Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR

Esquerda Unida comeza unha ofensiva para reducir o límite electoral ao 3%

Unha vez que a Mesa do Parlamento comprobe a proposta, EU disporá de catro meses para acadar 15 mil sinaturas que permitan que se debata no pleno a redución dende o 5%.

Redacción - 19:25 10/04/2008

En 1992 Manuel Fraga modificou a Lei Electoral galega de 1985, elevando o límite provincial mínimo para acadar representación dende o 3% ao 5%. Naquel momento a decisión interpretouse como unha manobra para eliminar definitivamente aos partidos de centro dereita que competían polo mesmo espazo electoral, como Coalición Galega, e para evitar as tentacións de crear novos partidos nese lugar. Tanto o PSdeG coma o BNG criticaron en 1992 a reforma da barreira electoral. Hoxendía Galiza é a única Comunidade Autónoma que mantén un límite tan alto, xunto coa Comunidade Valenciana.

Esquerda Unida quere reducir esa barreira e deixala novamente no tres por cento, e este xoves deu o primeiro paso: rexistrou no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular na que solicita a reforma da Lei Electoral. A Mesa da Cámara dispón agora de 30 días para comprobar que se presentou correctamente toda a documentación e, unha vez acadado o visto e prace, a formación de esquerdas disporía de catro meses para acadar as quince mil sinaturas que lle permitan que a proposta se debata no pleno do Parlamento.

Alí necesitará o apoio dos partidos que na actualidade contan cos representación. Carlos Aymerich, voceiro parlamentario do BNG, preguntado pola proposta de Esquerda Unida, retrucou: "pero creo que EU tivo nas últimas autonómicas ao redor do un por cento dos votos". En calquera caso, Aymerich manifestou que os nacionalistas son partidarios de calquera reforma que mellore a proporcionalidade. Con todo, afirma que o límite electoral non é o único problema da lei electoral, e que a súa reforma haberá que enmarcala nun debate máis amplo que inclúa a reforma do voto emigrante e a eliminación das circunscricións provinciais.

As opcións de Esquerda Unida de acadar representación
Despois de presentar a súa iniciativa, a coordinadora nacional de EU, Iolanda Díaz, amosouse convencida de que se se baixa a barreira a coalición de esquerdas acadaría representación nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Puxo o exemplo de Euskadi, onde Ezker Batua tiña o 0,7 por cento dos votos antes de se realizase a reforma. E unha vez que se situou o mínimo no tres por cento, experimentou un crecemento que o levou a formar parte do goberno. Neste senso, Iolanda Díaz afirmou que moitos votantes optarían por Esquerda Unida se percibisen que ten máis posibilidade de obter representación.

Iolanda Díaz apelou directamente a PSdeG e BNG, e botoulles en cara que non avanzasen nada no obxectivo de mellorar a adecuación entre electores e deputados.


5/5 (13 votos)


Comentarios (33)

manhoca #1 10/Abril/2008 manhoca

Vai ser que agora os problemas destes son por culpa do Parlamento galego.Animo e xuntadevos cos de FPG e NOS a aqui estan os Pimpinela gelecozs!!!

ulo #2 10/Abril/2008 ulo

Manhoca, sectario... Moito criticar a Fraga cando impuxo o limite e agora que ven ben para non ter competencia, insultase. Vaia vaia. Fraquintana. Lembro que o BNG foi minoria incluso hoxe, que non deixa de ser unha minoria só que con responsabilidades de goberno, mais cuidado... donde as dan, as toman.
E a EU IU, porque o 3%, e porque non o 0%, porque ten que haber limite.

GALICIEN #3 10/Abril/2008 GALICIEN

O problema de Izquierda Unida en Galiza é que é espanholista e pra iso os galegos , xa temos ao PSOE e ao PP.

lenin #4 10/Abril/2008 lenin

jajaja. EB subiu tanto en Euskadi porque moitos exvotantes de EH votáronos por non votar PNV. Cando se volva a legalizar EH adeus EB. Os que poden sair beneficiados son os de Terra Galega ou similares.

fillotolo #5 10/Abril/2008 fillotolo

Son militante e votante do BNG e penso que sería positivo rebaixar o mínimo para que houbese máis posibilidade de que poidan surxir novas alternativas algo que será bo para a oferta democrática dos cidadáns e tamén para que os partidos afincados no poder se poñan as pilas máis.

dumiense #6 10/Abril/2008 dumiense

Claro, e seguro que IU quere subir o mínimo para as Xerais non?

Longchamp #7 10/Abril/2008 Longchamp

Eu son partidario de que o suban ao 10%. Nunca pensei que Yolanda acabaría a traballar para Terra Galega.

GALICIEN #8 11/Abril/2008 GALICIEN

YOLANDA traballou pra TERRA GALEGA? NON ENTENDO NADA.
LONGCHAMP podes ACLARARMO. MUITO OBRIGADO.

Longchamp #9 11/Abril/2008 Longchamp

Aclaro. Dubido moito que aínda baixando ao 3%, IU acade representación no Hórreo. Mais ese 3% pode ser de moita importancia para Terra Galega na Coruña.

Tarelo #10 11/Abril/2008 Tarelo

Eu quero criticar que a Esquerda Unida só lle preocupe a representación parlamentaria e que só se preocupe deste tema cando está afundido no pozo. Iolanda Díaz ten moitas lexítimas aspiracións de facerse cun sillón no horreo. Critico que Esquerda Unida e Izquierda Unida nesta inicitiva coma noutras, vaia en solitario e non involucre a outras organizacións sociais, veciñais e políticas. O problema non é só de IU.

Por outra banda aproveito para reiterar que en Esquerda Unida-Izquierda Unida non existe democrácia interna. A executiva actual de Redondela, debería demitir.

GALICIEN #11 11/Abril/2008 GALICIEN

OK, MUITO OBRIGADO, é POSÍBEL O QUE DIS PERO ESPERO QUE NON , PORQUE TERRA GALEGA é A VERSION LIGHT DO PP. POUCO APORTA A GALIZA.

Tarelo #12 11/Abril/2008 Tarelo

Eu estou a favor de baixar a porcentaxe, o 3% ou o 2%, mesmamente, benefie a quen benficie, é democrático, e considero máis importante que haxa máis pluralidade a que só se escoite a voz de tres forzas políticas, ainda que esto supoña a entrada de Terra Galega. Creo que ainda que sexan as forzas maioritarias as que gobernen, non se debe acalar ás minorías. tan pouco considero ético non apoiar este inicitiva por temor á competencia. Por encima das forzas políticas debe estar a democrácia, a participación plural dos cidadáns e dos seus representantes ainda que se trate de minorías. Ainda asínon vou asinar esta inicitiva polas formas, pois reiterome que non me parce ven que IU o plantexe en solitario.

ranciadas #13 11/Abril/2008 ranciadas

Por min, a Izquierda Españolista Afundida que desapareza do mapa xa. Acordábanse eles de reformar a lei electoral cando quitaban 21 deputados en Madrid? Resposta: Non. E agora que a que vén isto dun grupúsculo que non chega a 1%, senón é o que teñen en Ferrol coa Iolandiña, a través do conflito Reganosa. Fraga fixo unha lei coidando botar fóra ao nacionalismo galego e o único que conseguiu foi xuntalo practicamente todo e de aí ter bos resultados. Que pelexen os de IU como o fixemos os demais e senón que deixen de tocar o ca*****.

COUTOVEN #14 11/Abril/2008 COUTOVEN

É que existe un partido político chamado Esquerda Unida? Hai que velo con microscopio óptico ou electrónico?

luimipi #15 11/Abril/2008 luimipi

Ranciadas..."bos resultados"?...

Os que votaban partidos nacionalistas de dereitas, votan a maioría PP...

Iso é mellorar?.

Na galiza fai falla un partido nacionalista de dereitas...

