Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Maril quítalle importancia ao adiamento

Os sindicatos agoiran a "morte" da Semana Verde se a Xunta non lle mete man á crise

Desde o sector agrogandeiro ven no acontecido un signo da "grave" situación dun proxecto que podería ser "moi importante" para o país.

Redacción - 09:00 15/05/2008

Desde Unións Agrarias, UUAA, critican a "desidia" tanto do anterior goberno como do actual respecto dun proxecto sobre o que aseguran que o executivo ten ampla marxe de actuación. Paradoxalmente, o peso do Goberno na institución teno a Consellaría de Presidencia, malia que a vocación agrogandeira do recinto faría lóxica a xestión de Medio Rural, un conflito competencial aínda por resolver.

Por este motivo, desde UUAA, Pablo García ve este aprazamento como un síntoma da "grave crise que arrastra" a Fundación Semana Verde e emprazan a Xunta a "coller o touro polos cornos" e activar medidas e estratexias.

Por parte de Xóvenes Agricultores, XXAA, Francisco Bello opina que se trata dunha feira "moi importante para o sector" e insiste en que "non se pode renunciar a ela". Así, solicítalle tamén á Xunta que tome "algún tipo de decisión" que garanta o futuro do proxecto. Tanto UUAA como XXAA coinciden en destacar a "proxección e prestixio internacional" da cita.

Xabier Gómez, do Sindicato Labrego Galego, SLG, coincide coas outras formacións sindicais en avaliar que novembro non é unha boa data para a Semana Verde. Sinalan por exemplo en que o certame presentará toda unha oferta de maquinaria nunha época na que xa finalizou a campaña de semente, forraxe e recolección.

O presidente da Fundación non ve problema no aprazamento
En declaracións a Europa Press, Xosé Maril, presidente da Fundación Semana Verde, atribuíulle a dous "problemiñas" os motivos deste aprazamento: a existencia de "moitas dúbidas" no éxito de transaccións se se celebraba en xuño; e a falta de marxe de manobra para poñer en marcha as liñas de traballo do plan de viabilidade, previsto para o próximo mes, "polo que entraría moi pillado". Na súa opinión, o aprazamento de xuño a novembro da trixésima primeira edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia "non é malo senón moi beneficioso".


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: