Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En maio e xuño

Solidariedade e colaboración con 'Auga en Etiopía'

Compostela acolle até o 7 de xuño un proxecto multidisciplinar para mostrar á sociedade a situación na que se atopa o país africano.

Redacción - 09:00 29/04/2008

A ONG Implicadas no Desenvolvemento,organiza en Compostela unha campaña que, baixo o título de Auga en Etiopía, mostrará á sociedade a situación na que se atopa este país. O programa inclúe diferentes accións, que se realizarán durante os meses de maio e xuño, entre as que destacan actividades nos centros de ensino en colaboración con ADEGA, cursos de formación sobre a cooperación a desenvolvemento en Etiopía, proxeccións de documentais, charlas, exposicións e ciberaccións, entre outras iniciativas.

As actividades rematan o 7 de xuño con O camiño da auga, unha peregrinación simbólica dende a Porta do Camiño até a Praza da Quintana, na que participarán mulleres do mundo da política, cultura e o deporte galegos. Durante o traxecto cargarán cos colectores de auga que levan as mulleres en Etiopía como xesto de solidariedade e para facer ver a situación de precariedade na que viven, xa que se invitará á cidadanía a unirse á marcha.

Tras esta carreira, procederase á lectura do manifesto na praza da Quintana e á actuación do grupo etíope de danza contemporánea Adugna. Neste proxecto tamén colaboran ADEGA, o Concello de Santiago, o Servizo Galego de Igualdade, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellaría de Cultura.


Documentos

4.11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: