Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Deseñan novas menciñas

A depresión frea a maduración das neuronas

Achado dun grupo de investigación compostelán en colaboración con investigadores canadenses.

Redacción - 13:00 14/05/2008

A depresión reduce a produción e maduración de novas neuronas. A mingua está relacionada coa diminución dos niveis da proteína reelina, responsábel da plasticidade do cerebro.

A esta conclusión chegou o equipo de investigación Biofarma, da Universidade de Santiago, que traballa neste ámbito en colaboración cun equipo da Universidade de Saskatchewan.

O grupo galego, coordinado polo profesor Héctor Caruncho, detectou defectos nos modelos animais na xénese e desenvolvemento das novas e “escasas” neuronas. Como consecuencia destas alteracións na plasticidade do hipocampo, os afectados pola doenza "padecen unha redución das súas capacidades de adaptación ao contorno", afirman.


4,67/5 (3 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 15/Maio/2008 ecoe

Todo moi ben, e moi bonito, moito I+D+d (?) e os investigadores para ianquilandia!

BonKarallan #2 15/Maio/2008 BonKarallan

Coido que os animais cos que experimentaron quedaron máis espremidos que deprimidos.

Non hai ninguén que defenda aos animais dos abusos que sofren por parte dos científicos?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: