Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARLAMENTO ESPAÑOL

O BNG pide volver ao Grupo Mixto do Congreso

Os dous deputados do Bloque en Madrid, como xa anunciaron, pasarían a compartir grupo con CC, Na-Bai e UPyD.

Redacción - 16:20 10/04/2008

Como xa anunciara, o BNG solicitou perante a Mesa do Congreso regresar ao grupo mixto, despois de ter favorecido, cos seus dous deputados, que ERC, IU e ICV constituísen grupo de seu. A petición rexistrouse o mércores despois do debate de investidura de Rodríguez Zapatero.

Francisco Jorquera e Olaia Fernández anuncian a súa intención de "formalizar" o abandono do grupo en que se atopan para facer efectiva a súa "integración no Grupo Mixto". O Bloque xa advertira que a súa presenza no grupo de ERC-IU-ICV se debeu a unha cuestión técnica, e non de afinidade ideolóxica.

En canto a Mesa do Congreso admita e acepte a petición, o BNG regresaría ao Grupo Mixto, que compartirá cos deputados de Coalición Canaria, Nafarroa Bai e Unión, Progreso y Democracia.


4,33/5 (6 votos)

Comentarios (3)

xermolo #1 11/Abril/2008 xermolo

e tem afinidade ideológica com UPD?
agora o entendo tudo......

Pilotinho_gz #2 11/Abril/2008 Pilotinho_gz

Eu tampouco o entendo,por afinidade ideolóxica tería que estar no grupo de EU-ERC,aínda que o Bloque non é completamente de esquerdas,tamén ten centro dentro del e parece que cada vez máis, por desgraza.Eu entendo como estratexia para non perder capacidade de falar e participar nas comisións,etc.Quen non ten grupo propio ten moi difícil estar nas comisións pois ten que compartir tempo e repartirse os papeis co resto dos partidos do grupo mixto.E claro,non é igual compartilo con EU ou ERC que ten o mesmo número de deputados que con Coalición Canaria(2),Nafarroa Bai(1)ou UPD(1) aínda que non comparta ideoloxía.Supoño...

ranciadas #3 11/Abril/2008 ranciadas

Fixo ben, é unha estratexia para desconxestionar o Grupo Mixto. Eu non quero estar con IU e ERC (que por certo ten 3, non 2). E pasar ao Grupo Mixto, que polo menos con NaBai e CC non terá problemas, a fascista de UPD xa é outro cantar, pero que se maree soa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: