ONGs ou outras) dos EUA, México ou Israel sinalam os impactos do fluxo génico desde os cultivos transgénicos cara plantas silvestres.
En contra do que conta Abe, aportam-se dados que indicam que a maior parte do fluxo de pólem dá-se desde as plantas cultivadas cara os parentes silvestres, e que no caso de espécies cultivadas no mediterráneo (como a cebada) téñense detectado varios episodios de aportaçom das plantas de cultivo às cebadas silvestres.
Podo concordar que em condiçons normais os genes Bt (que lhe permitem à planta a produçom de toxinas contra insectos) ou os genes de resistência ao herbicida glifosato nom som vantaxosos para umha erva silvestre.
Mas, quê ocorre nos sistemas agrícolas obtidos depois da "Revoluçom verde"? Arestora os campos som grandes fábricas onde se força a produçom das plantas empregando adubos sintéticos e também herbicidas que limitem o crescimento das plantas ventureiras.
Neste contorno agrícola intoxicado pola agroindústria, umha erva ventureira que receba por parte dum parente um "agasalho" como a resistência ao herbicida terá muito éxito!!!!

Por outra banda, e sobre todo nos países empobrecidos, a mesma agroindustria que fomenta transgênicos na Galiza, quere introduzir umha nova volta de rosca, que é a tecnologia "terminator". De jeito simples, esta tecnologia fai que incluso plantas nom transgénicas que recebam o pólem dumha destas transformadas vam gerar sementes estériles. Ou seja, que os seres humanos que levam modificando e seleccionando plantas desde que som agricultores vam-se topar um ano no que as sementes que guardárom para plantar o ano seguinte som estériles, com o que a única soluçom vai ser mercar sementes a essa grande agroindústria.
Penso que ter ou nom ter transgênicos nom é umha questom política, é umha questom ambiental, é umha questom social e sobre todo é umha questom ética (tanto humanista coma ecocentrista).

Minhogalego #6 9/Abril/2008 Minhogalego

Escrever galego na norma internacional é salvar a nossa língua. Porquê?

1- A Galiza era uma Nação desde extremo norte da actual Galiza para sul até ao rio Tejo. A língua culta e oficial era o Galego em todo o território sendo estável mais de SETE SÉCULOS até à colonização castelhana.
2- A Galiza estava ocupada pelo reino de Leão.
3- Vários fidalgos galegos tentaram libertar a Galiza sem o conseguir.
4- Até que um grupo de galegos Chefiados pelo galego D. AFONSO HENRIQUES se revoltou contra o reino de Leão e declarou a independência de todas as terras da Galiza a sul do rio Minho com a excepção de São Félix dos Galegos (província de Salamanca) e parte da Extremadura espanhola lindeira a Cáceres. Com a constituição do reino de Portugal os galegos da parte da Extremadura e os de São Félix dos Galegos ficaram isolados até hoje.
5- O reino de Portugal não foi por se tornar independente que mudou os seus habitantes e idioma. Continuaram a falar a sua língua materna o GALEGO. Este galego foi expandido por todo o mundo devido a Portugal dominar durante séculos todo o comércio internacional da costa ocidental e oriental de África, Índia , Ásia até ao Japão.
6- Enquanto o Galego ganhava prestígio internacional através dos portugueses era esmagado na Galiza que entretanto ficou sobre o domínio Castelhano. Foram os “Séculos os Escuros” em que os Castelhanos humilharam os galegos, religiosamente, literalmente e materialmente. Foram séculos de escravidão castelhana. Os piores trabalhos estavam destinados aos nossos pais galegos.
7- Enquanto os galegos do sul que entretanto passaram-se a chamar de portugueses conservaram a nossa língua a sul do rio Minho e nas terras que reconquistaram aos mouros. Pelo contrário a norte do rio Minho ficamos colonizados, privados de evolução linguística, impuseram-nos o analfabetismo como regra . Tornaram o idioma galego enfermo com a mistura de palavras castelhanas.
8- Então o nosso idioma galego embora enfermo sobreviveu heroicamente principalmente nos meios rurais da Galiza mas sem apoio escolar.
9- É por isso que hoje existem várias ortografias na Galiza resultado da falta de escolaridade e da influência negativa do colonizador castelhano.
10- Pelo contrário a sul do rio Minho preservou-se a nossa língua galega original sem as enfermidades castelhanas e foi-se actualizando naturalmente protegida da colonização. Por isso é fundamental que as Figuras Galegas deixem de falar e escrever o politicamente correcto e passem a escrever na norma internacional do galego e não na da RAG que só serve para destruir a cultura galega.

Sou Galego tenho 48 anos e decidi escrever sempre em galego do século XXI. Na norma internacional adoptada por mais de 250 milhões de falantes nativos no Brasil, África, Ásia , Europa e Oceânia . Norma oficial na União Europeia; Mercosul e União Africana. Nós galegos temos uma grande vantagem sobre as línguas minoritárias catalã e basca. Temos o terceiro idioma mais falado no mundo ocidental.
Vamos todos recuperar o tempo perdido nos humilhantes séculos escuros eliminemos a castelhanização da nossa língua escrevendo puro galego na norma internacional actual.
Temos o privilégio dos nossos irmãos galegos do sul terem preservado o nosso idioma e expandido por todos os continentes do mundo.
Se todos começarmos a escrever na normativa internacional não há RAG que resista com NEOCOLONIALISMO.

MinhoGalego

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: