Institucións dedicadas a fins sociais e a arquidiócese compostelá piden a colaboración da cidadanía para recibir o 0,7% do IRPF.
Achégase a campaña da declaración do Imposto sobre a Renda, e tanto as ONGs como a igrexa católica loitan para que os contribuíntes marquen a casa que lles reserva unha parte do orzamento público estatal. Concretamente, este ano recibirán o 0,7 por centro, fronte ao 0,52 do exercicio anterior.
Este luns, varias organizacións non gobernamentais (Cogami, Faxpg, Secretariado Xitano, Coceder, Asociación Española contra o Cancro, Coordinadora Galega de ONGD e Preescolar na casa) uníronse para pedir a colaboración da cidadanía porque "así podemos facer máis", como di o seu lema.Nunha conferencia que tivo lugar no Club Internacional de Prensa, David Silva, secretario de Cogami, asegurou que todo o diñeiro recibido se destina a fins sociais e non a financiar as estruturas das asociacións. Tamén fixo referencia á cada vez maior transparencia nas contas das ONG e ao control das mesmas que efectúa a Administración, e ao feito de que nos últimos anos se triplicou a recadación pola maior concienciación da cidadania.
O arcebispado tamén
O arcebispado de Compostela tamén aproveitou a xornada para solicitar que os contribuíntes marquen a casa destinada á igrexa católica porque, asegurou, "o seu sustento depende dos fieis". O novo marco de financiamento da institución relixiosa por parte do Estado Español suprime as axudas directas da Administración e, para mobilizar os católicos, a Conferencia Episcopal vai poñer en marcha en maio e en xuño unha campaña publicitaria a través de todos os medios, tamén dirixida aos asesores e xestores administrativos por vía postal.
No exercicio do 2005, o 36,29 por cento dos contribuíntes marcaron a casa de fins sociais, fronte ao 18,48% dos que riscaron o recadro da igrexa católica. Outro 9,19 por cento marcou os dous espazos, pois son compatíbeis.
Digo eu que, independentemente da opinión de cada quen sobre a igrexa, o títular é un chisquiño excesivo.
É dicir, calquera que cubrise a declaración da renda algunha vez terá lido o comentario en letra pequena que di algo así como que "esta asignación é independente e compatíbel coa asignación tributaria á igrexa católica"
As miñas desculpas (parciais)... lanceime a comentar antes de ler o artigo completo...
De calquera xeito, entendo que o titular ao falar de "disputa" segue a ser excesivo
Serán compatíbeis, pero as campañas mediáticas que se aveciñan para conseguir o "x" non teñen prezo.
Benvido edup ;)
Pois a igrexa que lle den moito... mais por certo sitio, e non en prata...
Crunha, deixando as dúas en branco coido que os cartos ven pra igrexa, así era hai poucos anos, por iso digo q creo q é así. A ver se é certo q zapatero cambia a lei de financiación da igrexa e dunha vez por todas fai q se subencionen á sí mesma.
todo esto das relixións e das ongs é descabelado. os impostos deben ir para o estado confomado e regulado polos electos da cidadanía. nadie ten posibilidade de influir nunha ou noutra ong agás os séus propios membros ou asociados tal e como a curia católica arróxase a pleitesía de regularse a sí mesma sin o beneficio do cidadán nin do séu fiel, polo que destiñar eses fondos directamente paréceme, cando menos, peliagudo e amoral e, anque non son xurista, coido que até podería considerarse ilegal si, como dí o refrán, o que fai a lei non fixera tamén a trampa.
outra cousa é que fose o propio estado o que, unha vez recaudado, entregase os fondos a estas organizacións polas labores que poidan desenrolar, examinando cuidadosamente os cometidos e os proxecto e analizando os resultados dos mesmos; anque tamén opino que este tipo de lexitimacións ou tercerizacións de labores non son máis que deixazóns que os mesmos estados se permiten para obviar a atención da súa propia cidadanía, o cal é negativo sen dúbida, mentras que por outra banda supón a inxerencia política e social de organizacións supranacionais que actúan a modo de cuña e a favor dos intereses interportos de terceiros en nome de causas humanitarias.
así pois que sexan os estados os que directamente se impliquen e que, tanto grupos relixiosos como organizacións laicas, se financien segundo os reais saberes e pareceres dos séus membros ( a virxe que se pasan os veciños, o cepillo dos domingos e calquera contribución voluntaria dos cidadáns, pero en ningún caso debe esto ser obvice para as ventaxas fiscais que concede hoxe por hoxe facelo, dende fomentar becas fernando alonso até montar clubes deportivos ou organizacións de protección a minusválidos), pero que a carga impositiva que emana da renta das persoas físicas sexa distribuída polo aparato do estado, pois así, en caso de dúbidas, sempre poderemos responsabilizar ao goberno de turno e non almorzar día sí e día tamén ca sensación de que entre uns e outros, tamén nesto, nos están tomando o pelo.
Eu son máis "puntilloso":
Debería de pór a que igrexas (católica, protestante, xudía, musulmana, capuchina, dominica, do dalai lama...) quero dar...(ata x Q) e a que ONGs quero doar (o que lles den) e tamén se quero non dar a ningún e que me devolvan ese 0,7%.