Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN

Rueda di que a Xunta leva gastados 7 millóns de euros en subirlle a moral a Touriño a golpe de enquisas

O secretario xeral do PPdeG acusa á Secretaría Xeral de Análise e Proxección de manipular os estudos sobre a opinión da cidadanía.

Redacción - 18:28 02/05/2008
Tags:

A reacción do PPdeG á última enquisa publicada pola Xunta sobre o clima social de Galiza non se fixo esperar. O secretario xeral da formación conservadora considera que a Secretaría Xeral de Análise e Proxección, que dirixe Xosé Manuel Rivera Otero, se dedica a “fabricar un estudo de opinión para que estea contento Touriño”.

Rueda asegura que o presidente malgastou máis de sete millóns de euros en tres anos nesta secretaría. O secretario xeral dos conservadores considera que é un despropósito estas partidas para uns estudos que dixo que “están debidamente manipulados” e que son unha fraude para a cidadanía.


5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

Dogma #1 3/Maio/2008 Dogma

Bueno polo menos non dí canto gastaron eles, pero o certo é que o que a eles lles importa non é precisamente os 7 M, se non o que dí a enquisa, que é para coller depresion de cabalo Feijo.
Dos tres partidos politicos con presenza no parlamento, el é o unico lider que non chega ó 5, de feito non chega ao 4.5.
De seguir así a tendencia, (vendo oresultado das ultimas eleccions) dende logo vais a quedar moi lonxe da presidencia, e xa sabemos como son os de dereita... se non gaño que me contrate telefonica, e se non gaña temos que cortarlle a cabeza o lider e presentar outro....

Coma se ve un panorama para un pepiño coma Feijo (lider posto a dedo, e coa exclusión do sector mais galeguista do PP en Galicia) moi fodido.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: