Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Medidas de "impulso" económico do goberno español

Parche para o peto dos cidadáns e "privilexio" para a banca

A Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas láiase de que os sectores que xa experimentaron "enormes" beneficios en 2007 sexan os máis beneficiados das "medidas de choque" anunciadas polo Consello de Ministros.

Redacción - 09:50 19/04/2008
Pedro Solbes, ministro de Economía

Pedro Solbes, ministro de Economía

"Estarán as medidas reais enterradas nalgún caixón do Ministerio de Economía?". É a pregunta que se fan desde a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, Adicae, laiándose de que grandes empresas de consumo e bancos e caixas de aforro sexan os "beneficiarios reais" das medidas de "impulso económico" anunciadas este venres polo Consello de Ministros.

A asociación avalía que a devolución de 400 euros aos contribuíntes anunciada polo goberno español e máis a prolongación do prazo da hipoteca, son iniciativas que á fin só permiten "aumentar e prolongar o endebedamento". No caso das hipotecas, definen de "tomadura de pelo" a medida, e advirten de que en último término, o simple cambio de prazo só "multiplica" os intereses que acaba pagando o cidadán.

Adicae considera que as cualificadas como "medidas de choque" desde o executivo estatal son á fin un conxunto de iniciativas que só beneficiarían "aos promotores e construtores, as entidades financeiras, as grandes empresas de telecomunicacións e enerxía", entre outras. "É para quen parece que en realidade se goberna", quéixanse desde o colectivo.

O goberno español confía no "estímulo económico" do proxecto
Desde o executivo estatal sinalan que a dedución de catrocentos euros que aplicará Facenda implica unha redución de impostos de seis mil millóns de euros. Destacan ademais que desde maio e durante dous anos as familias poidan ampliar gratuitamente os prazos das súas hipotecas, e salientan a eliminación do gravame no Imposto sobre o Patrimonio, a obtención mensual das devolucións do IVE ou as "facilidades" para a recolocación de traballadores desempregados a través dun plan de reinserción laboral.


4/5 (5 votos)


Comentarios (6)

subela #1 19/Abril/2008 subela

Aqui temos a confirmación da medida menos socialista que un goberno que se fai chamar socialista podía tomar, proba clara de que na economía, igual que noutras moitas cousas, PP e PSOE son o mesmo. So favorecen aos que máis teñen

ecoe #2 19/Abril/2008 ecoe

O fregue da sua "Constitución" polos nosos fuciños consiste exactanmente nisso, unha vez máis temos as probas, TRASPASAR OS CARTOS DE QUENES MENOS TEMOS (a maioría social) A QUENES MÁIS TEÑEN (empresariado, multinacionais, banca, etc.).

ecoe #3 19/Abril/2008 ecoe

E logo o ZP, o do partido do GAL, non gañou as eleccións xenerais do €$tado do GAL, co slogan de SALVAR A BANCA?

Qué trabucados andamos, oi!

Barcelos #4 20/Abril/2008 Barcelos

O socialismo de Salvador Allende xa non existe, porque provoca golpes de estado.

Agora existe o capitalismo co nome de socialismo. Amigos da Banca e financiados coa Banca. ¡A ver quen se atreve a nacionalizala!

Apúntanse ao carro de ZP todos os artistas de cine e da música, que viven como dios, porque son uns "snobs" e así presumen de izquierdosos, pero a maioria son uns burgueses e uns capitalistas. Apúntanse para cobrar o canon que lles prometeu.

mceleiro #5 20/Abril/2008 mceleiro

Excelentemente resumido, Barcelos. Concordo 100%.

baltar69 #6 21/Abril/2008 baltar69

o papel do estado é de cargar o pobo con impostos e logo facer ofrenda dos mesmos ante o altar das multinacionais. mentras tanto a prensa, libre e democrática, actúa como vaselina para dulcificar o proceso. acaso no vivimos en el mejor de los mundos posibles, tal e como anunciaba a retórica do outrora presidente gonzález márquez, hoxe gurú aporcinado do seu benestar e oráculo de tanto comentarísta da radio galega.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: