En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo.
En colaboración con Living Tongues, instituto a prol das linguas en perigo, a publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, o Enduring Voices Project, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica.
Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo -algunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos.
O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar.
Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis positivos.
Não morrem. Sofrem "evolución interna". E os seus falantes são demócratas, não a querem impôr a ninguêm.
co divertido que é o chat e podemos discutir libremente e ninguén se anima
case tódolos meios de comunicacion galegos son ANTIGALEGO, curioso é unha doenza que remata co noso futuro
Nom entendo esta matemática. Se o ano tem 52 semanas (creio, mais ou menos), e cada 14 dias morre umha língua, isso quer dizer que cada ano morren 52/2 línguas, que é 26. E se de 2008 a 2010 vam três anos, isso quer dizer que para 2010 morreriam 26 x 3 = 78 línguas.
Claro que se se trata dum erro tipográfico e se queria dizer que é para o ano 2100, cumpre dizer que seriam 26 x 92 = 2392, o que ainda nom chega à metade. Tomando o número redondo de 7000 línguas, nom seria até o ano 2142 que desapareceria a metade delas (pois 3500/2 = 134,61), e nom seria até o ano 2277 (por abril ou maio) que a humanidade ficaria muda.
Alguén sabe cando nos toca a nós? Porque o PP e o PSOE ese día farán unha festa que nin diola
O galego calcula-se que do ano 2200 em diante. Já vês que nem aparece no mapa, nem sequer na zona de "risco baixo". Ou seja, que será dos que desapareçam na última tanda, junto com o inglês.
Bagoas de crocodilo!
Co bilingüismo necesario (:lingua propia máis unha lingua universal común; de uso prevalente a primeira no territorio propio ou polos membros da comunidade lingüística sen territorio e de uso excepcional a segunda entre membros de distintas comunidades lingüísticas) xa non vos habería que botar tantas bagoas de crocodilo!
Gostamos moito do teatro!?