A banda destacara no pasado pola súa oposición á distribución de arquivos musicais na internet, como na súa demanda contra Napster.
Parece que o grupo estadounidense de heavy metal Metallica está a cambiar de opinión sobre o papel da internet na difusión da música. Despois de ter sido un dos impulsores da morte do portal de intercambio de arquivos Napster, no ano 2001, agora amósase favorábel a pendurar o seu vindeiro álbum na rede, visto o éxito acadado por Radiohead ou Trent Reznor.
Nunha entrevista concedida a Rolling Stone da que se fai eco Zeropaid, Lars Ulrich, batería do grupo, asegura que Metallica quere romper coa súa discográfica, Warner, e distribuír a súa música de xeito independente. A banda recoñece que os soportes físicos de audio están mortos e que a música dixital é o futuro, e se se pode vender a música directamente sen intermediarios, mellor.
Ai Lars Ulrich, Lars Ulrich, como tes a cabeciña... onde esté un CD con un libreto que cheire a novo. Inda esí comparar napster ca distribución vía internet aceptada e realizada polo propio grupo é un pouco daquela maneira.