Os galegos, a maioría, somos galeguistas...e con dous partidos nacionalistas no hórreo estaríamos mellor reprentados, e veríase mellor que os q votan hoxe PP, non votan "toda" esa ideoloxía...senon que votan máis incluso valores relixiosos antes que os nacionais que tamén pensan...(o de relixiosos é un exemplo).

Saúdos.

luimipi #16 11/Abril/2008 luimipi

Ah, e sobre o 3%...canto máis baixo sexa, mellor...e hai que reforma-la lei eletoral, sen mirar a quen beneficia, soamente mirando que reflexe BEN a vontade da xente...

Non pode ser que no Congreso PP e PSOE sexan o 92% dos escanos, co 85% dos votos, ou algo así...
os único beneficiados do sistema eletoral actual son PP, PSOE e PNV...
o resto, ou perden (o BNG tería un máis), ou están =.

Atlantico #17 11/Abril/2008 Atlantico

Xa estou vendo o panorama, o PP fáltalle un escano para obter maioria absoluta no Parlamento e reformamos a lei electoral para que exista algún diputadiño de EU o Terra Galega que sexa fácilmente mercable...

Postos a reformar que reformen a lei d´Hont, que beneficia os grandes.

Xistral #18 11/Abril/2008 Xistral

O problema non é o 5% ou o 3%; a ningunha cifra deles chega IU nas autonómicas. E nas municipais de Ferrol evidentemente os resultados que acadou foi xogando basante cocho.
Creo que é bastante máis importante que os votos valeran todos iguais e o primeiro que hai que facer para iso é eliminar a lei d'Hont algo polo que non van pasar PP e PSOE e que IU tampouco aceptaría hai 20 anos sen ir máis lonxe. Porque hai 20 anos eran uns dos beneficiados, pero fixéronlle o xogo ao PP cando a época de Anguita e machacaron no PSOE todo o que quixeron porque pensaron que ían sacar rédito político (este rédito foi ao PP e os seus votantes máis moderados escaparon ao PSOE). Esa é a realidade para IU. O BNG practicamente non ten votos prestados de IU, a maioría dos votos do BNG foron saindo dos que xa tiña, do nacionalismo moderado (se queredes algo de dereitas pero que ten a Galiza como principal preocupación) e da abstención que había en Galiza que era moita. Se vos fixades todos os partidos subiron en votos en Galiza desde os primeiros tempos da autonomía, excepto IU que foi perdendo todo en favor do PSOE fundamentalmente (aínda que non todos evidentemente).
Tamén lles recordo a aqueles que son máis novos (eu tampouco son vello pero iso seino a través doutra xente e das hemerotecas) cal era a actitude do naquel tempo PCE e CC.OO cando no naval en Ferrol comezou a interrumpir o sindicalismo nacionalista:
"agora van falarvos aquí uns rapaces". "Ah, pero se falan en galego...,ja, ja, ja...." Non creo que ningún nacionalista lles deba nada a esta banda de prepotentes no seu momento, cando podían.
E por suposto se hai un diputado (cousa improbable) de IU, vai ter moita máis forza IU con 10.000 votos que o BNG con 320.000 nas autonómicas, porque a chataxe entre IU, PSOE estará servida. Xa se veu en algún concellos na anterior lexislatura. E o que están facendo en Mugardos é para compensalos desde logo. Seguen coa mesma estratexia que na época de Anguita, atacar aos partidos de esquerda, ao sindicalismo nacionalista (CC.OO é o sindicato que máis vende aos traballadores con diferenza, e na administración autonómica cando gobernaba o PP absolutamente vomitivos, asinaban todo e o PP agarrábase a iso como un cravo ardendo). Unhas xoias vamos... Iolanda a parte de ser filla de quen é que demostrou?? Pois que vivir da política está moi ben, é chic e cóbrase moito. O soldo de Iolanda en Ferrol é de esquerdas???

manhoca #19 11/Abril/2008 manhoca

os problemas de EU teran que resolvelos eles e elas,ou vai ser que agora os coitadiños cando estan apiques de desaparecer as culpas do seu fracaso temolas os demais,manda carallo!!!

foradexogo #20 11/Abril/2008 foradexogo

Paréceme unha proposta positiva, democratizadora, favorábel ao pluralismo e oportuna.
Non entendo que se ataque a quen a propón, mediante iniciativa popular, por non sei que pecados pasados, presentes e futuros. Se fose outro partido sería máis lexítimo? Habería outros argumentos? Afinal o que importa é se o Parlamento galego vai volver a ser fiel á pluralidade existente na sociedade ou se as regras de xogo político van seguir favorecendo unha determinada tradución institucional dos votos, que entendo é sesgada e inxusta, por moi tripartita que sexa.

Coa reforma do 3%, moitas expresións políticas e ideolóxicas presentes na sociedade, como IU, si, mais tamén como o independentismo, a dereita soidissant galeguista, etc. poden aspirar a obter representación e iso ha enriquecer o debate.

ranciadas #21 11/Abril/2008 ranciadas

Xistral moi ben falado, é o que penso eu. luimipi considerar que non son bos resultados ir pasando de 1 a 5 a 13 (momento en que Fraga modificou a Lei Electoral) a 18 (case 19 senón fose un que se levou a emigración) e logo xa 17 e 13. Estou de acordo en que tiña que haber un partido nacionalista de centro tipo CiU, pero Terra Galega non representa ese espazo como se ve na súa práctica política nos concellos onde está. Se o PP se achegase á maioría en Galiza, TEGA daríalle o apoio seguro, e para iso non os quero. Terían que delimitar ben os seus lindeiros electorais e pensas que apoiarían en cousas ao BNG relativas a Galiza? Eu teño moitas dúbidas, porque nas municipais foron contra o BNG todo o que quixeron e contra o PP nada.

dumiense #22 11/Abril/2008 dumiense

Se sae TEGA e ten representación pois que teña... igual así a Esquerda soberanista galega que se está a fusionar tamén pode entrar, e se entra EU tamén mellor. Fóra tanto PP e PSOE, queremos pluralidade, que os políticos se maten para chegar a acordos.

Celso #23 11/Abril/2008 Celso

Não deveria haver nem 5% nem 3% nem 1% de limite na representação. Se uma formação obtém o 0,5% do voto e o órgão de representação dá para tanta gente (200 membros eleitos), então "representa" 0,5% do voto a listas e ponto: deve estar presente no órgão de representação. O que acontece é que os órgãos de representação não chegam a tantos membros. Mesmo se a circunscrição para as eleições autonómicas fosse toda "Galicia", com 75 membros no parlamento nenhuma lista com menos de 1,33% dos votos (100% / 75) poderia estar representada. Mas isto dos limites é uma questão de princípios democráticos, não de contingências.

Na distorção da representação democrática há vários factores, polo menos os seguintes: 1) limites arbitrários do 5% ou 3%; 2) distribuição dos escanos por população, não por eleitores; 3) número fixo de representantes (p.ex. 75), e portanto "reparto" dos escanos por circunscrições em função da população (algumas perdem escanos quando não perderam população); 4) número mínimo de escanos assignado a uma circunscrição, tenha a população que tiver; 5) o próprio âmbito da circunscrição (província); 6) a Lei D'Hont, com o seu reparto dos "restos"; 7) a proibição de voto para os residentes; 8) a idade mínima de voto; 9) as listas fechadas sem possibilidade de preferência polos votantes; etc.

Em resumo: o realmente "democrático" seria: a tal número de eleitores do censo (não de votantes), estritamente tal número de escanos assignados; a tal percentagem de votos, estritamente tal percentagem de escanos (talvez incluindo deixar "escanos em branco", isso seria interessante). Assim cada voto valeria igual para o órgão de representação pertinente.

luimipi #24 11/Abril/2008 luimipi

eu non falei de TEGA pra nada...
ademáis, tamén está o PG...inda que é outro "caso"...

Eu falo da necesidade dun CiU...pero o vexo moi compricado...o PP e o BNG farán todo o que poidan pra evitar iso, pois compartirían alguns votantes...

Afonso_ch #25 11/Abril/2008 Afonso_ch

Concordo plenamente co Celso.

Isso é o que seria um sistema (case) plenamente democrático.

Só um apontamento, a lei D'Hont é simplesmente um sistema para asignar os escanos as diversas candidaturas, tendo efeitos proporcionais em circunscripções de mais de 6-7 escanos.
Evidentemente que o problema não esta na lei em sim, mas na sua aplicação em circunscripções moi pequenas.
E é que o "pobre" Vitor D'Hont foi muitas vezes culpabilizado de algo que estrictamente não era responsabilidade sua, (exemplo disto é Xistral em #18).

Longchamp #26 12/Abril/2008 Longchamp

Listas abertas, sistema proporcional, circunscripción electoral única e logo, se queredes, 3%. E que EU non vos tome o pelo.

PedraCorado #27 13/Abril/2008 PedraCorado

Que idioma é o Galego?

Eis os factos:
1- A Galiza era constituída pelos territórios da actual Galiza e Portugal (do rio Minho até ao rio Tejo) no momento em que os galegos do sul do rio Minho se tornaram independentes do reino de Leão que na época ocupava a Galiza. Nessa época o idioma galego tinha 7 (sete) séculos de vida comum como língua oficial e culta escrita e falada pela população da actual Galiza e Portugal.
2- Pertencia ainda à Galiza municípios falantes do galego das Astúrias, Leão, Zamora, São Félix dos Galegos (província de Salamanca) e alguns municípios da Estremadura espanhola cerca de Cáceres que foram ocupados e colonizados pelo castelhano com a própria Galiza.
3- Depois de conseguir a independência das terras entre os rios Minho e Tejo do Reino de Leão o cidadão galego e 1º Rei de Portugal D. Afonso Henriques reconquistou para o mundo cristão as terras a sul do rio Tejo fazendo o Portugal de hoje. Depois da reconquista estas terras foram povoadas com população do norte e sul do rio Minho.
4- O novo Reino de Portugal do rio Minho ao Algarve depois da independência manteve a população original galega e o seu idioma nunca foi trocado.
5- A norte do rio Minho pelo contrário o território da actual Galiza foi entretanto ocupado e colonizado pelos castelhanos. O idioma galego foi oprimido e substituído pelo do colonizador castelhano. Na Galiza colonizada o idioma galego ficou sem escolaridade e reduzido praticamente ao mundo rural. A sua escrita foi-se descaractizando pela falta de escolaridade. Escrita de ouvido sem apoio científico e oprimido pelo poder colonizador.
6- Devido à projecção que Portugal teve no mundo em especial nos séculos XV, XVI e XVII em que dominaram o comércio mundial expandindo a língua da Europa até ao Japão ( usada no comércio na África, Golfo Pérsico,Índia, China, Malásia, Indonésia, extremo oriente em geral sem olvidar o Brasil, América Central e Canadá Atlântico) contrastando com a colonização e desvalorização da Galiza, o galego internacionalmente começou a ser conhecido por português.

Pergunto:
Que língua falam e escrevem os portugueses?
Onde se escreve e fala galego puro sem influência da colonização castelhana?
O que temos de fazer para recuperar a nossa língua vernácula e cultura?

Nota: Nem todos os povos tem a sorte de depois de serem vítimas de colonização linguística terem a sua língua conservada num país irmão ao lado e ser o 3º idioma do mundo ocidental. A norma escrita do puro galego é a única que pode projectar a Galiza no mundo. É por isso que o neocolionalismo da Real Academia Galega, aproveitando as enfermidades da colonização linguistica, quer inventar o portunhol para nos dividir e enfraquecer.

Pedra Corado

Minhogalego #28 13/Abril/2008 Minhogalego

O que ganha e o que perde Espanha e Galiza com a Independência da Galiza.

Galiza ganha:
1- Projecção internacional. Muita força em política externa pela aliança natural com os países irmãos da fala (Brasil, Angola, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau, Guiné Equatorial, Moçambique, Portugal, Timor e Região Autónoma de Macau na China). São mais de 250 milhões de falantes nativos. Galiza independente não é uma Nação sozinha no mundo. Boas relações com a NATO/OTAN e outras importantes organizações internacionais.
2- Posição importante dentro da União Europeia, país naturalmente aliado de Portugal.
3- Uma porta aberta na União Europeia para os negócios de muitos galegos espalhados pelo mundo.
4- Grande desenvolvimento comercial com todo o mundo, beneficiando da globalização. Irá melhorar muito o nível de vida dos galegos em geral.

Galiza Perde:
1- Nada.

Espanha Ganha:
1- Um parceiro comercial mais poderoso. Aumentando as trocas comerciais.
2- Um aliado nas decisões internacionais.

Espanha Perde:
1- Um território de uma colónia na Europa.

Saudações
Minho Galego

asterix #29 13/Abril/2008 asterix

País de caciques....agora resulta que non se debe modificar a lei electoral..cando o fixo Fraga era unha cacicada...Pois a mesma cacicada é non volver a poñela no seu sitio penso eu,non?? cal e a diferenza???

Caramba, para terlle tanto desprezo a TEGA bastante medo que lle tendes a que saque representación...(porque sodes uns estúpidos monopolizadores do nacionalismo, e vos credes os únicos con dereito a sentirvos galegos)

Non erades vos os que estivestes dando leccións de democracia e honradez cando Fraga gobernaba??? e agora que "mandades" vos que??? máis do mesmo?? ademais de covardes sodes unha banda de hipócritas... Sodes uns patriotas si, patriotas dos vosos petos e dos vosos cochinos intereses particulares...

Se Terra Galega ou Esquerda Unida sacan un 3% dos votos na Coruña e esa porcentaxe dá proporcionalmente para acadar un deputado, deben de entrar no parlamento, porque é o xusto, porque é o democrático e porque sería o que a xente(si, a xente) decidiría co seu voto.

Por certo, hai algúns por aí dicindo(manipulando??) que TEGA no caso de ter que apoiar a alguén apoiaría ao PP, coma se puidesn teletransportase no tempo e andar polo futuro(hai que amolarse con estes visionarios).

Os pactos saídos das municipais do ano pasado non din o mesmo: grazas ao apoio de TEGA, o BNG ten as alcaldías de Zas e Riotorto e o PSOE as de Arteixo, Cedeira,Samos, Láncara, Castro de Rei, As Nogais e a Fonsagrada. Pola contra, nin o PSOE nin o BNG apoiaron a TEGA na consecución de ningunha das súas cinco alcaldías (nin en Narón, nin en Neda, nin en Valdoviño, nin en Meira, nin nos Blancos).

Así que xa sabedes bloquepatriotas, menos dar leccións de democracia(é agora cando se vos ve o plumeiro), menos defender atitudes antidemocráticas e menos bailar cos velliños nas festas Sr. Quintana.

asterix #30 13/Abril/2008 asterix

ahhh..e por certo que me esquecía...o outro día puiden ver o recén estreado blog das Mocidades de Terra Galega...e se os comentarios e artigos alí expostos non son propios dunha formación nacionalista que baixe deus e que me diga que carallo é ser nacionalista galego...

http://www.mocidadestega.org

mceleiro #31 13/Abril/2008 mceleiro

Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades, diz a canção.
Mudam-se os tempos, mudam-se as cores, faz o bloqueiro.

Manda caralho. Velhas revindicações de pluralismo e presença das minorias agora são perigos a evitar.

Quem vos viu e quem vos vé. Beiras volta!, ainda que só seja para exercitar-lhes a memória.

GALICIEN #32 13/Abril/2008 GALICIEN

case tódolos meios de comunicacion galegos son ANTIGALEGO, curioso é unha doenza que remata co noso futuro

GALICIEN #33 13/Abril/2008 GALICIEN

PONTE NO CHAT

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: