Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VERSIÓN 8.04 XA PODE DESCARGARSE

O novo Ubuntu xa está aquí

Ofrécese de balde e inclúe tres anos de soporte técnico, e novidades como o software Wubi, que permite instalalo en equipos con windows sen facer particións.

Redacción - 19:30 24/04/2008

O novo Ubuntu ten unhas horas de vida, e nace cun nome en clave (Hardy Heron, que se pode traducir como garza rexa), e numerada co ano e mes do seu lanzamento. Ademais, o nome incorpora un apelido de tres letras: LTS, siglas en inglés de Soporte a Longo Prazo (Long Term Support), en referencia a que se garanten tres anos de asistencia (soporte técnico) para esa versión.

Para obtelo, quen aínda non sexa usuario de Ubuntu tan só teñen que entrar na web oficial e descargar un ficheiro (en formato .ISO e de 700 MB) que servirá para gravar o disco dende o que se pode probar o sistema e instalalo despois se así se desexa. Os usuarios que xa utilicen Ubuntu na súa versión anterior (7.10), poderán acceder pola súa banda á nova facendo clic no menú Sistema > Administración > Xestor de actualizacións do seu ordenador.

Entre as novas características incorporadas a esta distribución de Linux está o software Wubi, que permite instalar Ubuntu en calquera ordenador con Windows sen necesidade de borrar este sistema operativo nin realizar particións do disco duro. Con Wubi, Ubuntu pretende eliminar barreiras para os que queren probar o sistema por vez primeira. Entre os programas que inclúe 8.04 está a última versión en probas do navegador libre Firefox (beta 5), o gravador de CD e DVD Brasero e un novo cliente BitTorrent. Con todo, parece que será a versión 8.10 a que incorpore máis novidades.

Tamén están dispoñíbeis Kubuntu e Xubuntu. No caso de Kubuntu, pode escollerse a edición KDE 4 Remix, que inclúe a última versión do entorno de escritorio KDE.


Ligazóns

4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: