Vicepresidencia envioulle unha misiva aos rexedores que tildaran de “chantaxe” os convenios para as escolas infantís.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, revelou este mércores que o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, enviou o pasado luns unha carta a alcaldes de oito municipios gobernados polos conservadores na que dan por rematados os convenios subscritos co Consorcio Galego de Servizos Sociais. Na misiva, que lle chegou aos rexedores de Antas do Ulla, Lousame, Vilamartín de Valdeorras, As Neves, Muíños, O Pino, O Rosal e Riós, considera que as fortes críticas que estes munícipes dirixiron a semana pasada contra o modelo consorciado invalidan o acordo. Os alcaldes, que asinaran o documento coa Xunta, consideraban que non se lles deixaba outra alternativa e tildaron de "chantaxe" as políticas de Vicepresidencia.
Na carta, Quintana mostra o seu desagrado polas declaracións dos rexedores (que incluso chegaron a comparar coa “mafia siciliana” o comportamento de Vicepresidencia). Logo de criticar “as cualificiacións insultantes que a min non se me ocorrerían en ningún caso utilizar contigo”, Quintana defende o seu modelo de relación institucional que “intenta establecer novos modelos que superen as dependencias e tutelas do pasado”. Dito isto, o vicepresidente subliña que, vistas as declaracións nos medios, considera que os alcaldes se desvinculan dos acordos asinados no mes de abril.
Como alternativa, Quintana oferécelle aos alcaldes a posibilidade de volver ao modelo da anterior Xunta: “tes o meu compromiso de que darei instrucións para que o montante global das axudas a recibir dende este departamento teñan como referencia o percibido polo teu concello para mantemento de programas de servizos sociais e de educación infantil do ano 2005, máis as actualizacións de incremento de prezos dende entón”.
Rueda acusa a Quintana de non permitir “discrepar democraticamente”
Alfonso Rueda aproveitou a carta para acusar ao vicepresidente de funcionar “a base de avisos a navegantes” e pediu que manteña o dereito dos alcaldes a “discrepar democraticamente”. Segundo Rueda, os alcaldes subscribiron o convenio pero tamén quixeron expresar publicamente que podía haber outros xeitos de colaboración en materia de políticas sociais. Os conservadores, que xa anunciaron que ían levar o asunto ao Parlamento, consideran que a actitude de Quintana se debe a unha “quenta”
Pero non era o que querían eses alcaldes? Se foi xusto o que pediron na rolda de prensa tres días despois de asinaren voluntariamente o convenio?
Creo que no fondo está Quintana moi acertado. Só teño a dúbida se esas son as formas. De todos os xeitos, a actitude dos alcaldes é simplemente escandalosa. Eles forman parte do consorcio, asinan, teñen voz e voto e logo dedícanse a torpedear. Terían galescolas e centros de día co seu propio partido?
"El Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Antas de Ulla" así é o encabezamento da carta enviada a Quintana polo alcalde de Antas de Ulla-sen comentarios-
Sabedes o que estamos a ver ultimamente? PSOE e PP a torpedear sem disimulo as políticas de progresso do BNG. Aquí o que quer fazer algo sofre.
E os que non votamos polos Alcaldes-Presidentes ou sabelotodo qué temos que facer ante o espectáculo que están dando ? Para min son os caciques dos século XXI manipulados e dirixidos polos señoritos de sempre.
GALESCOLAS: http://www.agal-gz.org/blogues...
Non é serio o que fai Quintana tampouco. Por un calentón, de repente manda unha carta rescindindo os convenios asinados, cousa da que ademáis, dubido da súa legalidade. Os principais perxudicados, os pais que agora non poderán levar os nenos ás galescolas. E o galego, claro. Na acción política, hai que soportar as críticas, o importante é que as galescolas ían adiante, e agora xa non. Iso é unha merda. Pésimo Quintana. Caprichoso
Xa ía sendo hora de que o BNG dese un golpiño na mesa. E digo golpiño porque a decisión me parece un pouquiño light pois, pola mesma regra de tres, sería necesarió rescindir acordos con moitos concellos do PSOE.
Alecrin o de "El Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Antas de Ulla" é a forma que hai que utilizar nos documentos oficiais ;)
Concordo con Xos. Aínda que se dediquen a torpedear (que seguro que si), agora Quintana ten que actuar como xestor dunha importantísima área de goberno como é Benestar Social,e iso non pasa por anular unilateralmente ese convenio de súpeto. O labor de Quintana agora mesmo é a creación e afianzamento dunha rede moderna de servizos sociais -e parecía dar bos pasos nese camiño, cousa que agora dubido- e non anulala porque teñan un comportamento penoso. mAl que lle pese, agora non está a facer política de partido, senón desenvolvmento un posto clave no executivo galego (aliado ao PSOE, ademais). Efectivamente, tal e como dicía Xos, quen o vai pagar serán os pais e os/as nenos/as deses sitios, porque está claro que se o goberno autónomo non axuda aos concellos, estes non teñen orzamentos hoxe por hoxe para manter en condicións determinados servizos (cousa que non debía ser así, atendendo ás competencias recoñecidas á Administración Local, pero é o que hai). Hai que recordar que se goberna para todo o mundo, e non só para os afíns (diso fomos cheos antes de 2004, non?)
Eu releendo o que é o documento, non o podo considerar unha anulación de acordo, se non mais ven unha modificación de condicions, posto que en virtude do mesmo acordo en vez de funcionar como galegoescola polo que podo ver, pasase a dar (coma se indica) as axudas anteriores, tendo o concello que lebar acabo toda a xestion e os custes que conleban (un paso atras dos concellos por defender o indefendible), pero a alcaldes papans..
Pois a min parece-me noxenta a postura do Vice. Imaxinen que os Reitores das tres universidades asinasen un convenio para algo coa Xunta e, despois, en rolda de prensa, declarasen que son poucos cartos, que a Xunta non apoia a investigación, etc, etc, e que o ou a responsable política de turno tomase a decisión de lles rescindir o convenio.
Ademáis, no hai que esquecer que Quintana dixo que quere xestionar, él, o 30% dos orzamentos dos concellos (novo centralismo, nacional-popular, pero centralismo). E, disculpen, esta postura de Quintana lembra-me a frase gloriosa de Manolo Frago: "Eu teño os cartos".