Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONVENIO CO INSTITUTO CERVANTES

A Xunta apoiará a difusión da lingua castelá

Emilio Pérez Touriño asinou un 'acordo de intencións' coa entidade para fomentar a Aula Virtual de Español (AVE) en todo o mundo.

Redacción - 19:10 25/04/2008

O 'acordo de intencións' asinado pola Xunta e o Instituto Cervantes este venres, a través de Emilio Pérez Touriño e Carmen Caffarel, prevé reforzar a colaboración entre ambas as dúas institucións.

Por unha banda, a Xunta comprométese a apoiar a implantación e difusión da Aula Virtual de Español (AVE) para a aprendizaxe do español pola internet e animará ás empresas do país a patrocinar os programas do Cervantes. A cambio, o Cervantes afirma que ampliará os cursos de lingua galega, incentivará as exposicións e outras manifestacións culturais procedentes de Galiza e incrementará a presenza de libros en galego nas súas bibliotecas.

Así pois, os fondos públicos do Goberno servirán para promocionar o idioma castelán en todo o mundo e no propio Estado, Galiza incluída. A AVE é un entorno didáctico que ofrece cursos para aprender español por Internet, podéndose realizar estes cursos de forma presencial, semi-presencial e a distancia.

Touriño salientou en París que as sedes do Instituto Cervantes "son as mellores embaixadas da cultura española" e engadiu que transmiten con fidelidade "a realidade da España plural, da España unida e diversa, da España consciente de que a súa pluralidade lingüística e cultural é un dos seus maiores activos".

O Instituto Rosalía, máis lonxe?

A sinatura deste convenio, que tivo lugar este venres en París, a onde se desprazou Touriño para inaugurar unha exposición de 16 artistas plásticos galegos no Instituto Cervantes da cidade, parece afastar aínda máis a creación do Instituto Rosalía, cuxa función proxectada era a de difundir a lingua e cultura galegas no mundo.

A creación do Instituto Rosalía estaba prevista no acordo de goberno asinado por PSdeG-PSOE e BNG en 2005. Nese documento, considerado un 'contrato coa cidadanía' falábase da futura creación dunha institución para a promoción exterior da lingua e da cultura de Galiza (o Instituto Rosalía), que tería como función realizar outro dos obxectivos do programa de goberno: a difusión da realidade e especificidade galega no mundo, proxectando a personalidade internacional de Galiza e promovendo dun xeito especial a lingua e a cultura galega no exterior.


3,2/5 (20 votos)


Comentarios (14)

ranciadas #1 25/Abril/2008 ranciadas

Isto xa me parece intolerábel, non apoio o galego e agora dá cartos para o español.
Pero o BNG que fai? Que rache xa o acordo con estes sociolistos, é que xa cheira de máis a situación.

bandua83 #2 25/Abril/2008 bandua83

Como? Nin que o castelá lle fixera falta aumenta-la súa difusión!!

Albert #3 25/Abril/2008 Albert

Non hai nada mellor en que gasta-los cartos? Eu propoño unha mellor que o de que a Xunta fomente o español no mundo: gastar en transporte público. Xa vai sendo hora de que nas áreas metropolitanas poidamos acceder a trens de proximidades. Os que non temos carnet e vivimos nun pobo, temos moi limitado o noso desprazamento.

OBSERVADOR #4 25/Abril/2008 OBSERVADOR

Instituto Rosalia???? Era o que faltava...

subela #5 26/Abril/2008 subela

Está é a política lingüística do Psoe e do sr. Touriño, financiar o castelán, dirá que a cambio o Cervantes vai facer moitísimas cousas polo galego, e todos sabemos o que vai facer en realidade: velar pola súa desaparición. Mal Touriño, moi mal!!

Lidor #6 26/Abril/2008 Lidor

E que queres dicir, Observador?

pampeiro #7 26/Abril/2008 pampeiro

Sempre que teñamos en conta que o galego é a principal lingüa da Galiza,a verdadeira (e non outra) esencia do noso ser étnico;pois entón que a Xunta apoie ó castelán,ó inglés ou ó urdu se ten os cartos dabondo e de sobra.

sophia #8 26/Abril/2008 sophia

Pampeiro, o galego é a principal lingua do país, pero non compares o castelán co inglés, o inglés non está colonizando o noso país dende hai séculos, ou ti escoitas falar moito inglés por rúas e corredoiras?. Penso que non é comparabel, e que o castelán xa ten forza dabondo coma pra que se dea máis pulo. Dito isto, si que sería máis correcto apoiar ó ingles, que os nenos estudiano toda a vida e logo non saben falalo.

LOIS_DE_SILAN #9 26/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN

(http://novas.xunta.es/node/953...

O presidente da Xunta da Galiza debera ser consciente de que é o presidente da Xunta da Galiza e, daquela, de que ten a obriga de defender os intereses da Galiza.

Certamente, a Aula Virtual de Español (AVE) non é un sitio na rede de español, senón de castelán. Isto é, as outras linguas españolas están ausentes, a lingua galega está ausente como lingua que se poida aprender.

A AVE, daquela, évos inconstitucional. Non só por usar a expresión español no canto da de castelán senón, sobre todo, porque ó depender dun órgano do estado español (Ministerio de Asuntos Exteriores) común ás distintas comunidades lingüísticas españolas incorre en discriminación por mor de lingua (14 CE) ó ignorar todas as linguas españolas agás a castelá.

Sería ben coñecermos o contido do "acordo de intencións" asinado; mais, polo de agora, xa vos é evidente que o apoio á AVE é inconstitucional e, daquela, contrario ós intereses da Galiza.

Morcego #10 26/Abril/2008 Morcego

A Junta apoia a difusão da língua castelhana desde sempre, sobretudo na Galiza. Tem dado um forte contributo nesse sentido, pela ausência de uma política linguística séria, de forma a que torne o galego minimamente viável.

Galezio #11 26/Abril/2008 Galezio

É obviamente uma vergonha... Já sabemos que a Junta (Morcego) apoia sobretudo o castelhano e na Galiza ainda mais... mas agora com o BNG por meio eu pensava, mas pensava mal, que se não iam atrever a actos "falangistas"aos que o PSOE nos tem afeitos!!Enquanto se rejeitarem todas as línguas agás o castelhano este é um estado "castelhano" e castelhanista pelo tanto não é nosso! Luitemos por um Estado de todos, multinacional...E os que o desejarem, independente!!
http://lacomunidad.elpais.com/...

jujolor #12 26/Abril/2008 jujolor

agora o sr feijoo nom protestara ou si, mais algen poderiame esplicar que eh o idioma español.


SEMPRE EN GALIZA

Gaviotero #13 28/Abril/2008 Gaviotero

El castellano es la única lengua que los gallegos tienen el derecho y el DEBER de conocer según la legislación vigente.

Es, por tanto, la principal lengua de Galicia.

Lógico que la Xunta la promueva y defienda.

Tino #14 30/Abril/2008 Tino

Onte chovia en Ourense: unha vila onde praticamente o 100% dos nenos falan en castellano.
Unha nena cantaba: "Chove sen fin pero ti estás lonxe de min...,,

O Psoe e a CRTVG só buscan unha morte (in)digna para o galego e lavarse as mans.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: