Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Cataluña

Máis de dous anos de cárcere para un mozo que quixo queimar unha bandeira española

A súa avogada recorreu ao Tribunal dos Dereitos Humanos de Estrasburgo despois de lles negar o Supremo un recurso interposto en 2005.

Redacción - 10:59 25/04/2008

Francesc Argemí, Franki, foi condenado en abril de 2005, acusado de ser o responsábel de darlles azos a un grupo de persoas para que queimasen unha bandeira española pendurada na Casa da Vila de Terrassa, e de ter causado desordes públicos e atentar contra a autoridade.

Os feitos acontecían no verán de 2002, durante un pasarrúas organizado contra a presenza da citada bandeira e máis da bandeira da UE no balcón consistorial, que foi reprimido por axentes da policía local. Meses máis tarde os policías denunciaron a dúas persoas como responsábeis de tentar despendurar a tea e de agredilos. A fiscalía fixo unha acusación inicial e pediu 3 anos e 6 meses de prisión. O caso seguiu adiante, mais só contra Francesc Argemí, após mudar os policías locais a súa versión. Lida a sentenza, a avogada de Franqui, Montserrat Salvadó, presentou un recurso ante o Tribunal Supremo.

Tres anos despois, a pasada sexta feira 18 de abril, sóubose que o Tribunal Supremo non admitía a trámite este recurso interposto en 2005, e a avogada de Argemí finalmente resolveu presentar outro recurso ante o Tribunal dos Dereitos Humanos de Estrasburgo.

Entrada en prisión inminente
A partir do momento no que reciba a notificación do Supremo, o Xulgado número 2 de Terrassa, pode executar a sentenza. Agora a xustiza ten vía libre para lle notificar a Francesc Argemí a súa data de entrada en prisión.

Esta quinta feira de tarde o colectivo Solidaritat Antirepressiva de Terrassa (SAT) organizou na vila unha concentración en solidariedade co mozo, e prepara xa outra para o 10 de maio que se desenvolvería en Barcelona, na Praza da Universidade, co apoio doutras organizacións catalás.


5/5 (12 votos)


Comentarios (6)

castelom #1 25/Abril/2008 castelom

Pois como dizia a página até agora: Sem comentários... embora nom poda calar a minha total solidariedade com o jovem.
Lume à bandeira espanhola, eu também lho dou.

casacu #2 25/Abril/2008 casacu

dous anos de carcere por queimar un trapo q ademais esta imposto polo governo español.solidaridade con franki. animo a xente q ande por barcelona nesa data q se achegue as protestas. temos q impedir esta gran inxustiza!!

xoselado #3 25/Abril/2008 xoselado

Estamos toleando,ou que?

ecoe #4 25/Abril/2008 ecoe

A XUSTIZA case sempre ausente dos tribunais e, sobre todo, do código civil DO PRISOE, MANUFACTURADO (o seu autor principal hoxe anda no Supremo) con total interese PUNITIVA

Atlantico #5 25/Abril/2008 Atlantico

Logo falan dos islamistas e do Corán.

Gaviotero #6 28/Abril/2008 Gaviotero

¡¡¡MUY BIEN!!! Los delincuentes, a la cárcel. En mi caso, como democráta y antinacionalista que soy, y valga la redundancia, estoy con la Ley y contra los delincuentes.

Por cierto, una bandera no es un trapo. Es una bandera. Un símbolo. Y los símbolos, se respetan.

Y nada, a seguir quemando banderas, que estáis mejor dentro de la cárcel que fuera.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: