Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
No ensino medio e universitario

Convocan unha folga en Vigo polo cumprimento do decreto do galego

A vindeira quinta feira 24 de abril está organizada unha manifestación na cidade olívica que partirá da Praza de España.

Redacción - 18:46 17/04/2008

Baixo o lema "O 24 de abril sae á rúa a defender a túa lingua" o Foro da Mocidade de Vigo organizou unha manifestación na cidade, dirixida aos estudantes de ensino medio e universitario para protestar contra os impedimentos que está a atopar o Decreto 124/2007 do emprego do galego no ensino para ser aplicado e por un ensino universitario completo en galego.

Segundo informacións publicadas no portal Galiza Indymedia, a manifestación ha partir ao mediodía da coñecida como "Praza dos Cabalos", a Praza de España de Vigo.


5/5 (13 votos)


Comentarios (12)

GalizaEmGalego #2 17/Abril/2008 GalizaEmGalego

alí estaremos!

larpeiran #3 17/Abril/2008 larpeiran

Un aviso para os Aduaneiros sem fronteiras:
No portal Galicia Liberal usan o voso material gráfico
http://www.galicia-liberal.com...
Facede algo!

Gaias #4 18/Abril/2008 Gaias

En defensa da nosa lingua.

galegodosul #5 23/Abril/2008 galegodosul

Defendam a língua da Galécia!!!

Carbalho #6 23/Abril/2008 Carbalho

Unha manifestación convocada por anónimos????

Tonecha #7 23/Abril/2008 Tonecha

Convócaa o Foro da Mocidade de Vigo: http://forodamocidadevigo.blog...

Carbalho #8 23/Abril/2008 Carbalho

Correcto, logo. Descúlpeseme a ignoracia, como o cartel que ilustra a nova non ten logo ningún...
Parabéns, logo, toda mani pola lingua hai que apoiala. Sorte (eu ando algo lonxe de Vigo).

inabilparaavida #9 24/Abril/2008 inabilparaavida

Alguén lle debería comentar a esta xente que o decreto 247/1995 xa non está en vigor. O decreto actual que regula o uso do galego no ensino é o 124/2007. A non ser que eu estea a entender mal e o que defenden na manifestación é que se derrogue o decreto de 2007 e se volva ao do 95...

Gaviotero #10 24/Abril/2008 Gaviotero

¡¡¡JAJAJA!!! A ver cuántos apoyan a estos pailanes...yo, para empezar, me meo en el decreto del gallego.

silveira #11 29/Abril/2008 silveira

Gaviotero, no cumio do pailanismo atópaste tí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

paupau #12 1/Maio/2008 paupau

home, eu alegrome por ler ao gavioteiro.demostra a perpetua estultucia da españoleirada. é como ter un can que roa os ósos que lles botamos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: