Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con 82 anos de idade

Falece o ex presidente do goberno español Leopoldo Calvo Sotelo

Escollido polo Congreso despois da dimisión de Adolfo Suárez. O seu mandato estivera marcado pola decisión da entrada na OTAN.

Redacción - 15:00 03/05/2008

É o único dos presidentes do executivo español que até o de agora foi elixido sen pasar polas urnas, xa que accedeu ao cargo en 1981 despois da dimisión de Adolfo Suárez. Durante a primeira votación da súa investidura produciuse o episodio do intento de golpe de Estado do 23-F.

Leopoldo Calvo Sotelo gobernou apenas un ano e medio, até outubro de 1982, cando o PSOE gañou as eleccións xerais daquel ano por maioría absoluta. Foi deputado catro anos máis. En 2002, a monarquía concedéralle o título de "marqués de Ribadeo".

O fillo maior de Leopoldo Calvo Sotelo informou a Europa Press de que o enterro terá lugar en Ribadeo.


1,29/5 (7 votos)


Comentarios (8)

Carlinhos #1 4/Maio/2008 Carlinhos

Marqués de Ribadeu e Grande de Espanha...
Descanse em paz...

Sabrexo #2 4/Maio/2008 Sabrexo

Condolencias para a súa familia, mais o que non pode ser é que pretendan presentar como heroes da "Transición" aos tardofranquistas que souberon abandonar o barco no momento oportuno e non a toda a xente que foi represaliada.

ranciadas #3 4/Maio/2008 ranciadas

A nova ESTÁ MAL, non era "*marqués de Ribadeo", señores de Vieiros, senón "marqués da RÍA DE RIBADEO", que é moi distinto. A ver se nos informamos un pouco e non cometemos este tipo de erros.

ecoe #5 4/Maio/2008 ecoe

Quen o escolleu entre os diputados foi o mesmo Réxime, para levar adiante a "certa" involución do autogolpe do 23F!

sophia #6 5/Maio/2008 sophia

Como galega síntome algo avergoñada de que algúns "próceres" da ditadura naceran nesta terra: Calvo Sotelo, Fraga, o mesmo Franco...nin tod@s- somos así nin temos as súas ideas. E pregúntome tamén porque foi Garzón tentar procesuar a Pinochet cando aquí non se xulgou a ninguén do franquismo, coma toda esta xente, logo a tele, eses días dicía que "Chile era unha democracia vixiada", e logo España non?, non temos en Madrid ó mesmo sucesor do ditador, o Rei de España?.

nelbrandam #7 5/Maio/2008 nelbrandam

Que descanse en paz, o sobriño do seu tio.

mceleiro #8 5/Maio/2008 mceleiro

Herejes!Ateos!Antiespañoles!

Se era um grande demócrata (de toda la vida), tinha um grande sentido do humor e até uma sobrinha progre...

Gentes de Ribadeo, sentidlo como vuestro y llorad por él!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: