Sospeitan que os supermercados Lidl están a espiar os seus traballadores, impedindo incluso que se chamen polo nome durante o tempo de lecer.
Xa sucedera en Alemaña, e agora as sospeitas achéganse a Galiza. Segundo datos recollidos pola CIG, a cadea de supermercados Lidl podería estar espiando os seus traballadores para despois elaborar informes sobre o seu comportamento. Os empregados desta cadea teñen ademais grandes restricións á hora de traballar, xa que nin durante os descansos poderían chamar aos seus compañeiros polo nome.
As restricións impostas por esta empresa chegan incluso aos aspectos máis privados da vida dos traballadores. A vixilancia constante de corredores e vestiarios, incluso durante os descansos, ou a prohibición de que os empregados con relacións familiares, de parella ou amizade traballen xuntos, supoñen unhas condicións laborais que máis semellan as de un cuartel que as de un lugar de traballo.
Nestes supermercados, segundo indica a CIG, tamén se levan a cabo outras prácticas habituais entre as que se atopan a total submisión por parte dos traballadores aos encargados, a ruptura de calquera lazo de solidariedade entre traballadores ou o encargo a empresas foráneas de informes baseados nas conversas que manteñan cos empregados.
Mira que andan lixeiros estos da CIG, trala denuncia dos supermercado Lidl, van e denuncian eles os mesmos casos na Galicia, pois fai tempo que ocurre esto.
E máis a prohibición de que os empregados con relacións familiares, de parella ou amizade traballen xuntos, non é único e exclusivo de Lidl. Podocho asegurar.
Pero como sempre un se acorda de Santa Barbara cando treboa.
Por exemplo no Corte Inglés, eu sei de responsables de seguridade no Hipercor de Santiago (hai anos) que se adicaban a espiar polas cámaras ás clientas de bo ver; e en Vigo de xente que despediron por ir a tomarse un café xuntos (mozo e moza)na cafetería de enfronte.Ou de investigar entre os veciños dun candidato a un posto para saber da súa vida.Que isto de ser do Opus da moito aquel...nembargantes sorprendeme que no Lidl é dos poucos supermercados onde teño escoitado falar galego entre os empregados