Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"Mobilízate pola lingua"

Chiki friki do galego e papagaios

Até o próximo mércores segue aberto o concurso de vídeos d'A Mesa en Lugo. Na bitácora do colectivo poden ver algunhas das pezas recibidas.

Redacción - 09:00 09/05/2008

Aberto a mozas e mozos de "até noventa e nove anos", o concurso "Mobilízate pola lingua. Polo dereito a vivirmos en galego", organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística da Zona de Lugo, permanece aínda aberto. O obxectivo é fomentar entre a mocidade actividades que chamen a reflexión" sobre a dificultade de vivirmos plenamente exercendo os nosos dereitos lingüísticos como galegos".

Así, até o mércores 14 poden enviarse vídeos que recollan situacións reais ou dramatizadas "que expresen as dificultades que a cidadanía galega se pode atopar para empregar con normalidade o idioma galego nos distintos eidos cotiáns da vida: no ensino, nas administracións públicas, nos hospitais, nos xornais, na empresa privada, etc". O único requirimento é que as pezas non poderán pasar de dous minutos de duración.

A entrega de premios será o xoves 15, nunha festa que se celebrará desde as 20h no salón de actos da Deputación de Lugo. Aló actuarán Pepa Yáñez e membros dos grupos Dios k t Crew e Os Festicultores. Ademais, proxectaránse todas as curtas recibidas e os videos gañadores.

Ademais de consultar as bases polo miúdo, na bitácora d'A Mesa en Lugo poden ver exemplo de videocreacións recibidas, como son as brincadeiras Como está o mundo, don Ángel ou o Chiki friki do galego.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: