Un científico neocelandés advirte do incremento de prezo ou da desaparición da bebida pola dificultade de cultivar cereal no futuro.
O prezo da cervexa vai subir considerabelmente polo cambio climático, polo menos en Australia e Nova Celandia. Jim Salinger, científico do Instituto Nacional da Auga e da Investigación Atmosférica de Nova Celandia, advertiu esta semana que o quecemento do planeta vai prexudicar os cultivos de cebada e encarecer o cereal, ingrediente básico da cervexa.
Segundo Salinger, iso significará que "ou haberá bares sen cervexa ou o seu prezo subirá". Advertiu que se poden esperar efectos semellantes en todo o mundo, aínda que o seu relatorio se limitou a Oceanía. As súas expectativas son que e 30 anos caia a produción de cervexa, especialmente en zonas de Australia, que terán un clima máis seco.
¡¡¡NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOON!!!
Que non se acabe a cervexa.....polo que máis queiran....
Velaquí tendes outra razón(e penso que unha das máis importantes)para loitar contra o cambio climático.
a clase traballadora non pode permitilo, comezando por hommer e rematando por un servidor.
todas e máis todos temos dereito a unha estrella, e a unha franzisker, e a unha guiness,... aiii, a biodiversadade!!!
A cousa cada vez se está poñendo máis seria pero seguimos mirando para outro lado.
a cervexa é un dos máis grandes praceres deste mundo...e por certo, o paisano ese da foto non ten nin puñeteira idea de servir unha cervexa :)
Unha boa nova , si senhor. Acabouse a inxustiza de que unha cervexa sexa máis barata que un zume de pexego.
Ten razón Breogain. Persoas como as da foto son os que acaban coa cervexa. É todo espuma.
En Galiza, por agora, humidade non nos falta e o cambio climático ben merece mollarse cunhas Estrelas.