Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Programa de intercambio cultural

Gondomar, Meira e Nigrán 'parlan' catalán

Unha vintena de estudantes de secundaria galegos aprenden a lingua de Cataluña, e outros 150 cataláns estudan a do noso país.

Redacción - 18:57 13/05/2008

Uns 150 alumnos de ensino secundario de Cataluña estudan a lingua e a cultura do noso país nos seus centros, á vez que unha vintena de estudantes do IES Pedregal, en Meira, e do IES Augas de Laxe, en Gondomar (Vigo), aprenden o catalán.

Trátase do proxecto Galauda unha iniciativa posta en marcha en 1999, ao que está previsto se una no vindeiro curso o IES Escolas Proval de Nigrán, tamén na comarca de Vigo.

A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recibiron este martes a un grupo de 64 alumnos cataláns -algúns deles descendentes de galegos- no marco deste proxecto en que tamén colabora Vicepresidencia.

Na actualidade, uns 150 alumnos de media ducia de institutos cataláns aprenden a lingua de Galiza dentro da oferta educativa deses centros.

"Unha lingua sen falantes morre"
Durante o acto de recepción, a coordinadora do proxecto, Sabela Labraña, repasou os problemas que para difundir e usar tanto o galego como o catalán houbo na historia, e subliñou que "unha lingua que non ten falantes acaba morrendo".

"De que depende a vida das linguas?", preguntou a coordinadora, que contestou seguidamente "da xente que as fala". Ademais, considerou que "agora hai a oportunidade de que todas as linguas sexan iguais e que o galego e catalán sexan linguas normais".


4,25/5 (4 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 15/Maio/2008 ecoe

Ai de matar línguas, sábenche ben esas duas, ho! (indolora, inodora, institucional...)

Gaviotero #2 15/Maio/2008 Gaviotero

¡Jajaja! Estas noticias de la sección de Humor son las que me tienen "enganchado" a Vieiros...Lo del aprendizaje del catalán en Galicia es de coña!!!! ¡¡¡JAJAJAJA!!! ¿Y por qué no el vasco? ¿O el zulú? ¡¡¡JAJAJAJA!!!

teixugo #3 16/Maio/2008 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENT COMO RAJOOY...

CUÑAAOOO

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: