O Goberno confía en que o executivo estatal leve o caso ao Tribunal de Xustiza coa fin de manter o tributo.
Dende Bruxelas solicitáronlle ao Estado unha vez máis que se retire o chamado céntimo sanitario, unha taxa estatal cun tramo para a aplicación a nivel autonómico, que grava os carburantes vendidos nas gasolineiras e que axuda a financiar a sanidade.
As autoridades europeas entenden que a taxa "vulnera a lexislación comunitaria". Os impostos especiais sobre hidrocarburos están harmonizados a nivel comunitario e a normativa europea prevé tamén a posibilidade de que os produtos que están suxeitos a impostos especiais estean gravados ademais por outros impostos indirectos de finalidade específica. O céntimo sanitario non cumpre, segundo a Comisión, as condicións que esixe a lexislación, xa que non ten unha "finalidade específica", senón que é "orzamentaria".
O segundo aviso da UE
Segundo os orzamentos da Xunta para 2008, as arcas galegas recadarán este ano 60,3 millóns do tramo estatal do imposto e máis de 35,8 do tramo autonómico, co que, de eliminarse, deixaría de recibir 96,1 millóns de euros. A recadación destínase integramente para financiar a sanidade.
O goberno español sitúa este gravame en 2,4 céntimos por litro de gasolina e de gasóleo de uso xeral; en 0,6 céntimos por litro de gasóleos de usos especiais e de calefacción; en 2,4 céntimos por litro de queroseno de uso xeral; e nun euro por tonelada de fueloil. No caso da Xunta, os gravames son os mesmos, agás no gasóleo de uso xeral, que se rebaixa a 1,2 céntimos por litro. Tampouco aplica o imposto aos gasóleos de usos especiais e de calefacción.
Desde a consellaría de Economía explican que, despois de contactar ao respecto co ministerio de Economía, a Xunta confía en que o goberno español vai presentar alegacións á decisión da Comisión Europea. Desde Facenda tamén sosteñen a legalidade da taxa e confían en que se atope unha solución ao conflito. Atendendo á decisión da Comisión Europea, que se pronuncia por segunda vez ao respecto, o caso chegaría de seu ao Tribunal de Xustiza nun prazo de dous meses de non tomar ningunha decisión ao respecto o goberno español.
POIS Q OS DEVOLVAN A QUEN OS PAGAMOS
Como se vai financiar a Sanidade? Pois coa débeda q o Estado ten desde as nefastas negociacións do PP na transferencia desa competencia.
Segundo o último informe do BNG existe un diferencial 5 millóns de euros no exercicio de 2005 q o Estado se embolsa grazas aos impostos dos galegos. Se multiplicamos todos os anos q lle levamos encendo o peto a Madri, ben nos poden devolver esa pasta.
É umha verdadeira vergonha que o governo galego, supostamente de esquerda, defenda essa taxa, claramente injusta, que grava as economias mais modestas, em vez de exigirem o que nos corresponde, a dívida histórica e o financiamento da saúde pública via impostos directos.
A sanidade nom é nengum negócio que tenham que pagar os trabalhadores, senhores e senhoras do PSOE e BNG. É um direito.