Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quintana reprocha a estratexia do PPdeG

"É insólito que un partido reprenda os seus alcaldes por asinar un acordo"

"A xente quere colaboración", subliña o vicepresidente da Xunta, despois de que a dirección do PPdeG criticase a adhesión ao consorcio de concellos gobernados por rexedores populares.

Redacción - 14:45 03/05/2008

"Esta é a primeira vez que se insulta a un alto responsábel da Xunta por estabelecer acordos cos concellos beneficiosos para os veciños", ironizaban este venres desde a Vicepresidencia da Xunta. Desde este departamento lémbranlle á dirección do PPdeG que os alcaldes piden que o Goberno asuma a xestión das escolas infantís "porque non poden mantelas cos seus recursos" e rexeitan as acusacións de "chantaxe" realizadas polo secretario xeral dos populares, Afonso Rueda.

"É moi gratificante que no Consorcio haxa alcaldes de todos os signos políticos", engaden desde vicepresidencia, advertíndolle ao PpdeG que a mensaxe que está lanzando á sociedade "é que Feijoo e a dirección do PP van facer todo o posíbel para que os seus alcaldes non cheguen a acordos coa Xunta".

Sobre o mesmo asunto, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, opinaba este sábado que "o PP perdeu o rumbo" e criticaba que o PP reunise alcaldes "para reprocharlles que cheguen a acordos coa Xunta, cando o que debería facer é felicitalos por seren capaces de conseguir acordos beneficios para os seus municipios".

O PP interpreta que hai "ameaza de asfixia económica" aos concellos
Na mesma semana en que diversos rexedores do PPdeG participaban nun acto conxunto de integración das súas escolas municipais á rede de galescolas, a dirección do partido requiriunos para acompañar unha conferencia de prensa onde o secretario xeral do partido tomou a palabra para asegurar que tal adhesión fora un exemplo de "coación" aos Concellos.

"A adhesión ao Consorcio está a facerse baixo ameaza de asfixia económica", teimou Rueda, "desde que o bipartito chegou ao poder estableceuse unha nova relación cos concellos; unha relación de coacción, chantaxe e abuso de poder", asegurou o dirixente do PPdeG.

Alcaldes "como arma de confrontación"
"Resulta triste ver a uns alcaldes que se deixan tratar como menores de idade ou incapaces pola dirección do seu partido", laiábase este sábado o secretario de Acción Municipal do BNG, Roberto Mera, analizando este episodio.

Mera, para quen o acto do PPdeG este venres é un "bochornoso e lamentábel espectáculo", reflexiona que "hai un claro problema interno no PP se por unha banda os alcaldes, pensando nos intereses dos veciños, chegan a acordos coa Xunta positivos para o seu concello e se negan a seguir a estratexia da crispación e o enfrontamento dictada por Feijoo". Xa que logo, na súa opinión, a estratexia despregada polo PpdeG esta semana "ademais de deixar en ridículo a oito alcaldes", tentaría enviarlles recado ao conxunto de rexedores do PPdeG para imporlles que "as alcaldías do PP deben ser utilizadas como arma de confrontación co Goberno no canto de para chegar a acordos beneficiosos para os veciños”.


4,92/5 (13 votos)


Comentarios (7)

Dogma #1 3/Maio/2008 Dogma

Mirade, eu vos vivo en Vilanova de arousa, un concello tan empeñado que se Fraga non lle dera un credito especial co galo de compensar a división do concello coa illa de arousa, seguramente o alcalde tería que velas cun xuiz a causa de unha malxestión dos presupostos mais que evidente.
O servizo de guardería, aqui deixarono despois de que unhas profesionais o puxeran a funcionar coma é debido en mans dunha parente do alcalde (xestión privada por suposto empregando medios da alcaldia , que menos). Asi que as prazas as pagamos ou ben os que teñen fillos ou ben todos os do concello a pesar de que o mesmo está empeñado asta as orellas.
¿Pensades que o concello vai a facer algo por poñela dentro das guarderias do cnvenio das Galego escolas?
¿pensades que van a quitarlle o negocio a familia do alcalde?
¿pensades que van a cambiar o discurso que leban dende que entrou a xunta de que aqui andamos discriminados?...
Se o Louzan e presidente da deputanción gracias a quen todos sabemos e uns cantos mais coma Nene Barral e Terito Otero ambos relacionados co contrabando e... algo mais... e ao lado de Lozan ¿quen anda?.. si o irman do meu alcalde....

..... O que se deberia facer é poñer as cartas sobre a mesa, e a min pareceme impresentable o xeito de axudas que tiña o PP que subencionaba a quen queria e canto eles querian segun a cor politica... ESO SI ERA ESTRANGULAMENTO, e agora que se firman convnios e plantanse as escolas cun custe para os concellos que sabese dende o inicio e para todos os concellos igual, (sen mirar cores politicas), non o queren ¿PORQUE SERÁ? terán todos estes concellos a familiares nas guarderías????... e que non vaian por ahi decindo que as galegoescolas son para labar o cerebro aos nenos pequenos para que voten no futuro ao BNG.. ¿quen se lle pon a falar de politica a un neno de 1 a 3 anos???? porque xa houbo algún listillo da orbitra dos "PP TERTULIANOS" que o teñen soltado por ahi.

Sabrexo #2 3/Maio/2008 Sabrexo

Lévaa clara ao PP se pensa que aos galegos nos importa moito que as galescolas ou as residencias de maiores as xestione a Xunta ou ou o alcalde cacique que corresponde. De feito, seguro que a maioría preferimos que o xestione a Xunta. Que sigan dando estas batallas, que tantos votos lle van dar...

manhoca #3 3/Maio/2008 manhoca

Alfonso Rueda e Feijooooh son "PePe Gotera y Otilio"chapuzas a domicilio!!!

Galezio #4 3/Maio/2008 Galezio

Mas que bem o estou a passar com os PePeros, nomeadamente morando em Madrid, havia que os ver antes das eleições, com que "chuleria" falavam em alta voz nos bares desta capital "direitosa" dos problemas, do que espanha se rompia,de que o ZP tinha todas as pestes, e além, matara a Manolete!!E agora estão mudos,o El Mundo despotrica contra o Rajoy, a COPE blasfémia contra tudo e todos!! Vivam as liortas no PP!!

Carlinhos #5 4/Maio/2008 Carlinhos

Cuido que as liortas no PP nom nos ham solucionar muito.
Em que concordamos os simpactizantes ou militantes de PS(deG?), PC(G??), PNG, EN, MpolaB, UPG, FPG, NÓS-UP, AMI..?

Tino #6 5/Maio/2008 Tino

Carlinhos, sen ánimo de crispar: é q eses partidos están formados cada un por unha persoa? Como se van por de acordo?

Carlinhos #7 5/Maio/2008 Carlinhos

Tino, o que pretendo transmitir é a falta de uniom, a falta de criaçom de espaços comuns na esquerda nacional, umha excessiva desconfiança, mesmo sectarismo, que nos impedem novos projectos mobilizaçom social como NUNCA MÁIS; do que a coesionada direita espanhola, os predicadores do fascismo social, máis unidos e com máis médios, continuam a "ladrar o seu rancor polas esquinas". Falo apenas de pôr os médios para a criaçom dumha verdadeira sociedade civil galega na que sejamos capaz de diferenciar quando é necessário o enfrentamento para apanharmos quotas de poder ou quatro votos e quando unirmo-nos e contribuírmos à construçom dumha massa social galega antifascista.
Saúde.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: