O PP oponse á proposta do vicepresidente e o PSdeG nin sequera acudiu á reunión.
Malia a posición de socialistas e populares, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, sostivo este xoves que a proposta para a reforma da comisión bilateral Xunta-goberno español é "lexítima e irrenunciábel" e insistiu en que lla presentará "no seu momento" á ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, quen esta mesma semana xa se pronunciou en contra das modificacións propostas.
Quintana dixo entender que non sexa unha cuestión "prioritaria" para o executivo de José Luis Rodríguez Zapatero, pero advertiu de que agardará o "momento político axeitado", para tratar de negociala. "En Madrid cambian moi doadamente do non ao si e viceversa", ironizou o vicepresidente, que considera que a modificación nas "circunstancias políticas" poderá facilitar que a medio prazo saia adiante esta iniciativa. Recordou ao fío o desbloqueo dun paquete competencial cando hai uns meses foran necesarios os votos dos deputados do BNG para evitar a petición de cesamento da ministra de Fomento, Magdalena Álvarez.
Por outra parte, Anxo Quintana explicou que para afrontar a modificación non é necesario nin un acordo parlamentario nin dos gobernos español ou galego, polo que asegurou que a reforma non interferiría "nin perturbaría" as actuais relacións nin os traspasos pendentes. Así, reiterou que lograr unha relación "de ti a ti" co goberno español "é a esencia do autogoberno". "Aínda non lle escoitei a ninguén dicir que iso sexa malo para Galiza", insistiu.
Quintana laiouse de que o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, non acudise á xuntanza, e agradeceu a participación do PPdeG, destacando a proposta realizada por esta formación para afondar nas posibilidades de que a comisión reformada faga un seguimento das infraestruturas. Ao respecto, o voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruiz Rivas, expresou ante os medios o seu rexeitamento á proposta global, e subliñou a posición contraria do seu grupo sobre a posibilidade de que a comisión aborde o financiamento autonómico, porque prevé que, "de ser así, será prexudicial para Galiza".
Elena Salgado: Menestra en Madrí q se gava de ser galega cando ven de vacacións e de paparota, coma todos os politicuchos q nos ,,representan".
E do sr Ruiz q dicir: q en Ribeira chámanlle Ruisiño (é dicir, q dá a risa).
As diferenzas reais entre PP e PSOE son cada día máis excasas, aínda peor despois deste movemento á dereita feita por Zapatero logo da vitoria electoral e da crise do PP.
Pero cales son as diferenzas entre un e outro neste caso? Pois a semellenza é que os dous, pese a que non saben porque, din que
NON, coma sempre. Pero a diferenza, neste caso fala a favor do PP, e que o PSOE non quere nin escoitar, non vai nin a xuntanzas e o PP polo menos fixo o traballo de ir. Señor Rego actitude democrática = pendente para setembro
Hai que aparentar que somos unha nación de primeira, usando o máis que gastado símil futboleiro, xa que a maior parte do votante do bloque é masculino. Pragmatismo.
Falando en serio: Estamos nun estado das autonomías bastante deficiente, onde se poden inda transferir máis competencias, reforma-lo senado como cámara territorial, etc. A bilateralidade sería o "café para todos" a curto prazo, enfarragando as labores de goberno e retrasando a reforma territorial. Iso é o que comezou Cataluña e agora está en vía morta, por ceder á demagoxia en Cataluña hai un estatuto que non se aplica e un anticatalanismo estendido por todo o estado. Paso a paso faise o camiño, ás carreiras acaba un perdido e buscando o camiño de volta. O sometido pobo xudeu creou un reino do máis aló e o galego plaxia a nación catalana? Sexamos máis orixinais.
Estivo ben sacarlle os colores ao PSOE, pero hai que construír a autonomía, que inda nos queda.