Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS POLA BAIXADA DE PREZOS

Os antidisturbios impiden que os gandeiros entren en Leite Río

Os manifestantes, convocados por Unións Agrarias, ergueron barricadas na entrada do polígono do Ceao. A policía cargou contra parte dos concentrados.

Redacción - 13:34 22/04/2008
Tags:

A tensión notouse no ambiente este martes no polígono lugués do Ceao. Dous milleiros de gandeiros, convocados por Unións Agrarias, concentráronse diante das instalacións de Leite Río, tal e como xa fixeran dúas veces no último mes. Nesta ocasión, os produtores que protestas pola baixadas de prezos atopáronse con 80 efectivos antidisturbios que custodiaban a entrada á fábrica. Algúns dos concentrados ergueron barricadas que bloquearon o acceso ao polígono. Tamén houbo enfrontamentos entre axentes e gandeiros que intentaban acceder ao interior das instalacións de Leite Río e colocaron barricadas. Arredor das 13 horas, houbo cargas policiais nas que incluso se empregaron pelotas de goma. Os gandeiros fixeron pintadas no exterior da fábrica na que tildan de "ladrón" ao dono de Leite Río.

Os produtores acusan á empresa de Xesús Lence de baixar unilateralmente o prezo do leite sen xustificación para aumentar os beneficios empresarias a conta dos gandeiros. A tensión foi a máis nas últimas semanas logo de que varios produtores atacasen camións cisterna desta empresa e de que o empresario acusase veladamente a Unións Agrarias de estar detrás destas sabotaxes.

O sindicato sinalou que a situación en "insostíbel" e que o malestar entre os produtores non para de medrar. Por iso, Xavier Iglesias, dirixente de UU.AA. xa anunciou que haberá máis mobilizacións nas vindeiras semanas.


5/5 (11 votos)


Comentarios (3)

BonKarallan #1 22/Abril/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con tan malo leite que ten alguns (os que zoscan, por suposto) van correr ríos de leite.

Nas crises, os que teñen a tixola polo mango son os que menos perden.

XurxoMG #2 23/Abril/2008 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os labregos están facendo o que deben, e pararlle os pés ao chulo do Lence. Non sei cales foron os motivos para que o SLG non apoiase a marcha. Xa se saberá. Paréceme de cachondeo as declaracións do delegado de MEdio Rural en Lugo, dicindo que era a primeira vez en Galiza que a xente facía algo a cara tapada. Non sei se este home saíu da casa, mira a tele, escoita a radio... Supoño que será cousa do poder, que cega moito.
En fin, que os labregos teñen que estar aí porque lles obrigan, o mercado e as empresas, e teñen que loitar para asegurar un futuro, senón, xa sabe: emigración. E repítese isto tantas veces de boca pra fóra que nin se pensa non que implica nin se pensa tan sequera que segue a ser unha realidade do noso país.

ranciadas #3 23/Abril/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xurxo non me sexas tan superficial. Lence poderá ser "chulo" coma ti dis, pero aquí hai máis miolo do que se conta. Por unha banda, vaise contra unha consellaría do BNG, contra un delegado (Milucho) que dá mil voltas a certa xentuza que está detrás destas manifestacións (por chamarlle algo). Curiosamente as mobilizacións son só de Unións Agrarias (é dicir PSOE), e en contra está o SLG (BNG) e XXAA (PP). Non che dá que pensar. Hai unha mesa de negociación coa idea dun grupo lácteo galego e deixarse de tanta invasión de leite francés e agora os sociolistos de UUAA adícanse a esmagar oficinas, carros enxebres galegos e traer xente de Asturias e León coa cara tapada (moi ben dito) que non son nin gandeiros (posibelmente do naval) e dime o motivo?
Supoño que haberá untados a UUAA doutras empresas leiteiras estranxeiras. A quen non estou moi desatinado?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: