Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO CONTEMPLA O ACORDO DE GOBERNO

Romeu bótase por diante de Medio Rural e anuncia a desaparición das fundacións comarcais

O conselleiro de Presidencia lembrou este luns que as fundacións "non cumpriron o obxectivo para o que se crearon".

Redacción - 18:50 28/04/2008

Que o bipartito non está conforme coa existencia das fundacións comarcais é algo que incluso quedou plasmado nos pactos de goberno. Tanto socialistas como nacionalistas criticaron no seu momento a decisión do PPdeG. E aínda que as competencias para a abolición deste ente son da Consellaría de Medio Rural, o conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, encargouse de dicir que as fundacións “non cumpriron o obxectivo para o que se crearon” e garantiu a súa desaparición. Porén, Romeu sinalou que o procedemento para a disolución ha de explicalo o conselleiro que ten competencias no asunto, Alfredo Suárez Canal.

A Consellaría de Medio Rural non quixo facer comentarios sobre as declaracións de Romeu. Porén, dende o departamento están dispostos a cumprir o acordo de goberno. A supresión das fundacións comarcais traducirase no cesamento automático dos traballadores.


2.25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: