Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O DOUTOR SLUMP

Arale, de novo en galego na rede

Os episodios da serie xaponesa de debuxos animados, emitidos pola TVG, xa se poden descargar.

Redacción - 13:39 15/04/2008

Lembran o Doutor Slump e Arale? A serie, creada por Akira Toriyama anos antes de Dragon Ball, e que se emitiu no país nunha recén nada TVG, xa está na rede. Os vellos episodios foron gravados en vídeo doméstico e subidos á internet desinteresadamente por algún afeccionado, e agora as súas ligazóns publicáronse no blog Mundo Pirata.



As aventuras da nena robot con lentes, dos seus amigos, do seu creador, Senbei Norimaki, namorado da señorita Yamabuki, e disparatados personaxes como Sopamán, o porco presentador ou o sol que limpa os dentes volven ás pantallas, agora dos computadores. Aínda que se fixo unha nova versión da serie de debuxos animados a finais dos anos 90, esta é a orixinal, a dos 80.


5/5 (13 votos)

Novas relacionadas


Comentarios (2)

Tino #1 16/Abril/2008 Tino

Para cando a volta de Shin-Chan?

shiva #2 17/Abril/2008 shiva

Coma ti ben dis algúns portugueses non pronuncian as palabras como estan escritas caso "tambem"... enton por que pretendes que os galego-falantes asuman esta linguaxe escrita?
No momento en que separemos a lingua escrita da falada máis complicado será normalizar o noso idioma...
Non sabes que a xente non entende os últimos cambios nas normas ortográficas? Outro cambio non lle vén ben ó idioma... porque ó final semella todo unha carallada.

namaste

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: