Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPARTO DE MINISTERIOS

Espinosa, Salgado e Molina recuncan como ministros no executivo de Zapatero

O presidente español nomea por vez primeira unha muller como ministra de Defensa, Carme Chacón, e mantén a conrovertida Magdalena Álvarez en Fomento.

Redacción - 12:10 12/04/2008

O presidente do goberno español decidiu o reparto de carteiras ministerais. Os tres galegos que formaron parte do último executivo estatal seguirán no novo executivo. Elena Espinosa volverá asumir Agricultura e Pesca, pero ve reforzado notabelmente o seu ministerio ao asumir tamén as competencias en Medio Ambiente. Elena Salgado e César Antonio Molina proseguen como ministros de Administracións Públicas e Cultura, respectivamente.

Entre as principais novidades do novo goberno está o nomeamento de Carme Chacón (PSC) como ministra de Defensa, a primeira muller na historia do Estado Español que toma o mando deste departamento. Tamén destaca a saída do ministro de Traballo de Jesús Caldera e a continuidade da controvertida ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. O executivo conta por vez primeira con máis mulleres ca homes. O vindeiro luns tomarán poesión dos seu cargos.

Composición do novo goberno español (datos dos membros do executivo):

-José Luís Rodríguez Zapatero. Presidente.
-María Teresa Fernández de la Vega. Vicepresidenta primeira.
-Pedro Solbes. Vicepresidente segundo de Economía e Facenda.
-Alfredo Pérez Rubalcaba. Ministro de Interior.
-Carme Chacón. Ministra de Defensa.
-Elena Espinosa. Ministra de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente.
-Elena Salgado. Ministra de Administracións Públicas.
-Celestino Corbacho. Ministro de Traballo e Inmigración. (Nova incorporación)
-Bibiana Aído. Ministra de Igualdade. (Nova incorporación)
-Cristina Garmendia. Ministra de Investigación e Desenvolvemento. (Nova incorporación)
-Miguel Sebastián. Ministro de Industria, Turismo e Comercio. (Nova incorporación)
-Mariano Fernández Bermejo. Ministro de Xustiza.
-Bernart Soria. Ministro de Sanidade.
-Miguel Ángel Moratinos. Ministro de Asuntos Exteriores.
-Mercedes Cabrera. Ministra de Educacións, Asuntos Sociais e Familia.
-César Antonio Molina. Ministro de Cultura.
-Magdalena Álvarez. Ministra de Fomento.
-Beatriz Corredor. Ministra de Vivenda. (Nova incorporación)


1,67/5 (6 votos)


Comentarios (52)

GALICIEN #1 12/Abril/2008 GALICIEN

A ministra de defensa é unha nacionalista català. Xa vexo os militares pensando que Espanha se HUNDE.

GALICIEN #2 12/Abril/2008 GALICIEN

Dos ministros orixinarios da GALIZA, ningún é GALEGUISTA NIN NACIONALISTA GALEGO , esa é a diferenza entre o PSC e o PSdG.

GALICIEN #3 12/Abril/2008 GALICIEN

onde està GAVIOTERO?

Sabrexo #4 12/Abril/2008 Sabrexo

Xa podían ser todos os ministros do PSOE de orixe galega, iso non ía ter repercusión ningunha para Galiza.

GALICIEN #5 12/Abril/2008 GALICIEN

Nótase que é sábado, a xente vai de marcha sexta feira e esquécense de vieiros.

ranciadas #6 12/Abril/2008 ranciadas

Estes ministros non son GALEGOS, son españois ou xente colonizada mentalmente, Que ten de galego a Salgado, Molina ou Espinosa? Nada, como se nacesen en Murcia.

GALICIEN #7 12/Abril/2008 GALICIEN

Concordo com vocês, OS GALEGOS GOSTAM DOS SOCIOLISTOS E DOS PPEPEIROS.

GALICIEN #8 12/Abril/2008 GALICIEN

A xente na Galiza non sabe votar , só sabe ir de botellón.

GALICIEN #9 12/Abril/2008 GALICIEN

E comer ata fartarse,

kelsen #10 12/Abril/2008 kelsen

Elenita salgado é de galiza porque de casualidade naceu en Ourense, puido nacer en Burgos, tamén rajoi é moi galego él jejeje. Imaxinades un do psc presentándose nunha lista de cantabria como fixo elenita, ou da rioxa?. Xa que logo, ahí tedes a diferenza entre o psg i o psc

bertus #11 12/Abril/2008 bertus

Antonio Molina non será nacionalista pero ten libros en galego e mentres estivo de Ministro inagurouse unha biblioteca en Compostela, anunciou o proxecto doutra en Vigo e inagurouse un Instituto Cervantes en Damasco co nome do autor de "Si o vello Sinbad volvese ás illas". Mentres tanto, a Consellería de Cultura "nacionalista" promociona fútbol e unha única biblioteca en Gaias.

Sabrexo #12 12/Abril/2008 Sabrexo

A biblioteca esa inaugurouna sen libros, rachando co acordo entre BNG e PSOE de non facer inauguracións en campaña.

As competencias de cultura están transferidas ás comunidades autónomas, o Ministerio de Cultura non ten sentido ningún, xa que só controla algún organismo como o Instituto Cervantes e varios museos, que podían adscribirse perfectamente a Educación. Só serve para alimentar egos como o do señor Molina:

http://www.laopinioncoruna.es/...

GALICIEN #13 12/Abril/2008 GALICIEN

-Paco Vázquez es un gran amigo al que estimo mucho dixo Cesar Molina.
Paco Vàzquez é o contrario do galeguismo.

bertus #14 12/Abril/2008 bertus

Terás razón, Sabrexo, no das inaguracións.
Talvez sería oportuna esa supresión do Ministerio de Cultura, pero o certo é que as biblitecas foron inciativas de Ministerio e non da Consellería.
Interesante entrevista, que pensará seu amigo Vazquez cando di que Galicia "es mi país" ou que nesta lexislatura vai traballar pola unión cultural de Galicia e Portugal? E que pensades vós disto máis do que di do labor de divulgación do galego internacionalmente.

GALICIEN #15 12/Abril/2008 GALICIEN

Cando tinha 15 anos , pensaba que o BNG debía governar co PSOE, pra botar fóra ao PP. Naqueles tempos o PPdG ganhaba por goleada. Agora que o tempo pasou, vexo que o PSOE é pouco de fiar. Cada dous por tres o PSOE tenta ponher o BNG en dificultades, dende a FEGAMP, dende oss concellos de: Vimianzo, dende Corcubión , dende Lugo e un longo etc.

GALICIEN #16 12/Abril/2008 GALICIEN

Bertus, un fillo de galegos non pode estudar galego fÓra da GALIZA, cando dan cursos na ESCUELA ESPANHOLA, EX. Suiza, que hai un lote de galegos.

bertus #17 12/Abril/2008 bertus

Tes razón GALICIEN, o PSOE non é de fiar, quizais cando cumpras máis anos daraste de conta que o BNG non o é sempre.

caxato #18 12/Abril/2008 caxato

O PSOE deixa tres ministros "galegos" porque está pensando nas autonómicas que están aí á volta da esquina, Touriño quere subir, quere comerlle as papas ao BNG e mentras no BNG siguen creando espazos abertos e pechándose na súa incapacidade de medrar.

GALICIEN #19 12/Abril/2008 GALICIEN

Todolos partidos ten defectos, pero o que lle fai o PSOE ao noso idioma é imperdoabel. Cando falaba de cando tinha quince anos , era porque nisa idade tendemos a ser demasiado sonhadores e cos paus da vida no sentido figurado da palabra,acabas por abrir os ollos. Eu son de esquerdas pero son galego e o PSOEGALEGO NIN É DE ESQUERDAS NIN GALEGO.

xoan_pirillan #20 12/Abril/2008 xoan_pirillan

Magdalena Ávarez de ministra!!!!!!!!!!!!!

?????????????

Xa pode a Xunta pedir prestamos para as estradas e os camiños de ferro porque o que vai a recibir o pais por parte de esta señora vai ser o mesmo que os anos anteriores. Cero patatero; ummmmmmm de que me sona esta frase.........xD

bertus #21 12/Abril/2008 bertus

Magdalena Álvarez, esa si que é unha Ministra do gosto do BNG...

Atlantico #22 12/Abril/2008 Atlantico

A Elena Salgado a venden como cantabra en Santander e como galega en Ourense, por vender que vendan o que queiran.

manhoca #23 12/Abril/2008 manhoca

magdalena alvarez mellor seria ministra independetista e do gosto dos "pub-idiotas"...

subela #24 12/Abril/2008 subela

Bermejo e Magdalena Álvarez, vaia dúas decepcións!!! Álvarez é a peor decisión posíbel para Galiza. Onde está Pepe Blanco que non o vexo?

Donicela #25 12/Abril/2008 Donicela

Na páxina oficial da Moncloa http://www.la-moncloa.es/Actua... ] aparecen as dúas ministras "galegas" nacidas en Ourense e o ministro Molina (Como non?) nacido en LA CORUÑA.

bertus #26 12/Abril/2008 bertus

manhoca manhoca
canta podremia levas na boca

bertus #27 12/Abril/2008 bertus

Pero non era Rajoi o que di que os de esquerdas son máis de bar?
Ante a falta de razóns sae o reaccionario acusando ao adversario de pouco amor ao traballo. Tamén o facía Fraga cos do BNG, pero eses eran outros tempos.

Carlinhos #28 13/Abril/2008 Carlinhos

Enquanto aqui discutimos cainitamente os da Frente de Libertaçom Popular cos da Frente Popular de Libertaçom; a Esquerda nacional galega tem um sério problema de visibilidade social noutros foros virtualmente em galego (La Voz, Galiciae, l-v...)nos que nom se está tam à vontade como neste. O certo é que nos divertimos a clarejar quem é o máis patriota, o melhor revolucionário, o mais orto- ou heterodoxo...
Finalmente, as ministras e os ministros nom tenhem pátria; som património da humanidade (espanhola).

bertus #29 13/Abril/2008 bertus

A min non me parece mal que o cainitismo aflore entre os irmaos PSOE e BNG sempre que sexa para que Rafa Cuiña empece a gostar menos do Quintana, pero mentres os foreiros seguidores do BNG se divirten poñendo en cuestión aos ministros galegos do partido irmao do que eles son siareiros, ao tempo que fachendean de visibilidade créndose Goliat ante David o independentista, Magdalena Álvarez está onde está grazas ao BNG.
Doume de conta que igual non fixen ben en facerlle caso á moza pra ir votar...

teixugo #30 13/Abril/2008 teixugo

Salgado galega?
Em tal caso galego, o apelido, pelo demais..., uma bebe alvarinho mais.

E porquê não Madalena Álvarez galega também. Ou ainda melhor, Mariano Rajooy galego também , esse sim que é um grande bebedor de alvarinhO, tanto que até se tem por galego(a outra nem isso). CUÑÑAAAAO.

Escutade, o que pretendem algum dia é escasquetarno-lo como candidato à Junta da Galiza... E dar, por suposto, o seu discurso em castillano e então, então...

Minhogalego #31 13/Abril/2008 Minhogalego

O que ganha e o que perde Espanha e Galiza com a Independência da Galiza.

Galiza ganha:
1- Projecção internacional. Muita força em política externa pela aliança natural com os países irmãos da fala (Brasil, Angola, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau, Guiné Equatorial, Moçambique, Portugal, Timor e Região Autónoma de Macau na China). São mais de 250 milhões de falantes nativos. Galiza independente não é uma Nação sozinha no mundo. Boas relações com a NATO/OTAN e outras importantes organizações internacionais.
2- Posição importante dentro da União Europeia, país naturalmente aliado de Portugal.
3- Uma porta aberta na União Europeia para os negócios de muitos galegos espalhados pelo mundo.
4- Grande desenvolvimento comercial com todo o mundo, beneficiando da globalização. Irá melhorar muito o nível de vida dos galegos em geral.

