Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A NORMALIZACIÓN NO ENSINO

O PPdeG exixe que se anule a obriga do galego nas oposicións do profesorado

López Besteiro cre que se pode dar o caso de que "en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben os que mellor se expresen en galego”.

Redacción - 18:20 12/04/2008

A voceira de Educación do PPdeG no Parlamento, Manuela López Besteiro, quere que a Xunta anule unha directriz aprobada este ano que obriga a efectuar en galego unha parte das oposicións para o corpo de profesores do ensino público. López Besteiro pide que os opositores poidan facer todas as probas en castelán se así o prefiren. Considera que é suficiente que acrediten con diplomas de cursiños o coñecemento da lingua do país, tal e como se facía até o de agora.

A que fora conselleira de Educación cre que obrigar os opositores a presentar en galego as unidades didácticas e a empregar diante dos tribunais o mesmo idioma está a ter unha forte contestación dos aspirantes. López Besteiro sostén que se podería dar o caso de que “en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben finalmente os que mellor se expresen en galego”.


1,66/5 (32 votos)


Comentarios (99)

fillotolo #1 12/Abril/2008 fillotolo

Eu iría máis aló señoriña Besteiro, oposicións libres con traductor para tódalas linguas. Se hai un gran mestre en Xapón, Romanía, .. ¿porque non vai poder dar clases por non saber falar galego (nin español claro) se demostra que é un gran profesional?.
Estes do PP confunden e misturan galiza con castelá até chegar ao absurdo infinito...

Gaviotero #2 12/Abril/2008 Gaviotero

¿Y por qué no exigen directamente el carné del BNG o llevar marcada la esvástica en el culo, que para el caso es lo mismo, a los opositores? Al final lo que se quiere son nacionalistas para inculcar nacionalismo a nuestros jóvenes.

Pues anda que no lo tienen claro los aprendices de Goebbels...

larpeiran #3 12/Abril/2008 larpeiran

"en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben os que mellor se expresen en galego”.

Claro, para iso van a explicar e ensinar física e matemática. Se fosen bos no eido e malos explicando, que se adiquen á investigación...

larpeiran #4 12/Abril/2008 larpeiran

Gavi, piensa el ladrón que todos son de su condición... En tiempos era necesario el carnet del PP...

Naciches no tempo errado, meu!

arzaya #5 12/Abril/2008 arzaya

Ademais seguro hai persoas mudas que son excelentes matemáticos, que non se poden presentar á proba oral... unha mostra máis de discriminación.

GALICIEN #6 12/Abril/2008 GALICIEN

Gaviotero, xa lle botavamos de menos, coas túas paridas.
Senhora Besteiro se un mestre quere dar clases de física en galego na Comunidade de Madriz, porque outro idioma non fala, deben darlle a praza?

crunha #7 12/Abril/2008 crunha

Desde logo, estes mestres que di o PP moi bos non poden ser, xa que si o fosen, non lles había custar moito ter un excelente nivel de galego.

en_galego #8 12/Abril/2008 en_galego

que simpática esta señora caeme ben pero esta algo mal da cabeciña ten cada paranoia

http://www.blogoteca.com/en_ga...

"falar galego acurta a vida"será o próximo que porán nos libros de texto

lute #9 12/Abril/2008 lute

... vaia, na terceira entrega da telenovela da campanha eleitoral da dereita rancia hai umha nova protagonista ...

pois sí que tenhem bem repartidos os papeis, a ver quando lhe toca á neta de Franco, aínda que nom nos deveriamos estranar se tiveram algum convidado especial progre ou algúm acólito do embaixador espanhol no Vaticano.

Trovador #10 12/Abril/2008 Trovador

Nada, nada de diplominhas (que já sabemos como se repartiam na época do PePis....) Se sabem galego que o demostrem falando e senom que o aprendam porque se som os "mais melhores" e os mais inteligentes pouco trabalho lhes vai custar aprendê-lo.

Sabrexo #11 12/Abril/2008 Sabrexo

Fico abraiado con estes superprofesionais en todos os eidos aos que logo lles custa aprender o galego.

petopitopato #12 12/Abril/2008 petopitopato

Por anular que anulen, directamente, as oposicions... todos por enchufe... que é a súa especialidade...

petopitopato #13 12/Abril/2008 petopitopato

grande magoa de "galaicos" que cando se atopan en stand by político votan o resto en denigrar a lingua... que sempre lle trae réditos políticos (juncal) .... sintoo moito, que se lle faga tanto caso por unhas declaracions desta maré e sintoo moito tamén o ter que expresarme así: que vaia a m...

Albert #14 12/Abril/2008 Albert

"Considera que é suficiente que acrediten con diplomas de cursiños o coñecemento da lingua do país", isto xa o di todo. Se esas persoas teñen tales diplomas suponse que ningún problema hai en facer unha parte das oposicións na lingua do país. E por unha parte semella que se discrimina ó castelás, pero estes fachas onde estaban cando eran todos en castelán, é máis, síguen séndoo. Unha pregunta sinxela: alguén tivo a opción de facer o exame de conducir teórico en galego? E discrimínase o castelán? Río por non chorar.

Carlinhos #15 12/Abril/2008 Carlinhos

Exigem o incumprimento da lei de "normalización lingüística" que eles aprovarom quando governavam?

Garrano #16 12/Abril/2008 Garrano

Extraido da noticia do Faro de Vigo de hai poucos días:

Educación ha elegido para la prueba en gallego LA PARTE MÁS FÁCIL de la oposición, valorada en 3 puntos, pues la programación la elige el propio candidato, la lleva escrita y la entrega al tribunal después de la exposición oral, que además se puede llevar preparada y aprendida de memoria.
El resto de la fase oposición (el tema a desarrollar por escrito, la exposición oral de una unidad didáctica, que se elige por sorteo en el momento del examen, y el ejercicio práctico de algunas especialidades), se podrá hacer en gallego o en castellano.

Garrano #17 12/Abril/2008 Garrano

Ese estracto tedelo aqui: http://www.farodevigo...

Garrano #18 12/Abril/2008 Garrano

ATENCIÓN! NAS MESMAS OPOSICIÓNS INPOÑEN O ESPAÑOL! QUEIXARASE A BESTEIRO?

Mirade no 9º parragrafo da noticia: http://www.farodevigo.es/secci...

"...También se tendrá en cuenta y para mal que un aspirante a profesor o maestro "no tenga destreza en su manejo del castellano" y tampoco por ello se incluirán en los tribunales docentes de Lengua Castellana para valorar el dominio de este idioma..."

Ou sexa que se evaluan o español ben, non hai imposición, agora se evaluan o galego xa é intolerable e vai contra dos deritos individuais. Manda Carallo!

fillotolo #19 13/Abril/2008 fillotolo

¿Qué empresas dan esos certificados que non serven pra nada? ¿Aínda han sacar uns cartiños á conta de rirse da nosa lingua e da nosa cultura?
Gaviotero, por certo, ¡Eres unha rata do aire!.

Ghaviotero #20 13/Abril/2008 Ghaviotero

Acaso te sorprende, Garrano? Já sabes que estes persoeiros tenhem dupla moral...

condedecotobade #21 13/Abril/2008 condedecotobade

No fondo o que pasa é que estes fachas do PP e moitos do PSOE cren que o galego non serve de nada, non é útil para o mundo. Co cal cada vez que se esixe nalgures parécelles unha aberración. Eu cando participei en concursos públicos nos que se esixía saber inglés tiña que presentar certificados que acreditasen que cursara estudos de inglés e despois facer unha proba escrita do mesmo. É algo tan estrano? Pois se falar galego é unha das cousas que se lles esixe aos docentes (tamén pode darse o caso de que un neno queira falar galego nas aulas e estaría ben que o profesor o entendese), non vexo que problema hai en que ademáis dos certificados se lles esixa un exame (neste caso oral) para coomprobar o nivel que verdadeiramente teñen.

Gaviotero #22 13/Abril/2008 Gaviotero

¿Por qué tanto miedo a que la gente pueda elegir? ¿Por qué tanto miedo a la LIBERTAD?

El nacionalismo es la antítesis de la LIBERTAD.

Garrano #23 13/Abril/2008 Garrano

Si, eu tamén quero escoller. Quero que desterren deste país aos xenofobos anti-galegos. Non ten dereito a vivir entre nós quen denigra e repudia a cultura propia do noso pobo. Ainda que isto,certamente, xa non é unha cuestión de libre escolla ou de opinión, é unha cuestión de XUSTIZA.

Garrano #24 13/Abril/2008 Garrano

A libre escolla que defenden algúns non é máis que a condena a fracción social, ao segregacionismo anti-galego e a desgaleguización do País.

NON AO APARTHEID ESPAÑOLISTA!!!

Breixo #25 13/Abril/2008 Breixo

Que saquen o "deG". Hipócritas. Que pouco sentidiño. Se un mestre non é capaz de se expresar en galego é porque non é válido para impartir a docencia na Galiza. Se falan dunha "Galizia Bilingüe" o rapaz poderá pedir a explicación en galego, e o mestre que non saiba falar o idioma non poderá explicarlle o que lle teña que explicar. As oposición a mestre procuran DOCENTES. Ou non se dan de conta diso? Terase que procurar o docente mellor preparado, en todo-los eidos da ensinanza. O mestre é valorado por coma transmite a súa "sabiduria", xa que o contido será sempre o mesmo. Todos os que se presentan a unhas oposicións o dominan. Que se deixen de lerias, por educación.

Garrano #26 13/Abril/2008 Garrano

O PP estase a valer dunha dinámica social viciada e da complicidade de moitos media, Faro, La Opinión, La Voz, la Opinión, El Correo etc.

nesta nosa sociedade a poboación asume o rol subordinado do galego frente o castelán. Se o castelán aparece, o galego cede. O que se impón en castelán, non é imposición, é simplesmente natural, o que se impón en galego é no mellor dos casos unha escentricidade política, cando non unha aberración.

Que pasaría se diante desta situación das probas dunha oposición, un grupo de opositores denunciara a imposición do castelán nas mesmas? Podería parecer ridículo mais amosaría de cara opinbión pública unha outra perfspectiva. Mais polo de agora seguimos sen denunciar a imposición do español e seguimos pedindo permiso, e cando non, desculpas por existir.

Sabrexo #27 13/Abril/2008 Sabrexo

Esta estratexia vén marcada desde medios madrileños, podería estar deseñada por Pedro Ojete ou Joméiniz Losantos. O votante típico do PP non é para nada como Gaviotero, iso sabíano moi ben Fraga ou Baltar. A ver que tal lles vai nas autonómicas...

Garrano #28 13/Abril/2008 Garrano

Xa, xa sei, mais as contas que bota feijoo son outras, manter o capital eleitoral do PP fraguista e pseudo-galeguista e gañar o voto españolista do PSOE. O que non está a facer ninguén é atacar ao PP onde máis lle pode doer, ir onda ese público receptivo a toda a sua mensaxe galeguista e amosarlle a cara xenófoba, anti-agalega e case racista coa que toda esa comparasa de Copes, Intereconomías e demáis guias esperituais desta escoura dirixe a cada pouco contra a lingua, a cultura e as xentes deste País.

Na rede sobran exemplos.

GALICIEN #29 13/Abril/2008 GALICIEN

Ao pior é que os galegos votan polos partidos espanholeiros.
Eu que falo francés e italiano tamén tenho o direito a que as clases sexan nesas lingua e o que fala mandarín por ex. tamén.
A única lingua propria de Galiza é o GALEGO/GALICIEN.

Gaias #30 13/Abril/2008 Gaias

Os mestres non so deben ser bos, tamen e importante que poidan comunicarse na lingua do alumno o que lle van dar as clases.
Podemos traer un Einstein, pero se lle fala os alumnos en aleman,e non o entenden, de pouco vai servir.
Ou e que o PPdeG pensa que non poden existir mestres que sexan bos e ademais falen galego. Lingua na cal van impartir as clases.

Gaias #31 13/Abril/2008 Gaias

Este e o mesmo partido que por un lado esixe o coñecemento do castelan os inmigrantes e todolos españois, mentres proclama a LIBERDADE a hora de estudar ou as oposicions en Galiza, Euskadi e Catalunya. Pq por suposto, en Madrid, Castela, Andalucia,etc non se pode elixir a lingua do ensino, nin facer exames en galego, ingles,aleman ou arabe.A pesar da gran colonia galega, inglesa,alemana ou marroqui que hai nesas comunidades.
A liberdade de eleccion non e mais que a forma que teñen de discriminar o galego e tentar eliminalo da vida publica galega. Pq se o galego non se estuda, non se coñece, non se fala e non ten presenza na vida publica. Queren a volta o franquismo, na que o galego so tiña presenza na familia e no folclore.
Se temos 2 linguas oficiais, unha propia (o galego) e outra estatal (castelan), teran que estudarse AMBAS, e os que queiran traballar aqui deberan dominar ambas. Maxime se van traballar no ensino publico, pq lles imos pagar o seu salario todolos galegos.

Sabrexo #32 13/Abril/2008 Sabrexo

E a liberdade dos galegofalantes de fóra da comunidade autónoma non falan?

Gaias #33 13/Abril/2008 Gaias

Concordo con Garrano. O PPdeG por un lado quere manter o voto galeguista (do rural sobre todo) e por outro captar o voto españolista que se atopa sobre todo nas cidades (A Coruña,Vigo,Ferrol,etc) onde usan a politica linguistica para captar o voto dos castelan falantes (galegos con autoodio, inmigrantes, emigrantes retornados,etc) e da extrema dereita. Apoiados por esas plataformas antigalego que xurdiron tras pasar o PPdeG a oposicion.
O que e grave e que ninguen faiga ver estas contradicions. O feito de apoiar plataformas antigalego en manifestacions na Coruña e Vigo e por outro lado definirse como un partido "galeguista" e pedir o voto en galego.
Iso si, se voltan o goberno faran a mesma politica que fixo Fraga durante 16 anos. E decir, non tocaran nada. Mais non obrigaran a que se cumpra a lei de normalizacion linguistica. Teremos a mesma lei,pero os mestres poderan impartir as clases de galego en castelan.
E por suposto, o dia seguinte da eleccions, se gañara o PP, desaparecerian todas esas plataformas antigalegas (Galicia bilingue,etc).

Gaias #34 13/Abril/2008 Gaias

Pero ademais menudo favor lle fai o PPdeG os opositores galego, pois teran mais oportunidades se as oposicions son en galego que se son en castelan, xa que se presentaran menos xente.
Non se supon que os partidos galegos estan para defender os intereses dos galegos (economicamente, culturalmente,en dereitos e oportunidades,etc)?. Estos do PPdeG parecen a plataforma de defensa dos castelans, murcianos, madrileños,etc na Galiza.
E ainda hai galegos que os votan. Tiran pedras contra o seu propio tellado. Ala eles!

GALICIEN #35 13/Abril/2008 GALICIEN

TEMOS A OBRIGA DE SALVALO GALEGO ! E SE FAI FALLA USEMOS O ARGUMENTO DE QUE CO GALEGO FALAMOS PORTUGUÊS
Està claro que o galego ten que achegarse à normativa lusa, mais pouco a poco. O importante é consolidar o numero de galegofalantes e aumentar o galego no uso do ocio, que sigue representando unha grande eiva e alonxa o galego da mocidade. Tamén deberiase de dar polo menos unha hora de português à semana nas escolas.

GALICIEN #36 13/Abril/2008 GALICIEN

PARLONS GALICIEN ¨!

GALICIEN #37 13/Abril/2008 GALICIEN

PARLIAMO NELLA NOSTRA LINGUA

GALICIEN #38 13/Abril/2008 GALICIEN

FALEMOS GALEGO

nidiosnipatria #39 13/Abril/2008 nidiosnipatria

tiene razón gaias(#30), al alumno hay que explicarle en su lengua. Y según las últimas encuestas del ILG la mayoría de los chavales que están en secundaria hablan habitualmente castellano

condedecotobade #40 13/Abril/2008 condedecotobade

Compinche non confundas a educación infantil coa primaria e secundaria. Suponse que os rapaces teñen que rematar o instituto dominando tanto o galego como o español (e agora queren tamén meter o inglés por aí). Co cal, se os rapaces non falan galego habitualmente aínda con maior motivo hai que dar as clases en galego, senón poden rematar sendo uns analfabetos nese idioma como algúns dos que escriben por aquí.

elrr #41 13/Abril/2008 elrr

Os funcionarios públicos non teñen liberdade para facer o que lles pete, deben acatar leis e normativas e se esas leis din que hai dous idiomas oficiais deben demostrar correcto coñecemento e uso dos dous. Así que iso da liberdade de elección non é máis que un simplismo demagóxico.

elrr #42 13/Abril/2008 elrr

E algo máis, esta señora e boa parte do seu partido ben que mudaron o seu discurso desde que estaban no poder a agora que están na oposición... consúltense as hemerotecas.

¿Non foron eles os que "impuxeron" unha proba específica de galego(aínda que non deixaba de ser un formulismo) para os opositores docentes??

mceleiro #43 13/Abril/2008 mceleiro

Não estais postos nas modas de Madri. O que se "lleva esta temporada" é "la imposición del gallego, libertad, libertad, sin ira libertad". Genial, osea, no?

Tudense #44 13/Abril/2008 Tudense

Hai que valorar isto como positivo, o PP tira a careta coa que tan cómodo estaba en tempos de Fraga, cando estaban no poder era ,oi facil lexislar e despois limitarse a non cumprir a lexislación. O PP posicionase cada vez mais claramente como un partido antigalego o que vai facilitar aos demais entrar nos seus feudos rurais que cada vez están menos colonizados, se o centro galeguista existe este é o seu momento xa que o PP deixa un flanco débil por aqui.

O lamentable é a falta de resposta do BNG, unha mostra mais da perda de referentes deste conglomerado político, non hai que fuxir dun debate tan fácil de gañar, despois de 500 anos de proibición do galego agora piden liberdade???

Garrano #45 13/Abril/2008 Garrano

Precisamente iso Elrr amnesia. Os do PP non asinaron o actual decreto do ensino mais había un anterior, cando eles gobernaban, que xa lles "impuña" aos alumnos un mínimo do 30% das materias na lingua do País. Se temos en conta o cumprimento desta norma, o lóxico é que o profesorado estea preparado para estar incluído nese mínimo, como querrían estes señores que se deran aulas en galego se non se domina o idioma?

lembrovos tamén que non todos os opositores están obrigados a facer a proba de galego, os de lingua e literatura españolas están excluídos e cóido que doutras asignaturas ao parecer tecnoloxía e música mais non estou moi seguro mais cando menos hai 2 máis nas que ficas excluido. Mais ollo, todos (non sei se os de galego tamén) mais en principio TODOS teñen que facer unha proba oral de expresión en lingua castelán (disto ninguén se queixa).

Garrano #46 13/Abril/2008 Garrano

Levas razón tudense, e non só iso, no BNG sobran os acomplexados que nin queren entrar a debatir e por unha razón, a falta de conviccións lingüisticas e de formación dunha ampla parte da militancia. Nin che quero contar o contradictorio que resulta ver a militantes e funcionarios do BNG en concellos de ampla maioría galegofona falando español.

O PP levaba anos pedindo o voto só en galego na sua propaganda en Galiza, agás algúns casos nas municipais, e nas últimas xerais a presenza do español era considerabel. Agora, alguén imaxina o mesmo nas autonómicas? Hai que espallar o slogan "PP: PIDENVOS O VOTO EN GALEGO, IMPOÑENNOS O CASTELÁN"

Tudense #47 13/Abril/2008 Tudense

O problema Garrano é a orfandade de meios de comunicación que pensen en clave de país, un debate que sería facil de gañar pérdese porque non hai medios que pensen en clave galega.

Recordo o veto do BNG no ano 2000 ao proxecto de Edicións de Referencia que procuraba rachar esta dinámica. A que esperan os do BNG para coadxuvar desde a Xunta a criación dun xornal diario de orientación galeguista.

Roquinho #48 13/Abril/2008 Roquinho

Coma sempre xa están aqui os PPGaitas.
Están preocupados porque poida darse o caso de que así aprobe un docente con pouco dominio da súa materia e moito dominio do galego, cando o que pode pasar é que deste xeito vai aprobar un gran docente con capacidade na materia que vai impartir e un maior dominio na lingua que secadra vai ter que utilizar para ensinar os seus alumnos.
De que serve alguén con moita capacidade se non sabe expresarse na lingua que se lle esixe para imparti-la súa materia.
Se unha persoa é moi capaz e quere conseguir un posto e para elo necesita un minimo de coñecemento do galego seguro que o vai conseguir, que dubida cabe que persoas coa capacidade para acceder a eses postos teñen suficiente capacidade para defenderse en galego sen necesidade de recurrir a diplomas e cursos, demostrando que eses diplomas e cursos están plenamente xustificados superando unha proba escrita en condicións, ou é que a señora esta está dubidando de que eses diplomas e cursos que superaron esas persoas non lles dea capacidade lingüistica para superar parte das oposicións na lingua de Galiza, está insinuando que eses diplomas e cursos son so papel mollado conseguido con cartos e sen necesidade de demostrar ningún coñecemento da nosa lingua, espero que non sexa eso o que insinua alguén que ademais estivo de conselleira de Educación na Xunta de Galiza, vergoña debería darlle, seguro que defendeu moito os dereitos dos galegofalantes durante a súa etapa a fronte desa consellería.

Albert #49 13/Abril/2008 Albert

O último que di Tudense é fundamental: necesitamos un xornal tipo o Avui de Catalunya. Iso axudaríanos a a ser un páis máis desacomplexado. Por certo, o PP non era ese partido que levaba florea á tumba de Brañas? Son capaces de facelo todavía. Recordemos o que dicía Brañas: "Galicia abandonada aos seus propios esforzos, vítima do desprezo e do esquecemento a que a condenan os seus fillos espurios, e a pesar desta angustiosa situación, levántase en nobre altivez e loita valerosamente pola súa perdida independencia".

GALICIEN #50 13/Abril/2008 GALICIEN

Precisamos tamén unha rdio e unha TV galeguista, as licenzas dixitais son pra COPE e pra COZ DE GALIZA, non é normal.

GALICIEN #51 13/Abril/2008 GALICIEN

Os xornais se queren axudas da XUNTA, xa que sin elas non poden viver. GALEGO OBRIGATORIO.

GALICIEN #52 13/Abril/2008 GALICIEN

A radio e a tv, chegan a todos. E sería unha forma de atraer a XENTE NOVA, con contidos interesantes e se fai falla un pouco de telelixo, pra que a xente morda o anzol, tamén.

Garrano #53 13/Abril/2008 Garrano

Dacordo, mais ese é outro debate, a eiva mediatica do nacionalismo é grave mais a sua desmobilización é ainda máis escandalosa.

Agora estamos nun escenario diferente, con nacionalistas na Xunta podense facer cousas pola lingua que antano non podiamos. Mais é sobre todo diferente por que o antigaleguismo amosase organizado e cun discurso crecente, carregado de demagoxia e mentiras e atacando a lingua e aos falantes coma non se tiña feito en decadas. Non podemos dende o galeguismo lingüistico e dende o nacionalismo estar ofrecendo a mesma resposta, o contexto sociopolítico é novo, a situación é outra. Temos que reaxir con novas propostas, hoxe xa non vale un anuncio chupiguai desde política lingüistica coma na campaña de E Logo! Precisamos máis realismo dende o dramático da situación a reaidade e o dia a dia é o suficicentemente penoso para moitos galegofalantes na crus diaria de non doblegarse ante a imposición españolizadora coma pra amosarse e facela falar por si mesma.

E ollo! eu non agardaría nin a que Marisol poidera facer tal cousa, nin tampouco a que lle dea o punto a Callón e comapñía. Non temos medios de comunicación mais si temos medios para comunicar. Que pasa cos creadores do audiovisual? É tan dificil colgar mensaxes e anuncios no youtube? O que hai é desidia!

GALICIEN #54 13/Abril/2008 GALICIEN

Garrano, non todo o mundo ten INTERNET, eu moro en Suiza e gostaria que a TVG Europa, fose de calidade e non teletourinho. Antes Telefraga. Sabias que non pasan programacion infantil, os
fillos de galegos ten direito a ver debuxos animados en galego . TVCi si os pasan por ex.

GALICIEN #55 13/Abril/2008 GALICIEN

A mesa fai o que pode e a conselleira de educacion é do PSOE non se poden esperar milagres. Se militantes do BNG falan en ESpanhol , si é grave. Non acredito nesas informacións.

GALICIEN #56 13/Abril/2008 GALICIEN

Por certo hai galegos coma min que residimos fora e queremos que os nosos fillos falen galego.

Garrano #57 13/Abril/2008 Garrano

En que informacións non acreditas Galicien? Eu tampouco dou creto ao que leo hoxe na prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/g...

"...Sobre la utilidad del gallego, Quintana precisó: «¿Para que serve o galego? ¿E para que serve unha nai de 82 anos, con párkinson e incapaz de moverse? Coidámola para que viva o mellor que poida porque é a nosa nai. Pois o galego coidámolo porque é noso e por principios»..."

A ti pareceche isto normal? Con cousas así Feijoo e os tangas teñenno ben facil.

GALICIEN #58 13/Abril/2008 GALICIEN

Dicia que non acreditaba no de funcionarios do BNG non falaban en galego.

Garrano #59 13/Abril/2008 Garrano

Este é o panorama machiño. Sorte tedes ti e os teus fillos de estar na Suiza para non ter que ver in situ estas cousas.

"El dirigente del BNG resaltó que hacía estas declaraciones ahora que se había suscitado nuevamente una polémica sobre el empleo del gallego. Añadió: «En calquera pobo de Galicia os nenos crecen e aprenden castelán, só faltaría. Nun pobo cunha galescola seguirán aprendendo castelán e falando castelán. A diferenza é que nun pobo con galescola damos un pasiño máis para que os nenos aprendan tamén o galego, que é o noso idioma»."

mceleiro #60 13/Abril/2008 mceleiro

O Brico-Quim deveu de bater um dia com a porta do carro oficial e sofre lapsus mentais. Senão não se explica o que diz e faz este homem.

GALICIEN #61 13/Abril/2008 GALICIEN

Sobre la utilidad del gallego, Quintana precisó: «¿Para que serve o galego? ¿E para que serve unha nai de 82 anos, con párkinson e incapaz de moverse? Coidámola para que viva o mellor que poida porque é a nosa nai. Pois o galego coidámolo porque é noso e por principios».

Tamén dixo porque é noso e por principios.
Non podems matrnos entre nós.

GALICIEN #62 13/Abril/2008 GALICIEN

Doeme que entre independentistas andemos a tiros entre nos.

Garrano #63 13/Abril/2008 Garrano

Pois se eu che contara machiño, o grave é que non só son funcionarios da administración, tamén hai mestres. Tmén falan galego, sobre todo cos que con eles falamos galego, mais se lles falas en español pois falanche en español, ainda que sexas un veciño máis do rural galego, e non falo de oidas, estouno a vivir. Estouche a contar o suave, o forte calomo por que non nos fariamos nengún favor mentandoo aquí.

GALICIEN #64 13/Abril/2008 GALICIEN

Eu son independentista, non sei se vos?

GALICIEN #65 13/Abril/2008 GALICIEN

Estaria ben que o dixeras e que os expulsasen do partido.

Garrano #66 13/Abril/2008 Garrano

Eu tamén home, e non andamos a tiros, andamos pola casa e hai roupa tendida.

GALICIEN #67 13/Abril/2008 GALICIEN

Penso que Anxo, dixo o que dixo , pra expresar que ainda no caso que non servise pra nada, so polo feito de ser galegos , como é noso, temos que defendelo.
Eu gostaria de estar na Galiza pero por desgraza tiven que emigrar.

Galezio #68 13/Abril/2008 Galezio

Quando vão propor estes "fachas" que nos cortem a língua?
http://lacomunidad.elpais.com/...

Garrano #69 13/Abril/2008 Garrano

E que xa non che falo de calquera militante e non creo tampouco que a expulsión sexa o camiño. O que cómpre é denunciar o relax xeral e a visión alleada e irreal do contexto sociolingüistico no que viven moitos militantes. hainos que falan español coma se fora isto un sintoma de madurez, coma se tiveran superado non sei que dogmatismo ideolóxico. É só unha mostra máis da desidia e da estupidez na que se está instalando moita militancia nacionalista.

Non pretendo que se manteña aquí todo dios nun monolingüismo dogmático, tratase de ser metódico no uso das linguas que coñecemos e en función da nosa realidade sociolingiüstica.

GALICIEN #70 13/Abril/2008 GALICIEN

Eu o que gostaria é ter material didactico, xoguetes en galego pra que os nenos poidan aprender a sua lingua. Xa que é de pequeno cando un aprende a lingua despois é un bocadinho tarde.

GALICIEN #71 13/Abril/2008 GALICIEN

Pois un povo sen lingua propria , dende o meu punto de vista é menos povo.

GALICIEN #72 13/Abril/2008 GALICIEN

Esta claro que un non pode ser nacionalista galego se non a considera imprescindibel.

Garrano #73 13/Abril/2008 Garrano

Xoguetes en galego non temos moitos, editoriais todas as que queiras e máis, por sorte algunha especializada en literatura infantil.

mceleiro #74 13/Abril/2008 mceleiro

Galicien, tu e os galegos da Galiza. Cres que os temos?. Eu nos meus estudos universitários sabes quantas aulas tive em galego? Zero. Sabes as represálias que tive por fazer os exames em galego (ortografia "legal")? Sabes a onde foram parar os meus curriculum vitae escritos em galego quando procurei emprego?

Um povo sem a sua lingua não é menos povo. Não é povo. Nem galego nem espanhol. É carne de emigrante e cidadão de segunda sempre.

GALICIEN #75 13/Abril/2008 GALICIEN

VEN AO CHAT POR FAVOR

Garrano #76 13/Abril/2008 Garrano

A miña experiencia non é moi diferente da de mceleiro. O problema é que no nacionalismo hai moitos que prefiren escapar a realidade e non falo dos mociños con foulard palestino ao pescozo vivindo ficcións sociais nos pubs de Compostela e outros que hai, falo desa intelligentsia pequeno-burguesa que pensa que coas suas 8 ou 20 suscripcións a revistiñas e publicacións en galego xa vivimos no mellor dos mundos e xa está case que todo feito.

Garrano #77 14/Abril/2008 Garrano

U-lo chat?

xoan_pirillan #78 14/Abril/2008 xoan_pirillan

Si esto non é cuestión de nacinalismo ou non nacionalismo, si non, unha cuestión de principios.

A lingua propia de Galiza é o galego (reza o Estatuto de Autonomía de Galiza) pois o normal é que se esixa para traballar no País, maxime cando os profesionais cobran da Administración e son os que ensinan ós noso fillos.

Para qué gastar en publicidade en defensa da lingua si despois os educadores non saben nin falar o idioma?

É unha cuestión de principios e de pura lóxica............en Galiza en Galego, que para castelan xa temos a radio, tv, prensa, igrexas..........

GALICIEN #79 14/Abril/2008 GALICIEN

MCELEIRO , està claro que se o galego morre , o povo galego tamén

mceleiro #80 14/Abril/2008 mceleiro

A mim em 2º de BUP dava-me aulas de "Lengua Gallega" uma professora de inglês (nem sequera duma derivada do latim) que por riba era castelhanofalante, e chumbava aos que colocavam bem os pronomes ou escreviam "voda". Foi um ano perdido, bom ela aprendeu a chapurrear algo galego entre alunos quase na sua totalidade galegofalantes. Era porque governava o PP, não é? Isto hoje é impossível....

norberto #81 14/Abril/2008 norberto

jajajajajajajajaja!!!!!!
A ver vou ler a nova outra vez non vaia a ser.

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA!!!!!!
Que vo,estes do pp sonche a cona meu,e non estaran buscando un cameinho no show dos tonechos ou?en fin como dicia aquel,a base de collons aprendeu o capador, e estes non aprenderan xamais.

E ELES DALLE QUE DALLE,FACENDO QUE FAN....

LOIS_DE_SILAN #82 14/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN

A liberdade esixe que se anule todo tipo de requisitos: nin galego, nin castelán, nin inglés, nin matemáticas, nin música nin gaitas ... por sorteo!

Ah!, e para participar no sorteo liberdade!, LIBERDADE!: nada de maior de idade, nada de comunitario ... nada de ser humano! Ou como pensades que poden ser docentes os galegoanalfabetos do PP?

Mmm ... os do BNG, os da Mesa, os sensíbeis coa lingua e cultura galegas estánsenos cultivando no politicamente correcto: non os molestedes que son moi delicados!

galeguzo #83 14/Abril/2008 galeguzo

Escolher? Liberdade? As oposições que dependem directamente da Administração espanhola obrigam o uso do castelhano.

dumiense #84 14/Abril/2008 dumiense

Uyuyuyuy pois entón pode vir un tío da China e sacar unha praza de profesor sen saber galego e castelán???? como o importante é saber física e matemáticas para que carallo nos imos preocupar de que saiba galego, que dea as clases de física en chino, no te jode.

Seredes pailáns carallo!

rockandroll #85 14/Abril/2008 rockandroll

Olhade umha cousa. Eu estudei BUP há arredor de vinte anos. Daquela, já os recalcitrantes se queixavam de que "todos los profesores eran del Bloque". Entre 1987 e 1988 houvo um pequeno ínterim no que governou a tríada PSOE-PNG-CG, sendo Conselheiro de Educaçom Aniceto Núñez (se nom recordo mal, do PNG)mas vinhamos de sete anos de governos da UCD e AP, e depois do tripartido, outra vez a direita (as cinco maiorias absolutas de Fraga) Ou seja, que, com governos em todo caso nom do Bloque, estes queixavam-se já por aquele entom da presença de "profesores del Bloque" (etiqueta na que metiam a todo aquele que fosse de esquerdas ou suspeito de, que tivesse umha visom da questom nacional minimamente aberta e que dera aulas em galego)- de facto, recordo que acusavam de ser do Bloque a um antigo professor meu de Música e Inglês, só porque dava aulas em galego...e era da CNT!!!- Pois bem, imagino eu que estes professores "do Bloque" se chegarom a exercer o magistério no ensino público seria porque passarom umha oposiçom...ou é que os governos autonómicos que houvo até o de agora se dedicavam a infiltrar professores "do Bloque"? Obedecendo a quê estranho plano? Enfim...a questom é que, se nem com governos favoráveis os profes do PP passam as oposiçons...haverá que inferir que o pessoal de esquerdas é, geralmente, mais inteligente? Enfim...hehehehehehe

maraghota #86 14/Abril/2008 maraghota

Encántame o uso que fan os fachas da palabra "libertad". Cada vez que a usan, vai perdendo un pouquiño do significado que se supón que significa. Como sigan así, dentro de 50 anos vai vir nos dicionarios definida como "posibilidade de impor unilateralmente a propia vontade por encima de calquera precepto xurídico ou social". Mi culo, mi culo y nada más que mi culo. Olé!

shiva #87 15/Abril/2008 shiva

escoitei nalghun dos comentarios que queren profesores nacionalistas.... pero que tera que ver unha cousa coa outra... Non intentedes politizar o idioma... os peperos tamen falan galego... Os das cidades non, mais Galiza é eminentemente rural...
Estades/estan creando unha polemica ridicula...
Cae de caixon, se eu me presento ás opos terei que ter algunha vantaxe sobre un de Peruggia que non sabe galego...
E os que vos preocupa que se vaia quedar xente fora que non saibagalego, tranquilos porque é todo papel mollado, no tribunal non vai haber filologos galegos que corrixan....

GALICIEN #88 15/Abril/2008 GALICIEN

ARTIGO 5
A lingua propia de Galicia é o galego.
Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

GALICIEN #89 15/Abril/2008 GALICIEN

Eu se tenho un xuizo, non podo defenderme en galego, como se viu coa Xuiza Suevos e despois venhen a Besteiro e companhia e di que o ESPANHOL é discriminado. Esta muller non ten vergonha.

GALICIEN #90 15/Abril/2008 GALICIEN

Se vou ao cinema non pode escoller se quere ver o filme en galego sexa subtitulado ou dobrado.
Non hai xoguetes en Galego, os programas informàticos en galego tampouco existen.
Os comercios non ofrecen unha versión en GALEGO, por ex. o etiquetado dos productos. Eroski que é unha cooperativa Vasca SI O FAI.

Dogma #91 15/Abril/2008 Dogma

O que temos que plantearnos é porque o PP segue insistindo en que os que saben falar GALEGO son uns analfabetos e ignorantes, que o único que saben é votar a lingua fora, e que por iso sacan os postos que ocupan.
Tamán debemos de plantearnos porque o PP segue insistindo en que os únicos que valen para facer as cousas son os que falan en castelan, e por iso se eu vou a Ponferrada non me deixan facer ni un examen a La Junta de Castilla y Leon en galego....

¿Se somos tan ignorantes, coma será que sacamos estas leis adiante?.

E xa sabemos... estamos gobernados por uns nazis malvados que comense aos nenos de 0-3 anos nas galescolas, porque lles falamos de politica a nenos que apenas saben falar, e por elo van a vota ao BNG cando cumpran 18 aniños... he he he, temos xente que vive da ciencia ficción, e o peor é que outra xente lles fai caso.

GALICIEN #92 15/Abril/2008 GALICIEN

La Voz de Galicia tomouna co noso idioma. O senhor Blanco Valdés, cando se lle presenta a ocasión machaca a nosa lingua.
Un xornal que percibe axudas da Xunta e que teoricamente debería fomentar o galego, fai xusto o contrario. Cóntanse as páxinas que estàn escritas en galego na edición en papel, neste xornal. Por riba fan propaganda a favor desta organización antigalega que é Galicia Bilingüe.
Xa tenho medo cando VOZ TV comeza a emitir en DIXITAL, farao en galego? atacará o noso idioma?
Calquera persoa que fala galego habitualmente tamén sabe espanhol non acontece o mesmo no caso contrario. A razón é moi clara : case todo està en espanhol dende o cinema, pasando pola prensa, o etiquetado. O galego é o idioma discriminado. Agardo que publiquedes o comentario. MUCHAS GRACIAS

Agardo que LA COZ DE GALICIA, publique o meu comentario.

GALICIEN #93 16/Abril/2008 GALICIEN

Ao final non publicou o meu comentario.

ecoe #94 17/Abril/2008 ecoe

Si, sí: pero tampouco pediremos o título do €$PAÑOL. Reciprocidade e igoaldade interlingüística, non é, Ma-no-li-ta!??

Iacobvs #95 19/Abril/2008 Iacobvs

A Lei da Función Pública de Galicia reformouse en xullo de 2007, incorporando un novo artigo 33 que di o seguinte "in fine":
"Para dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos administrados ao uso da lingua propia de Galicia nas relacions coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso a prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo haberán de realizarse exclusivamente en lingua galega, e isto sen prexuízo de outras probas adicionais, que puidesen preverse, para aqueles postos que requiran un especial coñecemento da lingua galega."

Este artigo foi votado por PP, PSOE e BNG. Logo de ler as declaracións da deputada Besteiro, un pregúntase se os políticos saben o que votan cando apretan os botóns dos escanos.

Iacobvs #96 19/Abril/2008 Iacobvs

Por se non quedou claro no meu post anterior: o PP votou no Parlamento de Galicia una lei 13/2007 que di que en todas as oposicións será obrigatorio o galego ao menos nun examen (por suposto, se só hai un exame deberá ser exclusivamente en galego).

greve #97 20/Abril/2008 greve

...Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo haberán de realizarse exclusivamente en lingua galega...

O artigo 9.5 da convocatoria de oposicións de mestres di:" A fase de oposición constará DUNHA SOA PROBA ESTRUTURADA EN DÚAS PARTES..."
Polo tanto, se cumprimos coa lexislación TODA A OPOSICIÓN DEBÍA SER EN GALEGO. O contrario é un fraude.

greve #98 20/Abril/2008 greve

Examen de conducir.
Hipoteca.
Contrato de créditos no banco.
Testamento.(si lo quieres en gallego te tardamos dos meses más.)
Actas notariais,
Informes medicos.
Xuizos
Todas as miñas asignaturas da universidade menos unha (Que impartía unha profesora basca)
Relacións orais e escritas no 99 por cento dos centros comerciais.
Notas e informes do rexistro da propiedade, da camara de comercio, do rexistro mercantil.
Exames de patrón de embarcación....

ESTOU DE ACORDO CO GAVIOTERO ¿Por qué tanto miedo a que la gente pueda elegir? ¿Por qué tanto miedo a la LIBERTAD?

Hui! Que tontería! se nese listado de arriba non se pode elexir, é todo en castellano.

laurinha #99 30/Abril/2008 laurinha

isso nom se pode fazer vai contra a Lei

eis a lei 4/88 da Funçom pública o seu artigo 33

«Artigo 33

Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos administrados ao uso da lingua propia de Galicia nas relacións coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, e iso sen prexuízo doutras probas adicionais, que se puidesen prever, para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega».

E o PP votou a favor disto no Parlamento

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: