Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Frean o inicio dos traballos

O Foro Social bloquea en Cangas o reinicio das obras no contorno da fábrica Massó

Con vixilancia continua sobre a zona, os veciños impediron o acceso das máquinas á zona, onde defenden a retirada dun proxecto cualificado de "especulativo".

Redacción - 12:15 21/04/2008

Unha escavadora e varios vehículos que transportaban obreiros e técnicos da empresa concesionaria das obras tentaron acceder na mañá deste luns á zona do Salgueirón, onde a presencia dos veciños lles impediu o paso.

Un episodio máis dunha longa loita que esta mesma fin de semana concentrou na Alameda Vella de Cangas, e baixo o lema S.O.S Massó, centos de persoas na mobilización convocada polas plataformas A Ría non se vende, Galiza non se vende e o Foro Social de Cangas na Alameda Vella da vila do Morrazo baixo o lema S.O.S. Massó.

A convocatoria subliñou unha vez máis a oposición á recualificación de terreos da antiga conserveira para a construción dun porto deportivo e unha urbanización de luxo.


5/5 (27 votos)


Comentarios (29)

lavesedo #1 21/Abril/2008 lavesedo

Os veciños e veciñas de cangas, parando as obras diante da inoperancia de políticos e xuíces, enleados en procesos xudiciais por non permitir a desfeita ILEGAL no Salgueirón...e a alcaldesa do BNG que cando estaba na oposición ía as concentracións e manifas do Foro, "estou con vós" dicía, "salvemos massó", dicía, agora está do lado dos lacaios do capital, con caixarouba, cos empresarios, e quere sacar adiante a obra sexa como for, que a cadeira da alcaldía éche ben quentiña e agarimosa. Xa llo dixo o Quintana, pórtate ben nisto de massó, e eu fágoceh un sitiño canda min no parlamentiño de compostela. MERDA DE PAÍS, MERDA DE DIRIXENTES NACIONALISTAS!!

GalizaEmGalego #2 21/Abril/2008 GalizaEmGalego

que lhe pides o BNG,son uns espanhois de pes a cabeza,e ja se ve de que lado están...

UnDeTantos #3 21/Abril/2008 UnDeTantos

Ai canta mentira,canta demagoxia,e so en 2 comentarios. HAAI algún é de Cangas? Eu por sorte SÍ
Doe ler o que se le aquí...en fin,país

GalizaEmGalego #4 21/Abril/2008 GalizaEmGalego

nom fai falha irse ate Cangas para saber de que vai o BNG,vinde a poio...e ainda ha gente que pensa que están na defensa da nossa terra e lhes importa Galiza...A Madrid!

GalizaEmGalego #5 21/Abril/2008 GalizaEmGalego

dubido que estivera essa do BNG nessa manifestaçom,senom lhes pasaría o mesmo que aos que participaron na de Galiza Nom se Vende em Compostela.Carretera!

Murxido #6 21/Abril/2008 Murxido

Non nos levemos a enganos, quen ten aspiración a ser un partido de goberno ten que mirar polas empresas e os seus intereses. A economia; e dicir os beneficios dos grandes capitais, sempre ten prioridade fronte a defensa do medio e do ben común da cidadania, o que vos creiades? En que mundo vivimos?
Ou se aspira a unha sociedade livre e igualitaria ou todo o demais son parches a un sistema corruto que agoniza pero que morrera matando (creo que me saliu un pouco o nervio pero e a realidade)...

bainha #7 21/Abril/2008 bainha

A ver se alguén mo explica cun pouco de sentidiño:
Resulta que os terreos son de Caixanova e están calificados como solo industrial, non é así? E Mariano Abalo que quere? Que o concello (ou alguén, por dicir algo) lle merque os terreos a Caixanova? De momento o propietario, que neste momento é Caixanova ten un dereito de propiedade e de disposición dos terreos, que se poden concretar nunha zona industrial. Para evitar isto hai tres saídas:
1/ Poñerse diante das máquinas, coas consecuencias xurídicas-persoais que isto acarrexa (é un pouco máis riscoso que escribir nun foro coma este: múltas, cárcere,...)
2/ Facer unha revolución socialista que abola o Código Civil e máis as leis urbanísticas; vendo o número de xente que se xuntou o domingo na Alameda, apenas 100 persoas contando os que viñeron de fora, incluso de Lugo, non vexo esa posibilidade
3/ Como dicía antes mercarlle os terreos a Caixanova, u-la pasta?
4/ Tratar de chegar a un acordo con todas as partes para conseguir as melloras "posibles" para os viciños.

Albert #8 21/Abril/2008 Albert

A número 2 creo que está ben "bainha".

mceleiro #9 21/Abril/2008 mceleiro

Uma mais para o #7

5/ Urbanismo, simplesmente:

A.- Se o solo está classificado como solo industrial é incompatível o uso residencial, assim que uma de duas, ou não é industrial, ou a urbanização é ilegal.

B.- O concelho tem competências para propor um novo Pano Geral de Ordenação Municipal, onde se pode classificar, razões há, de forma bem diferente. De se modificar o PGOM, até a sua aprovação ficam congeladas as licenças a novas construções.

C.- Segundo tenho entendido (não sou de Cangas) esses terrenos não estão no núcleo urbano, pelo que não se pode considerar solo urbano, e possivelmente não terá as características para considerá-lo como tal, pelo que seria aplicável a Lei de Costas que proibe construir se não é com permisos especiais a menos de 200 metros do mar.


Aqui cheira a haver muitas ferramentas para evitar as obras, mas nenhuma vontade por parte do concelho.

mceleiro #10 21/Abril/2008 mceleiro

Rectifico, 500 m no Domínio Público Marítimo Terrestre

mceleiro #11 21/Abril/2008 mceleiro

Em resumo, de fazer-se um passeio marítimo, fornecerá as infraestruturas para poder considerá-lo agora ou no futuro solo urbano, e permitir o pelotazo.

E se a do bng se vende, que não choromique, que está tudo nas mãos do concelho.

bainha #12 21/Abril/2008 bainha

A ver se alguén mo explica un pouco mellor. Resulta que o solo esta clasificado como industrial neste momento, no que non hai PXOUM en trámite nin nada. Está Cangas coas normas subsidiarias desde o 90, según me puiden enteirar. En principio pareceríame lóxico que aquilo non se recalificase como chan urbano, pero é que se sigue na condición de industrial, por definición aquilo poderíase encher de armacéns, tráfico,... Non sería máis beneficioso, digo eu desde a máis profunda ignorancia urbanística, negociar a recalificación como chan urbano, negociar con caixanova para meter vivenda industrial e conseguir certas contrapartidas, que poderían ser a preservación de determinados espazos como zonas verdes?

bainha #13 21/Abril/2008 bainha

onde dixen "vivenda industrial" quixen poñer "vivenda social"

lavesedo #14 21/Abril/2008 lavesedo

UnDeTantos, eu SI son de Cangas. Ti es de Cangas, dis. Ben, pois explica onde están as mentiras e a demagoxia nos comentarios #1 e #2. Non ía a actual alcaldesa ás manifas do Foro?? Non é o BNG de Cangas parte, -agora "teórica", claro-, dese Foro??
O que non se pode é ser inconsecuente. O BNG sabe ben que chegou ao poder en Cangas pola súa oposición ao PXOM do PP, pola súa oposición ao porto deportivo de Massó, ..., pero se está no pacto de goberno de Cangas!!! Oposición ao porto deportivo de Massó e decisión dos usos da zona no novo PXOM, contando cos veciños e veciñas e non con intereses económicos.
Que mudou entón?? Pois que apretaron dende arriba e tocou o: si, señor, si señor, e agora hai que botarlle a culpa ao Abalo, ao psoe ou a quen faga falta, pero non se pode desobedecer as ordes de caixarrouba...

lavesedo #15 21/Abril/2008 lavesedo

bainha tes algo contra vieiros, ti?? Porque se eles din que houbo varios centos de persoas o domingo na Alameda de Cangas, porque ti o negas e afirmas que había apenas cen persoas??
Como dis en #12 que non hai PXOM en trámite en Cangas?? Pero se o está a elaborar Consultora Galega!! (Creo que é a mesma que lle fixo o PXOM ao bng en poio e en vigo, k medo!, podería contestar GalizaEmGalego que seica é de poio).
Dis que os terreos son de caixanova, creo que "teoricamente" son de Marina Atlántica, unha construtora, aínda que como absolutamente TODO neste país, será "na práctica" de CaixaRouba ou de CaixaAvaricia...
Do que non dis NADA, é de todas as irregularidades que levaron uns terreos de DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE sobre os que a conserveira MASSÓ HERMANOS tiña unha concesión, a acabar nas mans dunha construtora como propiedade privada. Incluso os recheos, que SEMPRE teñen que ser dominio público.
É moi doado de entender, bainha. Chámase política de feitos consumados. O capital fai o que lle peta, e para cando chega a xustiza, a obra está feita, derrubala é imposíbel e aí queda. Exempliños, a eito, só en vigo: Aparthotel en Samil, centro comercial Gran Vía, Torres de García Barbón, ... Iso si, cando un coitado mete medio metro máis na casa e o veciño denuncia, abaixo con todo!! (E tamén en vigo hai un par de exemplos nos últimos tempos) Pero isto que é??
Quen queira máis información, pode ir á páxina do Foro Social de Cangas:
http://www.cangasnonsevende.or...
Ou a Galiza non se vende:
http://galizanonsevende.org/

saúde

bainha #16 22/Abril/2008 bainha

Querido lavesedo:
1º/ Eu estiven onte en Cangas, por certo chovía a baldes, e pódoche asegurar que a xente que alí había era a que digo (hai fotos), en todo caso é irrelevante; agora non me gusta que me trates de enfrentar a "Vieiros", como se cometese un pecado mortal polo que haxa que castigarme ás penas do inferno.
2º/ O Plan de Cangas está efectivamente en elaboración técnica, pero non foi elevado aínda á Xunta, a iso me refería. Polo tanto, non hai nada, de feito, quedará en nada porque o Concelleiro de Urbanismo (Mariano Abalo) non é capaz de desprenderse da hipocrita situación na que se meteu, entre o seu radicalismo infantil e a "realidade" que lle toca xestionar como político.
3º/ Segundo dis o propietario é o Grupo Atlántico, pero financiado por detras pola "obra social" da Caixanova. Está ben precisalo.
4º/ O proxecto, megaproxecto de Foster e abalado por Fraga, despois de retirar o anterior PXOU o PP está no aire. Agora o Concello de Cangas ten que definir que quere para aí.
5º/ A cuestión é que neste momento hai unha calificación de chan industrial que ninguen quere, nin os promotores-especuladores nin os veciños de Cangas, e éstes lóxicamente tampouco queren a urbanización de luxo que lle queren meter aí con toda a parafernalia de porto deportivo, etc.
6º/ Os actuais propietarios, segundo a calificación do terreo teñen uns dereitos urbanísticos amparados pola lei, e na lóxica capitalista aspiran a explotar o negocio ao máximo. Aí enfrente ten que estar o concello a defender os intereses dos veciños. Como?
Na miña idea, e creo que na maioría das persoas sensatas e sen intereses económicos no tema de Cangas, é minimizar o desastre que supón perder para os veciños esa zona tan importante para o lecer, paisaxística, natural,... Creo que neste sentido se impón a sensatez e a intelixencia, é dicir, a pura negociación de parte a parte: especulación/veciños (Concello).
7º/ Sobre os terreos de dominio público, hai especial protección, e tamén a protección urbanística de 500 m. (200?) da liña litoral. Pero que eu saiba a delimitación marítimo terrestre xa leva unha chea de anos establecida por costas e nin o Concello nin Marina Atlántica son quen de cambialos, que eu saiba. Aí é un dos aspectos onde o Concello ten que facer especial presión diante de todas as instancias posibles para que non se cometa ningunha asoballamento.
O demáis é falar por falar, inchándose a cabeza con discursos moi bonitos pero inviables, o que na práctica é que a xente acabe confundida e frustada, e os de sempre acaben facendo o que lles dea a gana.
Saudiños.

lavesedo #17 22/Abril/2008 lavesedo

Estimada/o Bainha:
Volvo dicir o mesmo. Entras nunha nova de vieiros rectificando a información do xornal sobre unha nova moi ligada á que comentas. Afortunadamente, ti non es a única que estivo onte en Cangas, así que permíteme que me fíe máis dos meus veciños e amigos ou de vieiros ca de ti.
Agora resulta que o PXOM si está en trámite, non é??, vamos que o avance se presenta este mes e aí Massó é para o pobo... Pero claro, é mellor soltala como fas en #12, e se ninguén di nada, pois confundimos un pouco máis a xente. E aínda acusas os demais de envurullar...
Enches a boca a falar dos dereitos urbanísticos dos promotores-especuladores, pero onde quedan os dereitos do pobo?? Ademais, volvo repetir: hai varios xuízos abertos contra todo este proceso especulativo. Está na páxina do Foro. As présas da empresa están claras, ou consolidan algo xa, rápido, en Massó ou quedan sen nada.
Acusas ao abalo de "radicalismo infantil"... Imos mirar. As posicións de BNG e Abalo na oposición ao PP sobre Massó eran idénticas. Todos estaban no Foro, todos dicían "salvemos massó". Pasan as eleccións e o BNG ten 6 concelleiros, ben "tiña" porque unha lle marchou ao grupo mixto, e ACE, 3 concelleiros. Os de Abalo, infantís eles, manteñen as posturas anti-massó e o BNG, moito máis "coñecedor" da política real, -e claro endebedado a ferro coas caixas-, non fai nada por recuperar Massó para o pobo, e comeza a dar excusas de malpagador, como que non pode actuar contra o porto deportivo, -cousa que si fai o seu compañeiro de partido en Moaña, por exemplo-. Ben, o de Abalo será "radicalismo infantil", pero o do BNG de cangas é mentirlle á xente.

RiQee #18 22/Abril/2008 RiQee

concordo totalmente co que neste foro esta a dicir "lavesedo", se non houbo máis xente na manifa do domingo seguramente tamén foi polo horario e outros factores(tempo por exemplo...)

lura #19 22/Abril/2008 lura

Bainha esta a falar de ouvido e malintencionadamente.
Este é un dos proxectos especulativos máis descarados que podamos ollar. Os terreos en terra foron comprados a prezo de ganga tras o proceso de quebra da conserveira. Gran parte deles foran xa mercados por Massó nos "anos da fame" por prezos inferiores aos reais.
Sobre as concesións houbo erros xudiciais e manipulación especulativa por parte da autoridade portuaria de Vigo, a situación actual é totalmente ilegal e pretende usurpar a concesión de marisqueo da confraría de Cangas.
Parte dos terreos están en solo rústico de protección de espazos naturais ( o espigón do porto pretende partir de aí) e o resto esta cualificado como urbano (con uso nun 90% industrial e residencial nun 10) pero non ten as características obxectivas para iso.
Cangas ten unha taxa de paro nove puntos superior á media galega, dezaoito puntos ao falar da taxa feminina. 30.000 m2 de naves a pé de mar non se poden desprezar sen sequera falar deles.
No 2004 o déficit de Cangas en zonas verdes era de case 300.000 m2. Onde se situarán no Plan que vai presentar este mes seu avance? No monte? Enriba de espazos naturais?
A factoría Massó esta cualificada como unha das catro contribucións de Galicia ao Patrimonio Industrial Español.
Con estas premisas, ten algunha lóxica recualificar como residencial unicamente para que Caixanova e Puentes y Calzadas enchan os petos?( entre 250 e 300 millóns de euros de beneficio neto).
O terreos non teñen condicións obxectivas de urbanos. A cualificación do terreo é un acto regrado. Unha simple revisión da cualificación pode facer entrar o 95% do terreo dentro dos 200 metros de protección de Costas. Os propietarios deben ter os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro propietario.
E fan falla cartos para recuperar as naves. Non sería hora de que as administracións se lembraran de que Cangas existe?, non soamente para recadar ou para deixar ás empresas amigas como territorio de saqueo ( mirades a salvaxe vía rápida que fixo Cuíña para chegar ao pelotazo de Aldán?)
Pero o de Aldán é outro tema máis noxento aínda que o de Massó...

ecoe #20 24/Abril/2008 ecoe

Cangas é desde moitos anos ha, unha pera en doce para O CAPITAL, pola costa e pola situación xeográfica (pertísimo de grandes urbes, Vigo desde logo).

O Salgueirón ten moitos valores, mesmo etnográficos e de arqueoloxía industrial, paisaxísticos, de lecer (hai un bo paseio), histórico (unha das zonas dos "afundimentos" no 1936), etc, e non só urbanísticos ou industriais.

Porqué se pode obturar con unha grandísima piscifactoría un bó cacho (en Hectáreas) de Touriñán, poñamos por caso, ou simplemente decidir que por un lugar determinado -e nunca por outro, máis lóxico, ou con menor dano para terceiros- pasará unha autovía ou a Alta Velocidade, e entroques NON PODE CUMPRIRSE A VONTADE POPULAR MAIORITARIA de DEIXAR UNHAS TERRAS PARA DISFRUTE DA XENTE?
Qué xustiza abala que o capital LÓXICAMENTE quer gañancias e mentres OS VICIÑOS NADA TEÑEN QUE DICIR SOBRE UN ÁREA (na que a maioría traballou e lles dou "vida", dito de paso). A vontade viciñal, NON ten LÓXICA?

Non hai un plano en vigor? Non di nele que o chan de marras é industrial? No novo plano "SERÁ" NON URBANIZABLE? Para SERVICIO PÚBLICO?
Pois indemnización ó canto, que lles paguen os terreos ó igual que nos pagan ás xentes, e que tanto as CaixaROUBAs como as CaixAVARICIAS tomen xarope do que nos regalan cada día mediante os seus mercenarios nos Gobernos.
Semella ben LÓXICO que os lles paguen as terras igoal que ós demáis, ou hai distincións de chans?

Non sei qué se pode estar a dicir do Abalo, a día de hoxe, con un mínimo de obxectividade. E menos razonando e argumentando.!

charino #21 24/Abril/2008 charino

O que sucede en Cangas é que son as propias administracións as que se converten en axentes especuladores, comezando polas Autoridades Portuarias, que converten zonas industriais gañadas ó mar en zonas urbanizables. Os partidos políticos, endebedados coas entidades bancarias, que son as financiadoras das operacións, son a procesión dos caladiños, tanto o PSDEG como o BNG, ademaís de que os cartos sempre untan. Consultora Galega traballa sinxelamente Por-tela

ecoe #22 25/Abril/2008 ecoe

Moito coidadiño na Por-tela

zutabe #23 26/Abril/2008 zutabe

prendémoslle candela no alto da Portela!

charino #24 26/Abril/2008 charino

Efectivamente, temos que ter coidado pois rapidamente metente nun cimeterio cúbico nun cantil, ou te nomean asesor nunha consellería. Que vivan Taboas e Pino!! E que sexa por moitos anos!!!

lura #25 26/Abril/2008 lura

Consultora Galega esta redactando o Plan Xeral de Cangas grazas a un acordo entre BNG e PP..Luz e taquígrafos!!

charino #26 27/Abril/2008 charino

Hoxe, Domingo, no País, ven a noticia da cidade que queren facer en Val de Rabeda, un habitat rururbano, na que xunto a alcaldes de diversas tendencias e a Consellería de Vivenda aparece artellado por Cesar Por-tela, para ledicia de Adolfus Dominguez, que así poderá construir unha macro fábrica.

Tino #27 28/Abril/2008 Tino

Pois benvida sexa a fabrica de adolfo dominguez e todas as q dean traballo aki, na terra, para non ter q marcharmos.
Xa está ben: charino, ti de q vives, do aire?

charino #28 28/Abril/2008 charino

Non. Da política como Quintana e Por-tela.

Dogma #29 3/Maio/2008 Dogma

EU TEÑO UNHA DUDA...
UNHA VEZ QUE XA TEÑEN OS PERMISOS DO CONCELLO (PORQUE TELOS OS TEÑEN QUE TER SE NON NON ESCOMENZARIAN OBRAS), ¿COMO VAI A FACER O CONCELLO DE CANGAS PARA EVITAR ESAS OBRAS?, PORQUE SE QUERES EVITALAS TES QUE ENTRAR EN XUIZO, DERROGALAS E PAGAR DANOS E PERXUIZOS, ¿TEN CANGAS ESES CARTOS?...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: