A CIG alerta de que Presidencia "despedirá" empregados da limpeza para financiar tres cargos de libre designación.
A CIG alertou este venres de que a Consellaría de Presidencia "despedirá" traballadores da limpeza e de mantemento do Xulgado de Verín para financiar tres prazas de libre designación "para os amigos".
"Para crear tan só un deses postos non lles importa poñer de golpe na rúa 14 empregados da limpeza", censurou o sindicato nacionalista nun comunicado.
Neste senso, definiron o titular desta consellería, Xosé Luís Méndez Romeu, como o "Robin Hood inverso" porque "non ten en escrúpulos en roubarlles aos pobres para dárllelo aos ricos", e anunciaron concentracións de repulsa, ás que animan a acudir a outras centrais sindicais.
Ademais, convidaron con sorna o conselleiro socialista a que abandone a Xunta para unirse á presidenta da rexión autónoma española de Madrid, Esperanza Aguirre, "nun proxecto neoliberal consecuente coas políticas que se están a practicar no Goberno galego".
que lles importa a eles os demais con tal de sair eles ben cheos de tudo nom se paran coma conseguilo, lles da o mesmo a primeira medidas que adotan sempre e o soldo que eles conquiren mais nada lles importa.
el como ben tudos os dias e servido en prato quente.
pra cando realmente un goberno de compromiso cos menos desfavorecidos.
SEMPRE EN GALIZA
há tempo que o PSOE e, consequentemente as suas sucursais, perdérom o que tinham de S e de O. eu nom diria tanto como a CIG, porque o Mendez Romeu nom tem necessidade nengumha de ir para o PP. Já tem a casa feita.
Pregunta para a CIG: "QUE HAI DE LO MIO??", ou sexa, da recollida de sinaturas CONTRA O PLUS DE ALTOS CARGOS???
INSISTO: ¿CAL FOI A EVOLUCIÓN DA CONSIDERACIÓN E DA BELIXERANCIA DA CIG RESPECTO DO TEMA DO PLUS DE ALTOS CARGOS? ¿É UN PROBLEMA DE MEMORIA DE PEIXE, OU DE ESTRATEXIA PARA ACADAR MÁIS ALTOS FINS COMO A VERGOÑA DA CONSOLIDACIÓN MASIVA DE CURRANTES - E NON CURRANTES!!! NA ADMINISTRACIÓN AUTONOMICA?
RESPOSTAS NA WEB, NOS PANFLETOS, NOS TABLONS DE ANUNCIOS E MAIS EN VIEIROS, SI, GRAZAS ANTICIPADAS!!!