Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
WEBBY AWARDS

Premio para as setenta mellores webs do ano

Os coñecidos como Oscars da internet chegaron á edición número 12 cun dominio das páxinas en Flash.

Redacción - 19:25 07/05/2008
Web premiada na categoría de deseño estético

Web premiada na categoría de deseño estético

Por duodécimo ano, a Academia internacional das artes e das ciencias dixitais fixo pública a listaxe de gañadores dos premios Webby, coñecidos como os Oscar da web e, coma eles, centrados fundamentalmente na internet anglosaxoa. En total, distinguíronse 70 categorías con cinco finalistas cada unha, dos que un recibiu o Webby e outro mais o recoñecemento do público.

Aínda que a listaxe é moi longa, pódese salientar o premio recibido polo navegador Flock no apartado de redes sociais, a web de conferencias de persoeiros TED o mellor podcast, o blog PostSecret como a mellor achega artística na rede, National Geographic como mellor revista e Checkland Kindleysides ao mellor deseño estético. En calquera caso, as webs que fan uso da tecnoloxía Flash amosaron un dominio esmagador.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: