"Aínda que sexa un acordo maioritario, a lei concédelle ao alcalde esa potestade e eu non vou declinar dela", di o rexedor lucense.
O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, confirmou que será el quen elixa os pedáneos porque é unha potestade que "a lei lle concede ao alcalde e eu non vou declinar dela". Foi durante o debate plenario deste luns, que durou máis de cinco horas, coas protestas de fondo dun cento de policías locais diante da casa consistorial.
O Pleno municipal aprobara en novembro unha proposta de BNG e de PPdeG para que antes deste mes de xuño tivesen lugar eleccións e que os representantes das parroquias rurais fosen elixidos democraticamente, tal e como ocorreu no mandato 1999-2003, cando o PSdeG gobernaba en coalición cos nacionalistas.
"Aínda que sexa un acordo maioritario non me sinto obrigado a cumprilo", afirmara Orozco daquelas, e emprazou aos dúas forzas da oposición a recorrer nos tribunais para solucionar "este conflito administrativo". Porén, o voceiro municipal do BNG, Xosé Anxo Lage, xa anunciou que os nacionalistas non van acudir aos tribunais para dirimir sobre unha cuestión "propia da democracia"..
Normas do Hábitat: "En contra dun decreto asinado por Touriño"
Por outra banda, o pleno aprobou cos votos dos concelleiros socialistas unha moción en que solicitan que se "abra un período de diálogo" coa Fegamp para "modificar determinados aspectos" das Normas do Hábitat. O BNG votou en contra e o PPdeG abstívose.
Neste senso, os nacionalistas cualificaron este martes de "insólito" e de "inaudito" que o PSdeG de Lugo votase "en contra dun decreto asinado polo presidente da Xunta", Emilio Pérez Touriño.
Aí, aí, don Orozco, que vostede é o que manda. A ver o que din os cidadáns nas urnas, que antes das eleccións non lle puideron ver a faceta de Mr. Hyde.
Quen lle teme a democracia non é un demócrata. O PSOE debería expulsar a este dictador das suas filas antes de que acabemos creendo que todos eles son iguales.
O dito, os falangista do PSOE ainda seguem mandando!!
http://bvg.udc...
Xa o dixo Paco Vázquez: "López Orozco é o mellor alcalde de Galiza"...perdón, (ler con profundo e renegado sotaque galego)"López Orozco vos es el mejor alcalde que de Galicia". Pois vindo o comentario dun amante da democracia coma o Papa II e cuestión de fe pensar que este señor alcalde é un real demócrata. So agardo que os cidadáns de Lugo o poñan no seu sitio nas vindeiras eleccións.
Vaia tropa ten o PSOE por lugo Orozco e o artista do meu alcalde de Monterroso o señor Antonio Gato (poravoz na diputación por certo). Son uns caciques puros e duros. O señor Antonio encargouse de crear asociacións e entes pantasma (que so se sabe da sua existencia porque saen no rexistro do concello) para tentar controlar aos representates das entidades culturais, deportivas, ... cando se dispoña dos cartos que se van destinar ao plan AGADER para o desenvolvemento rural.
O que fan estes con eses cartos e invertilos en crear postos de traballo inútiles cos que se mercan votos e favores, desperdiciando así a oportunidade que temos de apoiar bos proxectos que creen postos de traballo na zona para beneficio propio, son uns traidores do meu país, traidores de Galiza e uns misarábeis.
PACOLALALÁ
ORROROZCO
CARLITOS FERNANDEZ PATALETAS...
Vaia recua de independentes-dependentes das plusvalías q dá o tixolo che ten este PPSOE.
De novo Orozco arremete contra a "soberania popular" e pasase polo forro as decisións plenarias.
Terá dereito por lei a facer o que quereneste tema. máis el sabe que ética e moralmente non é así.
Así é Orozco e o PSOE, como dirían os Tonechos : Xente falsa.
Cando lles deixan son como os do PP. Igualiños. Prometeron que os pedáneos, pezas claves na actuación caciquil do PP, ían ser elixidos democraticamente e agora resulta que son nomeados a dedo para empregalos como axentes electorais. Ti si que sabes Orozco.
Segundo a ediçom impressa de l-v de hoje, o Concelho de Lugo contratou umha "conhecida vidente para que ministre um curso sobre filtros de amor e interpretaçom dos sonhos".
Pois acho provável que esta senhora, Carmen de Foz, seja tamém a principal assessora do alcalde.
Se vos ve el plumero, nenitos....
Que o investiguem, que o investiguem, que leva já muitos anos com "bussiness" com "eminências" da Confederação de Empresários de Lugo , casualmente do sector imobiliário. Normas del hábitat a mi....!!!
A este, ao Ricardo Varela e ao Pepinho Blanco o que lhes faz falta é um bom juiz. Se o houvesse igual tinham que sair por patas com imunidade diplomática como um da Crunha que todos sabemos.
Cacharro ao lado deste é um santo. Isso sim, te tiene una cara de bonachón y te habla de bien...
E aos peideiros tamén.