ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROSEGUEN AS MOBILIZACIÓNS

Grupos de gandeiros asaltan camións de leite para protestaren pola baixada de prezos

Os produtores baleiraron tres cisternas de Leite Río que estaban aparcadas en Frades, Silleda e Guntín.

Redacción - 13:30 10/04/2008

Grupos organizados de labregos asaltaron na mañá deste xoves camións cisterna de leite aparcados nos municipios de Frades, Guntín e Silleda. Na acción, os produtores envorcaron 50.000 litros de leite como xeito de protestar pola baixada de prezos que están a sufrir.

Os tres vehículos eran propiedade da empresa Leite Río. Segundo as primeiras informacións, os gandeiros, coas caras cubertas, actuaron en grupos de entre 15 e 20 persoas. Nos camións pintaron o adxectivo “ladróns”.

As accións contra a empresa luguesa teñen lugar logo de que comunicase que tiña previsto reducir 10 céntimos por litro de leite nas facturas do mes de marzo.

Os sindicatos anuncian que a tensión vai ir en aumento (14.15 horas)

Os sindicatos aseguran publicamente que non comparten este tipo de protestas pero matizan que a situación desesperadas de moitas familias está a facer que algúns gandeiros tomen a xustiza pola man. Román Santalla, dirixente de Unións Agrarias, aseguroulle a Vieiros que a situación que viven moitas explotacións é dramática: "a xente responde pola súa conta e non podemos facer nada para controlala". Santalla cargou contra Leite Río á que acusou de querer "meterlle a man no peto" aos gandeiros sen haber ningunha razón de mercado". Este sindicalista considera que o caso é aínda máis grave ao tratarse dunha empresa de capital galego. Por iso, demándalle á Consellaría de Medio Rural que presione á firma para que reconsidere a súa decisión.


5/5 (6 votos)


Comentarios (7)

lourentia #1 10/Abril/2008 lourentia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non estou dacordo con que se estraguen camións creo na negociación, mais tamén digo unha cousa: o abuso que as empresas fan de moitos labregos é propio do peor caciquismo. Non se pode xogar coas familias como se foran títeres. O campo xa non cala.

baltar69 #2 10/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a única solución que teñen os gandeiros é comercializar eles directamente o leite e deixarse de caralladas. que entre eles busquen a financiación necesaria e que pechen o círculo: producción, transporte, transformación e venta directa ó cidadán. mentras non o fagan, sempre terán unha espada sobre a cabeza.

XurxoMG #3 11/Abril/2008 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que me parece un escándalo é o silencio dende as instancias políticas galegas. Non me fodan! Antes moito tractor para Lugo e Compotela, e agora? Que pasa? O agro vai a menos e a consolidación da baixada do prezo pon en perigo moitas explotacións mentres o prezo ao consumidor, sube. É de coña! Creo que algo se podería facer politicamente, canto menos mediar, para pór freo a esta situación porque os coñecemos a familias que viven do gando, sabemos que as pasan moi putas. Merecen un respecto, carallo e cando non se lles escoita, o normal é actuar aínda que algúns paparolos seugirán a quedarse co superfluo e non co fondo da historia.

Tino #4 11/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pergunta é? Ten este colectivo o q merece tras apoiar durante anos a un governo q os vendeu e agora se ven as consecuencias?
Cada un q tire as conclusións, pero á vista están.

2707 #5 11/Abril/2008 2707
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu, fillo de gandeiros e participante nunha destas protestas, non as destes dias, pero si nas de hay algúns. fun eu o que derramou leite nalgures para protestar, a morte coa loita.

se me baixan mais o leite serán as empresas as qeu teran qeu poñer policias nas instalacións, porque ir vamos a rompelas, tirar leite. ese é a solución, o qeu nos rouban fodemosllo nos, pagan pouco, arreglan moito, pagan o xusto, non teñen problema

con franco non pasaba iso, él era o mellor, viva franco, viva España e a morte co fascismo nacional español. arriba españa

Afonso_ch #6 11/Abril/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 pois sim senhor Tino, temos o que nos merecemos; mas não só os gandeiros, não
a GALIZA toda tem o que se merece.
Ou é que nas cidades não se vota ao PP?

Que fácil resolvedes os problemas alguns!

Afonso_ch #7 11/Abril/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Decataras-te Tino que o teu argumento, analizado desde uma óptica minimamente progresista, é uma imensa falácia.

Forçando, só um bocadinho, o argumento podemos dizer que os escravos tenhem o que se merecem por não se revoltar contra os seus donos, por não falar de aqueles que eram conformes com a sua escravatura.


Agora se tu me dizes que grupo social se tem mostrado mais combativo na Galiza do que os gandeiros nos últimos 20 anos falamos.

Digo na Galiza e digo em todo o agro europeu.
Os irmandinhos foram pioneiros das lutas rurais do começo da Era Moderna, e os labregos galegos fora-no no final do século XX.

E com tudo, isto não foi suficiente para triunfar em ningum dos dois casos.

Mas A LUTA CONTINUA!
(não para ti que já estas de volta de tudo)


Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: