Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ano e medio despois da saída de Jove

Fadesa acelera o desmantelamento do seu negocio en Galiza

Traslada todos os directivos e prepara unha redución drástica do cadro de persoal no país. O comité de empresa organiza mobilizacións contra o proceso.

Redacción - 14:45 22/04/2008

Fadesa contaba con máis de 400 traballadores en Galiza cando en setembro de 2006 se coñeceu que o daquela presidente, Manuel Jove, chegaba a un acordo co empresario madrileño Fernando Martín para venderlle a súa participación na construtora coruñesa. Desde aquel momento, e malia que en diversos momentos os novos propietarios aseguraron que se mantiña o "compromiso con Galiza" e a sede social no país, o grupo iniciou unha rápida "desgaleguización".

Entre despedimentos e traslados, a sede galega da empresa conta na actualidade con pouco máis de 200 traballadores, a metade dos que contaba daquela e en pleno proceso de expansión. O novo plan fronte ao que reacciona agora o Comité de Empresa podería deixar o cadro en pouco máis dun cento de empregados. Non será até comezos de maio cando se coñezan os detalles, pero diante da falta de información que lles é trasladada, os traballadores temen un escenario pouco afagador.

Unha concentración abre o mércores as protestas
Para as 14h deste mércores o comité de empresa convocou unha concentración ás portas da empresa, unha primeira medida de protestas coa queren expresar a súa "oposición total" aos novos despedimentos proxectados pola inmobiliaria e ao "posíbel desmantelamento da súa sede n'A Coruña".

Nunha xuntanza recente na Inspección de Traballo con representantes da empresa, Martinsa-Fadesa admitiu que é probábel que o número de despedimentos vai superar os 74 que anunciara o pasado mes de novembro. Fermín García, presidente do comité de empresa, laiouse de que a empresa teime nesa estratexia de desmantelamento ao tempo que os seus números indican que "capea o temporal inmobiliario" sen excesivos problemas.

Bos números malia a desaceleración no sector
A empresa alcanzou no último ano un beneficio de 271 millóns, finalizando 2007 cun 11% máis de ganancias respecto aos números marcados durante o exercicio anterior. A actividade estritamente inmobiliaria é na actualidade o 95% do negocio do grupo empresarial. No seu balance, Martinsa-Fadesa sinala tamén o récord de pre-vendas realizadas, subliñando que a empresa asegura unha alta porcentaxe de ingresos para os próximos anos.

Ademais, en 2007, o 67% do negocio do grupo xa tivo lugar en mercados internacionais. Exemplo da aposta da empresa polos novos mercados inmobiliarios emerxentes foi algún dos proxectos máis ambiciosos que presentaba recentemente na feira inmobiliaria SIMA, onde anunciaba un xigantesco complexo residencial, integrado por máis de 7 mil vivendas, ademais de áreas comerciais, oficinas e hoteis. A curto prazo, e alén da media ducia de promocións residenciais no extranxeiro, Martinsa-Fadesa presentou até 20 promocións en diferentes puntos do Estado.


5/5 (2 votos)


Comentarios (8)

ecoe #1 22/Abril/2008 ecoe

I esta M.... Qué produce?!

Atlantico #2 22/Abril/2008 Atlantico

Cos cartos que gañou Jove coa venda de Fadesa fixose primeiro accionista do BBVA, o BBVA non veu para Galiza, pero Fadesa foise para Madrid. Un exemplo máis do pouco que mandamos.

BonKarallan #3 22/Abril/2008 BonKarallan

A ninguén lle estrañóu que Don Manuel...Jove vendese todas as súas accións de Fadesa antes da crise?

Antes da crise?

Non. Antes de que se fixese pública a crise. Pero el xa a coñecía.

E igualiño que Jesús Gil y Gil e igual de besta e de chourizo.

xavo #4 23/Abril/2008 xavo

Manuel Jove vendeu a súa empresa no momento apropiado e dando unha lección de anticipación impresionante. Saber tomar esa difícil decisión a tempo describe perfectamente ao empresario.

E agora, con todos eses cartos, está montando un novo xigante empresarial, que se chama Inveravante. Posiblemente xere riqueza e postos de traballo para moitos galegos.

Gaviotero #5 24/Abril/2008 Gaviotero

Hacen bien los de Fadesa. No tiene sentido estar en comunidades autónomas pueblerinas como Galicia dirigidas por un par de farsantes a los que único que les preocupa es enriquecerse. Al final, tendremos que irnos todos a Madrid y dejar aquí a los cuatro bloqueiros con sus vacas.

Gaviotero #6 24/Abril/2008 Gaviotero

Pues que os lo habéis creído...de aquí no nos marchamos ni con agua caliente.

ulo #7 25/Abril/2008 ulo

Xa falou a Esperanza Aguirre, o Rajoy o rei e demáis "gaivotas" españolas.
Ao que vou: Losada dimision por dignidade... non foi el que dixo que estaba moi ben que ollaran para A Coruña... si, para levarse os postos de traballo.
E de Touriño, qué: Martin garantiu os investimentos.
mais, e os seus aliados do BNG, que calan ante a desfeita. Preocupados por Salvamento Marítimo, por Tráfico, mais polos traballadores galegos, que lles dean. E non chegan con "declaracions contundentes", son necesarias accions, e unha moi boa seria: se non se fai nada, o BNG rompe os acordos co PSOE e lle deixa gobernar só, que para facer politica de dereitas xa se valen o PSOE e o PP. Mais, iso non vai acontecer, os cargos pesan moito.
E os do PP "g"... é dicer, a "gaviota", se Martin o de Martinsa é dos seus, que poden dicer... NADA.
Evindentemente aos traballadores e traballadoras galegas non nos representan ninguen... ou construimos o noso partido, ou o PP, o PSOE e o BNG seguirán ao de sempre, liortas por catro cartos máis ou menos.

Barcelos #8 27/Abril/2008 Barcelos

#4 Ou es un inxenuo ou pensas que os demais somos parvos.

"Saber tomar esa difícil??? decisión a tempo describe perfectamente ao ...CACIQUE"

Este señor destrúe máis postos de traballo en Galiza dos que crea. E comprou montes veciñais a alcaldes corruptos para construír urbanizacións.

Dígoo porque coñezo a xente que traballou con el. Debería estar no cárcere, cos Roca, Julián Muñoz...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: