Dende o BNG acusan aos alcaldes socialistas e conservadores de defender os promotores e esquencer os cidadáns.
O Parlamento aprobou as normas logo dunha proposta da Consellaría de Vivenda que dirixe Teresa Táboas
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o socialista Carlos Fernández, anunciou este venres un recurso contencioso administativo contra as Normas do Hábitat que elaborou a Consellaría de Vivenda. Fernández subliña que a decisión se tomou porque os municipios consideran que a normativa invade competencias dos consistorios e que nalgúns casos se perde o 15% de edificabilidade nos inmóbeis.
A decisión de acudir aos tribunais tomouse no seo da Fegamp cos votos a favor do PSdeG e do PPdeG e coa oposición do BNG. Dende esta última formación, o secretario de Política Municipal, Roberto Mera, acusou aos alcaldes socialistas e populares de “preocuparse máis polos intereses dos promotores ca da calidade de vida da xente”.
A quen van defender estes alcaldes de PP e PSOE se non? Moitos son promotores eles mesmos.
André Breton, Max Ernst, René Magritte, Salvador Dalí ,....simples afeiçoados. Para SURREALISMO os nossos políticos!!
Imos a ver: o primeiro dicer que eu son de esquerdas, socialista (que non do PSOE), digo máis votante do bloque...e ademáis aparellador.
pero de verdade que esta lei non ten nin pes ni cabeza; explícome:
unha lei así é necesaria, pero:
1º este non é o momento axeitado, o sector da construcción empeza a sufrir unha crise e esta lei suporá entre un 20 e un 30% de encarecemento dos pisos
2º tódolos colexios profesionais recházana(tanto os arquitectos coma os aparelladores)
3º esta lei non foi consensuada nin cos técnicos nin cos concellos nin cos promotores
4º a xunta fixo esta lei apresa e correndo(nin tan sequer contratou facer un estudo económico)
A miña humilde opinión é que deben conxelala e agardar a que o sector se recupere un pouco e cando estea a empezar un ciclo de expansión sacala.
Eu xa sei que na construcción hai moito especulador e ladrón(coñezo o sector bastante mellor que tereixa táboas), pero eses especuladores dan de comer a moita clase traballadora.
Un último a punte: agora din que van a ser flexibles na aplicación da mesma, pero cómo se o cumplimento das normas de habitabilidade é dos concellos?? a pois como sempre: con boas comisións e amiguismos; é dicer, se me pagas permítoche que non cumplas tales puntos da normativa, e si es un veciño co xusto para facer a súa casiña pois nada a cumplir a norma ao 100% e a pagar un 30% máis.
De verdade, Terixa Táboas non está capacitada para seren conselleira de traballo.
Unha aperta, e saúde compañeiros
“eses especuladores dan de comer a moita clase traballadora”
Os especuladores son unha lacra que hai que erradicar, pan para hoxe e fame para maña,
“De verdade, Terixa Táboas non está capacitada para seren conselleira de traballo”
Tareixa como conselleira, supoño que fixo algo mais que este decreto?
Polo demais completamente de acordo contigo “mnawe”
“Sabrexo” ser promotor non é ningunha tara, ti mesmo, se fas unha casa, es legalmente un promotor con todos os beneficios e responsabilidades, que son moitas. ( se es un telmo camuflado mais do primeiro que do segundo e se so fas a casa soñada, parabéns, pero non esta demais ter un seguro ;-)
eu, que móvome no mesmo mundo uqe "mnawe" concordo en alguns puntos e en outros non...
...a Sr.Táboas tivo unha importante carreira como arquitecta no COAG a parte da sua carreira como arquitecta autónoma, antes de chegar a Xunta.
Pra min é das poucas persoas que vexo con ideas e iniciativa nos temas que considero importantes.
Agora ben, iso non a quita de poder meter o zoco...
Eu tamén penso que estaría mellor haber agardado a un momento alcista do mercado...OU HABELA SACADO FAI UNS ANOS...
Pero o caso é que o contido da lei, en xeral, É BO pra os usuarios, MOI BO.
E MOI NECESARIO.
Eu síntoo por algúns promotores particulares, e pequenas promotoras, pq xa sabemos como vai isto...os grandes en moitos casos farán o que queiran, e moitos políticos co cazo...e os que non poden pagar iso...pois a cumprir...é certo, pero sempre foi así, sempre, e ou moito cambia todo, sempre será...iso non quita que a Lei en xeral sexa bo pra os usuarios.
Dende o pto de vista dun Arquitecto, a lei pode ter varias pegas...pq nunca nos gustan as obrigas á hora de deseñar algo...
pero dende o punto de vista do usuario, é bo...pq moitas desas medidas da lei, xa se sabe que se deberían de aplicar dende fai tempo, e so as aplicaban os "bos profesionais" ou os que facian vivendas "de nivel"...
Sobre a postura do COAG de Ourense e...Coruña? (que non todo o COAG)...sempre hai presións...que o que manda sempre é o que paga, na arquitectura e en todo, ata na mediciña.
Un saúdo
Non é preciso, é imprescindibel. Por moi descontentos que se poñan os promotores é unha mellora social básica, dereito a unha vivenda digna, realmente digana.
Os argumentos dos promotores e constructores baséanse nunha andrómena. Disque ao subir os custos de construcción, subirán os prezos das vivendas.
Mentira. Os prezos das vivendas non teñen nada que ver cos custos. Os promotores cobrarán por elas todo o que poidan, independentemente dos custos. Todo o que lles paguen. ¿Ou cando o mesmo piso subía de prezo 5 millóns dun ano para outro era porque subían os custos?
O CarloS (alcalde de Ames) que parecía unha mosca morta, espertou e mostra o que é, un axitador VAZQUISTA, primeiro fodeu o BNG de Ames e agora quereo facer a nivel GALAICO. O BNG ten que reflexionar se é positivo proseguir governardo co PSdG. Por certo onde anda GAVIOTERO, era divertido ler as súas barbaridades.
En ningún outro sector económico sería concibíbel dicir que, perante unha crise, hai que rebaixar a calidade do produto.
1.- PS+PC+L=PF
PS = Preço do solar, com o custo de urbanização incluido e as mais-valias do proprietário que especula com ele. Um constructor para rentabilidade procurará o PS mais baixo possível.
PC = Preço da construção, com projecto e permisos incluidos. É o menos variável, até ser considerado pelo promotor como constante conhecida a priori.
L= Lucro. Mais-valias do promotor cargadas ao comprador.
PF= Preço final
Numa operação pre-burbulha imobiliária, cada factor era aproximadamente o 33% com uma tendência trasvasar o PC ao L devido a avances técnicos. Atualmente o normal é PS 20%, PC 10% e L 70%. O lucro é tão alto que as imobiliárias são verdadeiras entidades financieiras, e a crise é devida a promemas nos fundos de inversão nos que invirtem, por ser capital ainda não disponível (cobrado ao comprador) que produz um endeudamento astronômico.
Podes explicar-me como actua esta normativa na fórmula anterior? Eu sim. Menos apartamentos por edifício, implica menos lucro para o promotor e uma maior qualidade dos mesmos que revirte no comprador.
2.- Queres números de colegiado de arquitectos a favor destas normas ou os nomes?
3.- Tens razão, não está consensuada com os técnicos. É uma regla básica do urbanismo que a secção da rua deve ser igual á altura da edificação que dá a ela. 18 metros (3x6) é adequada para B+5, não para B+? alturas que se estão a fazer em muitas cidades. Segue permitindo "trampas" que permitem definir um quarto como trasteiro e despois o promotor vende como quarto normal, ou o cómputo de superfícies em galerias. Voltando á rua, um passeio de 3 metros não garante o espaço necessário para árvores e o passo das infraestruturas (electricidade, gas, comunicações) segue em total anarquia.
Quanto a opinião de promotores e/ou alcaldes se por eles fora, as nossas praias serião assim:
http://farm1.static.flickr.com...
4.- Esta é um tímido movimento da necessária reestruturação da legislação (vazio, trampa e deixar fazer) existente actualmente. Tanto o PSOE coma o BNG levam no programa uma nova Lei do Solo, e desenvolvimento do planeamento territorial que todas as que hove até agora exigiam. Catalunya vem de apresentar o novo plano para a área metropolitana de Barcelona há escasos dias.
Esta normativa é simplesmente uma tímida e insuficiênte posta ao dia das normas de habitabilidade vigentes.
Esses especuladores não estão a dar de comer a gente, estão a destruir o futuro de muita gente. O urbanismo não é estética, nem problemas de "feismo", são dinámicas económicas. O futuro.
Os que pensais assim (o imediatamente diante dos fozinhos) estais a condenar os vossos filhos ao desemprego. Tu igual comes. Eles não.
Chegar, arrasar, e marchar a outro lado. Mentalidade de alcalde e/ou promotor.
Que levem, que levem, que eu igual apanho o que lhes sobre. Mentalidade de anano.