Galiza Perde:
1- Nada.

Espanha Ganha:
1- Um parceiro comercial mais poderoso. Aumentando as trocas comerciais.
2- Um aliado nas decisões internacionais.

Espanha Perde:
1- Um território de uma colónia na Europa.

Saudações
Minho Galego

PedraCorado #32 13/Abril/2008 PedraCorado

Que idioma é o Galego?

Eis os factos:
1- A Galiza era constituída pelos territórios da actual Galiza e Portugal (do rio Minho até ao rio Tejo) no momento em que os galegos do sul do rio Minho se tornaram independentes do reino de Leão que na época ocupava a Galiza. Nessa época o idioma galego tinha 7 (sete) séculos de vida comum como língua oficial e culta escrita e falada pela população da actual Galiza e Portugal.
2- Pertencia ainda à Galiza municípios falantes do galego das Astúrias, Leão, Zamora, São Félix dos Galegos (província de Salamanca) e alguns municípios da Estremadura espanhola cerca de Cáceres que foram ocupados e colonizados pelo castelhano com a própria Galiza.
3- Depois de conseguir a independência das terras entre os rios Minho e Tejo do Reino de Leão o cidadão galego e 1º Rei de Portugal D. Afonso Henriques reconquistou para o mundo cristão as terras a sul do rio Tejo fazendo o Portugal de hoje. Depois da reconquista estas terras foram povoadas com população do norte e sul do rio Minho.
4- O novo Reino de Portugal do rio Minho ao Algarve depois da independência manteve a população original galega e o seu idioma nunca foi trocado.
5- A norte do rio Minho pelo contrário o território da actual Galiza foi entretanto ocupado e colonizado pelos castelhanos. O idioma galego foi oprimido e substituído pelo do colonizador castelhano. Na Galiza colonizada o idioma galego ficou sem escolaridade e reduzido praticamente ao mundo rural. A sua escrita foi-se descaractizando pela falta de escolaridade. Escrita de ouvido sem apoio científico e oprimido pelo poder colonizador.
6- Devido à projecção que Portugal teve no mundo em especial nos séculos XV, XVI e XVII em que dominaram o comércio mundial expandindo a língua da Europa até ao Japão ( usada no comércio na África, Golfo Pérsico,Índia, China, Malásia, Indonésia, extremo oriente em geral sem olvidar o Brasil, América Central e Canadá Atlântico) contrastando com a colonização e desvalorização da Galiza, o galego internacionalmente começou a ser conhecido por português.

Pergunto:
Que língua falam e escrevem os portugueses?
Onde se escreve e fala galego puro sem influência da colonização castelhana?
O que temos de fazer para recuperar a nossa língua vernácula e cultura?

Nota: Nem todos os povos tem a sorte de depois de serem vítimas de colonização linguística terem a sua língua conservada num país irmão ao lado e ser o 3º idioma do mundo ocidental. A norma escrita do puro galego é a única que pode projectar a Galiza no mundo. É por isso que o neocolionalismo da Real Academia Galega, aproveitando as enfermidades da colonização linguistica, quer inventar o portunhol para nos dividir e enfraquecer.

Pedra Corado

bertus #33 13/Abril/2008 bertus

Si home si, vai ser verdade, os únicos galegos puros, sen mácula, os máis guapos, traballadores e abstemios son os do BNG e os empresarios que van mellorar a industria eólica no noso país. Fóra diso todo vai do Albariño ao licor café.

Sabrexo #34 13/Abril/2008 Sabrexo

Home, a industria eólica non sei os empresarios, pero o decreto que fixo o BNG vai facer que algo de cartos dese recurso natural quede aquí en non vaia para Madrid. E, por exemplo, no tema das Normas do Hábitat, está demostrando ter bastante menos mácula que os alcaldes-promotores de PP e PSOE. Nas autonómicas nos veremos.

bertus #35 13/Abril/2008 bertus

"Alcaldes-promoteres" tamén houbo un moi auténtico en Vigo da UPG. Que raiba ver como taparon a ría e enterraron o Salnés coese centro comercial. A ver que pasa nas autónomicas logo (tornar ao 3 por cento xa non interesa, outra herdaza de Fraga que se acolle moi comadamente).Un voto que tivestes nas xerais teredes que recuperar noutros lares.
A ver se aproveitades esa visibilidade que tanto rédito dá. De todos modos, espero que a autocrítica polo menos se dea de portas pra dentro que un non deixa de ser galego por facela. Pois por aquí o único que se ve é moito peito pra fóra.

Sabrexo #36 13/Abril/2008 Sabrexo

Por alcaldes-promotores refírome precisamente a iso, a alcaldes que son á vez donos de inmobiliarias, e que toleran tanto PP como PSOE. É unha figura legal mais inmoral, algo coñecido pero do que non se fala tanto como se debería, e que vai desaparecer coa Lei de Vivenda á que tamén lle puxeron pegas, como non, PP e PSOE desde a Fegamp. O BNG debe facer agora un esforzo por explicarlle ao electorado que unha cousa é o PSOE en campaña, moi bonito, moi "progresista" e moi "de izquierdas", e outra moi distinta é o PSOE cando ten que decidir sobre leis que pretenden cambiar o que había antes.

bertus #37 13/Abril/2008 bertus

Exacto, e é aí onde ese labor se desenrola neste foro pero non tanto na realidade como se di, polo que ao final non hai tanta diferencia entre o PSOE e o BNG, porque a lei de vivenda apróbase por maioría parlamentaria. Igual que a lei electoral. E está moi ben falar de que hai que suprimir o sistema provincial na reforma da lei electoral e así marcar distancia co PSOE. Pero aquí xa non interesa chegar a un acordo ou negociar coma noutros casos, dise: ou todo ou nada, pra quedar de "progresistas" e que sexa nada.

GALICIEN #38 13/Abril/2008 GALICIEN

co divertido que é o chat e podemos discutir libremente e ninguén se anima

bertus #39 13/Abril/2008 bertus

Ademais reformar dese xeito amplo, como di -e me parece ben- o BNG, a lei electoral, implicaría unha reforma estatutaria, por non dicir tamén constitucional -"a circunscrpción electoral é a provincia",art 68.2- (como a reforma do senado que queren facer) polo que non só habería que ter o apoio do PSOE senón tamén o do PP no estado actual de cousas. En cambio, para unha reducción ao prefraguiano 3% non faría falta tal reforma e bastaría co apoio do PSOE no Hórreo.
Eu xa estou noutro chat, simultáneamente que aquí. Tratarei de entrar outro día.

mceleiro #40 13/Abril/2008 mceleiro

Fica claro que no reino a quem mais a caga, mais o condecoram.

Os três galegos...., hahahahahahahahahahahaha, Vieiros, sois "a caña d'espaÑa!

Bom, há que reconhecer a labor da Espi-Nossa com o sector lácteo e a redução da produção de carne. Quanto a pesca duas palavras: Im Prezionante!

Helena Salado fiz impressionante melhora dos caminhos de ferro. Nem transiveriano nem ostias. Para aventura o Estrella-Galicia (não sei se o nome vá com segundas), mas é uma verdadeira aventura A Crunha-Barcelona em 16 horas, se não há avaria, num vagão cochambroso, com aseios que não funcionam, a preços astronômicos e sem garantia de ter bilhete se o reservas em datas de muita demanda.

Bom, mas inagurou uma "autoestrada" feita com dinheiros públicos com a tradicional concessão a varias décadas aos amiguinhos que cobrarão a portagem.

10 km de merda para unir Verim com Chaves e nem isso dá o seu ministério, financiará-se com fundos da UE graças ao bloque.

O do Cervantes, poderia chamar-se ministro de cinismo. Um vazquista expandindo "el gallego" por el mundo. Hahahaha. Como Paco. Quem também sembre inagurou as bibliotecas d'A Crunha sem livros e em precampanha.


Galegos de ministros, NUNCA MAIS! Também o foram Fraga, Abel Cabalhero,....

mceleiro #41 13/Abril/2008 mceleiro

Ah, sabrexo, não só controla o Cervantes e quatro museus, controla os subsídios ao audiovisual (cinema, tv), há muito lambecús que tem que falar maravilhas dele!

Graças a ele a SGAE vá muito bem!

bertus #42 13/Abril/2008 bertus

mala dixentión teñen algún

GALICIEN #43 13/Abril/2008 GALICIEN

sgae é UNHA ASOCIACION DE APROVEITADOS

bertus #44 13/Abril/2008 bertus

"Fica claro que no reino a quem mais a caga, mais o condecoram."

Eis Magdalena Álvarez condecorada polo BNG. Hai quen espera ter algo a cambio sendo lambecús do BNG. Eu nin vivo de películas nin de peliculeros que sen ideas teñen que recorrer ao insulto. Tampouco falei maravillas do ministro de cultura, só dixen que comparado coa "maravillosa conselleira" inda destaca. Tampouco vivo da televisión, nin sequera a teño. Pensa o ladrón...

Sabrexo #45 13/Abril/2008 Sabrexo

A señora Álvarez librouse dunha reprobación simbólica no Congreso, certo, grazas aos votos do BNG, que a cambio, e aínda que lle puxo os puntos sobre as íes no debate, conseguiu financiación para o sistema galego do benestar. O PSOE, se non precisa os votos, non dá nada a cambio, por moito ministro nado aquí que teña.

mceleiro #46 13/Abril/2008 mceleiro

bertus, não me referia a ti. Perdoa se te ofendí. Referia-me aos "jornalistas" e intelectuais PRISA, que o estão a pôr como um deus, quando nem sequera chega a mediocre. Que lhe perguntem à demitida-cesada Rosa Regás como é verdadeiramente este ministro.

Quanto a conselheira de Desporto e Cidades concordo totalmente contigo. Não tem coragem para sair do labirinto de Gaiás, mas um partidinho anual da "irmandinha" faz "flipar" aos siadeiros.

mceleiro #47 13/Abril/2008 mceleiro

Eu vejo aos humoristas antes tão beligerantes com Espe, agora calando a boquinha face um ministro mais simpático, mas pouco diferente quanto a gestão. Será porque trabanham na Quatro?

bertus #48 13/Abril/2008 bertus

é verdade, segundo me din, que esas novas bibliotecas están sen libros.
mceleiro, será todo o demagóxico que queiras pero tampouco eu o equipararía a Esperanza Aguirre. Esta non ten versos en galego, nin sabe quen é Álvaro Cunqueiro nin puxo ningunha biblioteca sen libros en Galicia.
Amigo de Paco Vázquez, di pouco del, pero no seu discurso amosa algo máis de sensibildade cara o galego ca el (emprega o topónimo A Coruña polo menos no seu libro "A Coruña agua y luz") anque as súas accións non vaian por aí como decides. Atopei esta noticia, na que parece que convenceu ao seu amigo para achegarse un pouco á civilización: http://www.laopinioncoruna...
Ora ben, non sei ata que minúsculo punto a lingua galega se fai visible a través do Cervantes e simplemente nos vende a moto. Pero no seu discurso hai diferencia co do "plan Galicia de mierda" e das outras ministras "galegas".

Sabrexo, a ver se é verdade e ese gran trato que fixo o BNG en Madrid se plasma en benestar que se pode ver nas estanterías das bibliotecas públicas galegas, porque policía pra vixiar bibliotecas baldeiras non fai moita falla. Por certo, a cambio de que o PSOE dou os seus votos para aprobar a Lei de Vivenda? O pobo ten dereito a sabelo.

Sabrexo #49 13/Abril/2008 Sabrexo

Supoño que daría os seus votos a cambio do mantemento do pacto de goberno, que lle obriga a apoiar as iniciativas do BNG nos seus departamentos. Aínda así, non deixa de pór todas as trabas que pode: lei eólica, sistema do benestar, lei de vivenda, normas do hábitat, e a ver o que nos agarda de aquí ás eleccións.

mceleiro #50 13/Abril/2008 mceleiro

Obrigado por considerar-me demagogo. Com os políticos que temos o nível estava bem alto.

mceleiro #51 13/Abril/2008 mceleiro

Expulsar à directora da Biblioteca Nacional por introduzir cámbios "de esquerdas" e excusar-se nuns mapas desaparecidos isso não é demagógia. Tampouco dizer que o Instituto Cervantes faz muito pelo galego.

PedraCorado #52 15/Abril/2008 PedraCorado

Porquê? O Idioma Galego passou a ser conhecido como Português?

Somente por dois motivos:
1- Na Galiza o idioma galego foi vítima de genucídio pela colonização castelhana. Foram vários séculos (conhecidos como séculos escuros) que o galego foi oprimido. O galego resistiu heroicamente mas o que se escreve hoje na Galiza é muito mau e cheio de enfermidades castelhanas. Com a colonização castelhana a Galiza e o idioma galego foram muito desvalorizados no mundo. Passou a ser durante séculos um idioma desconhecido no mundo.
2- Pelo contrário os portugueses que falavam e falam galego durante o periodo dos séculos escuros na Galiza e em especial nos séculos XV, XVI e XVII dominavam o comércio internacional impondo a nossa língua como obrigatória nas transacções comerciais em toda a costa ocidental e oriental de África, Golfo Pérsico, Ásia (China, Índia, Malásia, Indonésia e Tailândia por exemplo), Brasil, Canadá Atlântico (Nova Escócia, Terra Nova e Labrador), Oceânea e algumas ilhas da América Central. Foram os povos de todo o mundo que começaram a chamar português ao idioma galego que os portugueses falavam. Eram os portugueses que falavam o nosso idioma durante toda a expansão marítima e ninguém conhecia a Galiza!!! Como era falado por portugueses todos os povos começaram a chamar português ao galego desconhecido.

Não nos podemos olvidar que antes da ocupação e colonização castelhana os antepassados dos povos que hoje faz parte os territórios da Galiza e de Portugal eram galegos e falavam galego. O galego foi durante 7(sete) séculos língua comum, culta, oficial e realmente falada e escrita. Só a norte do rio Minho com a colonização castelhana a língua foi oprimida e castelhanizada. A sul gozou de protecção e actualizou-se sem deformações e enfermidades de colonização. A sul do rio Minho não mudou a população nem o idioma. Pelo contrário do rio Tejo para norte até ao rio Minho a população eram galegos que se tornaram independentes do reino de Leão que na época ocupava a Galiza. A sul do rio Tejo os territórios de Portugal nunca foram Galiza, porém foram reconquistados aos mouros e povoados com galegos de sul e norte do rio Minho. Por isso o galego é a língua falada e escrita por todos os portugueses ao contrário do que se passa na Galiza com a RAG a querer impor o portunhol aproveitando-se das enfermidades da colonização.
Os verdadeiros galegos têm de exigir o verdadeiro idioma galego, conhecido pela norma internacional como português.
É o terceiro idioma do mundo ocidental. Só com ele a Galiza terá o futuro assegurado no mundo das Nações.
Por um galego limpo do castelhano.
Pedra Corado

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Elena Espinosa ve reforzado o seu ministerio, que agora tamén ten competencias en Medio Ambiente
Elena Espinosa ve reforzado o seu ministerio, que agora tamén ten competencias en Medio Ambiente
Elena Salgado, como titular de Administracións Públicas, terá que negociar o traspaso de competencias a Galiza
Elena Salgado, como titular de Administracións Públicas, terá que negociar o traspaso de competencias a Galiza
O coruñés César Antonio Molina repite como ministro de Cultura no executivo español
O coruñés César Antonio Molina repite como ministro de Cultura no executivo español
Imaxe ao completo do novo goberno español
Imaxe ao completo do novo goberno español