Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na bitácora GaliciaProfunda.com

Os premios "Antilingua": Franco, Paco Vázquez e Galicia Bilingüe

Velaí a decisión dos internautas, que votaron os gañadores dos premios Sacho de Ouro, Boina de Ouro e Fouciño de Ouro.

Redacción - 10:35 15/05/2008

Franco foi o elixido para a "Boina de Ouro" ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego. Os internautas coincidiron en cualificalo como unha "mazá podre, podre" para o idioma.


Francisco Vázquez recibe o "Sacho de Ouro" ao que máis dano lle fixo ao galego nos últimos anos. "O seu rexeitamento frontal a que "A Coruña" quedase sen o "L" quedará marcado para sempre na memoria dos galegofalantes", apuntan os promotores do premio.

Por último, Galicia Bilingüe foi a escollida para o "Fouciño de Ouro". "Esta asociación pretende botar abaixo o decreto de galeguización do ensino, no que se establece que, cando menos, o 50% das materias estarán impartidas en galego, un dos poucos grandes logros que conseguiu o galego nos últimos anos", sinálase no fallo.

Para o ano que vén, os promotores anuncian dous novos galardóns:

Premios Lingua de Ouro pola persoa/institución viva que máis decididamente traballa en prol da lingua galega. Visto que o Día das Letras Galegas homenaxea a unha figura das nosa cultura que leva cando menos 10 anos falecida, cremos necesario tamén o recoñecemento en vida de todos os que loitan porque o galego sexa unha lingua forte, viva e da que nos sintamos orgullosos.

Premios Antilingua Galega pola persoa/institución viva que máis decidamente traballa en contra da lingua galega.



Toda a información en Galicia Profunda.


4,96/5 (23 votos)


Comentarios (30)

Sabrexo #1 15/Maio/2008 Sabrexo

Por que lle chamamos Galicia Bilingüe? A min gustábame máis o nome orixinal, Tan Gallego como el Gallego, era moito máis expresivo. Canto a P. Vázquez, a estas alturas xa sabemos que nos tiña enganados co tema do idioma, era todo unha falsa polémica que creou moi intelixentemente para tapar os seus negocios privados.

xacataca #2 15/Maio/2008 xacataca

Xa estamos, coma sempre, a comparar malnacidos con animais que non teñen culpa de ren.

sozinho #3 15/Maio/2008 sozinho

Tan ridículo como "Ni miento ni me arrepiento", espazo de opinión reservado a un fachoide da Voz hai xa uns anos, cando era máis sociata.
Paco Vázquez tíñanos enganados, si, pero a forza de tapar será a última cidade galega onde se galeguicen os nomes das rúas.

patacanova #4 15/Maio/2008 patacanova

Os gañadores estaban cantados; polo menos no primeiro e o segundo caso gañárono a pulso. No terceiro caso, quizais o máis abraiante -do mesmo xeito que o do carrefour- por producirse na época na que se produce (na que xa non é tan sinxelo darnos gato por lebre), encántame a recreación da presidenta desa cheirenta organización de fascistas como a Pantoja.

blogueirada #5 15/Maio/2008 blogueirada

A min non me resta máis que dicir felicidades ós premiados e premiadas. Este é un premio merecido pola súa teimuda e trasnoitada traxectoria de paletos. Mira que resulta paleto dicir iso dunha lingua. Como se enteiren os vosos pais vanvos petar na boca. Sentidiño e punto.

JohnLocke #6 15/Maio/2008 JohnLocke

Irão recolher os prêmios?

Gaviotero #7 15/Maio/2008 Gaviotero

Curioso lo de estos galleguistas de pacotilla que consideran que defender la libertad individual es ir contra el gallego.

Pobre idioma el gallego, apropiado por una pandilla de vividores subvencionados con tendencias totalitarias.

BonKarallan #8 15/Maio/2008 BonKarallan

Aínda non che decataches? As gaivotas abandonaron o PP porque non están de acordo coa liña crebada que está seguindo Rajoy. Fóronse con María San Gil e coa Maior Orella.

sophia #9 15/Maio/2008 sophia

sozinho, quen é o de "ni miento ni me arrepiento"?

BonKarallan #10 15/Maio/2008 BonKarallan

Xa hai que ser brutos, disfrazar ao pobre can de porco.

frebaster #11 16/Maio/2008 frebaster

Non é Galicia Bilingüe oh!!! É Galicia bicéfala!!!

Carlinhos #12 16/Maio/2008 Carlinhos

Orozco era candidato? Vejam o vídeo "Galescolas: !Bien por Orozco!"
http://br.youtube.com/watch?v=...

sozinho #13 17/Maio/2008 sozinho

Ola Sophia, pois un tal Juan José R. Calaza, gran defensor da "alta cultura" española fronte aos cursis que defenden linguas e culturas menores. Outro fachoide ridículo era Alfonso de la Vega coa súa Garita da Herbeira, pero era máis anti-sociata que anti-nacionalista. Mena do frikismo de dereitas explotada intelixentemente, que hoxe non é tan atacable, pois criticar ao goberno sempre vende máis xornais.
Por non saírme do tema, este concurso é demasiado grandilocuente, non? Darlle un premio sobre anti-lingua a un ditador anti-liberdades, anti-razón, anti-laicismo, anti-apertura, anti-contracultura, anti... non me parece que se poida mante-lo nivel tan sequera un ano.

Carlinhos #14 17/Maio/2008 Carlinhos

Calaza, "Calaça adj. e s. U. m. no pl. (1) Farrapento, esfarrapado: é um calaças. (2) Farrapo. (3) Que, ou aquele que está desfigurado, em mal estado. (3) CARNE PUTREFACTA, CARNIÇA. BAZÓFIA". e-straviz

Gaviotero #15 17/Maio/2008 Gaviotero

Podíamos hacer el premio "Embusteros de Galicia" y meter en primer lugar al tal Castelao que dijo aquella falsedad de que la "doma y casta de Galicia" que jamás escribiera ni dijera nadie antes de que aflorara en su calenturienta mente aldeana...

Carlinhos #16 17/Maio/2008 Carlinhos

Já chegou o historiador coas suas profundas análises; vasta erudiçom e profundas sentenças.
Seica nom sabes, ou ocultas, que está documentado que Zurita, o cronista dos vossos admirados Reis da Inquisiçom, escreveu "Doma do Reino de Galiza" e que os erros na transcriçom ou interpretaçom (muitas vezes intencionados, quando nom puras falsificaçons) das fontes historiográficas de qualquer Estado som inúmeras, as do Estado Espanhol, as que máis conheço, davam para encher a Wikipédia.
Sabias que já se falava castelhano antes de que chegassem à Península os romanos? Pois fai parte da tua história como espanhol.

Maeloc-do-Rouco #17 17/Maio/2008 Maeloc-do-Rouco

ATENCION: GAVIOTERO (o "actor-trol" que Vieiros incorpora pra engadir "spice" ao seus foros) F-A-L-A G-A-L-E-G-O (olhade pra o comentario 15 cando se refiere a "doma y castracion" de Galicia documentada polo cronista aragones Zurita e citada oficialmente em ambitos academicos de jeito secular): ATENCION: SEAGULLER SPEAKING GALICIAN:
"(...) que jamas ESCRIBIERA ("escribio" ou "habia escrito") ni DIJERA ("dijo" o "habia dicho") nadie antes de que aflorara (preferivel neste caso a forma "aflorase", ainda que "alorara" e correcto e segue a denotar a procedencia cultural-nacional-linguistica galaico-portuguessa de quem escreve)....."GAVIOTERO SUGIRO-LHE QUE VAIA AO LOGOPEDA ESPECIAL PRA "GALLIGUINIUS" A VER SE LHE ENSINA A FALAR ESPANHOL "PROPERLY"..."

rockandroll #18 17/Maio/2008 rockandroll

caralho, entom se Castelao era um mentireiro que só escrevia embustes, porquê o teu companheiro Fraga teimou tanto em sobre-explorar a sua figura? Porque o de gaviotero vai pola tua filiaçom ao PP, nom? No PP há gente que pensa assim? E porquê nom fazedes valer o vosso critério? Inclusso ajudaria a definir campos...

galegasenprexuizos #19 17/Maio/2008 galegasenprexuizos

Gaviotero, antes de falar, pensa.
Tan español eres que nin sequera o sabes falar.
Boa observación Maeloc-do-Rouco.

Dogma #20 18/Maio/2008 Dogma

mira poucas veces estou dacordo con alguen pero :
#17 hai 1 dia Maeloc-do-Rouco
O BORDAS....

Pero de todo-los xeitos eu nin daba premios nin chamaria a galicia bifida (que realmente é o que é), galicia bilingue

Dogma #21 18/Maio/2008 Dogma

Quixera recomendar algo a o gavi :

http://es.youtube.com/watch?v=...

e aprende un pouco...

Gaviotero #22 19/Maio/2008 Gaviotero

Al final, lo importante, es que nadie salvo el propio Castelao, que fue el que lo inventó, escribió jamás nada de la "doma y castración" de Galicia.

"Galicia se redujo a las leyes de la justicia, a donde el rey puso audiencias. En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros muy arriscados y guerreros, y viendo lo que pasaba por el conde -que era gran señor en aquel reino- se fueron allanando y reduciendo a las leyes de la justicia con rigor del castigo. Volvió el rey de Galicia a Salamanca en fin del mes de noviembre, y desde aquella ciudad se envió su audiencia real formada a Galicia, para que residiese en aquel reino y con la autoridad de los gobernadores y jueces que allí presidiesen y con rigurosa ejecución se administrase la justicia; y el arzobispo de Santiago les entregó su iglesia habiendo pasado por el estado del conde de Lemos y por todas las otras tierras de señores que hay hasta llegar a su arzobispado sin ser recibidos los oidores: tan duros y pertinaces estaban en tomar el freno y rendirse a las leyes que los reducían a la paz y justicia, que tan necesaria era en aquel reino, prevaleciendo en él las armas y sus bandos y contiendas ordinarias, de que se siguían muy graves y atroces delitos y insultos. En esto y en asentar otras cosas, se detuvieron algunos días el rey y la reina en la ciudad de Salamanca."

Obviamente, si vuestro Sabino Arana particular no le añadía el condimento de su propia elaboración de la "castración", aquello no tendría el victimismo necesario propio de cualquier nacionalismo aldeano.

Pero aquí la única castración fue la intelectual del padre de la patria gallega, esa que no existe más que en la imaginación de los nacionalistas gallegos.

Respecto a Fraga, como recordaréis, también era amigo de Fidel Castro. Y ministro de Franco. Vamos, que no es precisamente el modelo de un liberal como yo. Precisamente por sus desmanes galleguistas nos encontramos hoy con el totalitarismo instalado en San Caetano.

luimipi #23 19/Maio/2008 luimipi

ti un modelo de liberal? hahahahahahahahahahahaha.

ti es un nacionalista español...(e dos malos ademáis, dos que non coñecen nin en que pensan...dos totalitarios).

rockandroll #24 19/Maio/2008 rockandroll

Sim, mira, neninho...Fraga, gostes ou nom é o fundador do PP, foi ele quem fundou AP e quem liderou o processo de refundaçom que derivou no nascimento das siglas actuais. Nom há diferenças ideológicas reais entre as baronias do PP, tanto tem boinas que birretes, tanto tem liberais que conservadores. Já dixerom quando a crise provocada pola Maria San Gil, que o debate ideológico sobrava, porque como colhiam todos, pois nada, tudo por asentimento e a dedo. Quando Fraga era presidente do PP de G, todos respondiam a qualquer pergunta com um "o que diga Don Manuel".Assim, nunca erravam, claro. Dom Manuel saia por onde lhe dava a gana, mas os outros já se curaram em saúde.

Em qualquer caso, neninho, já che digo, estou esperando a que fagades valer a vossa portura no PP. Os que reivindicamos a Castelao, agradeceriamo-lo.

Já vejo quê liberal és, que nom che importa partilhar siglas com franquistas.Tu próprio o acabas de dizer. Isso sim, Castelao nom foi o único que falou da doma e castraçom, eh? O Padre Sarmiento e o Padre Feijoo já falaram dela.

Gaviotero #25 19/Maio/2008 Gaviotero

¿Te imaginas, rockandroll, que yo dijera que no hay diferencia alguna entre los nacionalistas del BNG, del PNV o de la ETA?

Por lo demás, veo que sigues sin contestar o te niegas a aceptar la realidad: que Castelao se inventó lo de la "doma y castración". Allá tú con tu analfabetismo voluntario.

luimipi #26 19/Maio/2008 luimipi

oes...ti eres todo un estudioso non? nótase a falta de estudios, pois esqueces moitos dos que mencionan a doma e castración simplemente pq lle vai ben facer iso os teus postulados nacionalistas casteláns...

que amargue debes de ter meu fillo...vivir na galiza onde o 56%fala galego debe de ser un sufrimento pra ti...sintoo, oes disque en madrid podes vivir mellor con esperanciña...pedro J, mariano, acebes, e toda a panda da COPE (xa quedaches con Jimenez Losantos?).

estudia un pouco e cala máis, que a ignorancia é atrevida...e ti es demasiado atrevido...po-lo tanto moito máis ignorante.

"Castilla miserable ayer conquistadora envuelta en tus harapos desprecias cuanto ignoras" (Machado)

Semella que Machado tamén te coñecía a ti!!!! xDDDD

spider #27 19/Maio/2008 spider

Nazi.. fai coma Franco, non te metas en política. Iso de non saber diferenciar entre liberal, nazionalista español, bng, pnv... tes un cacao montado... non me estraña xa que o coeficiente das gaivotas non é demasiado elevado...

spider #28 19/Maio/2008 spider

A xentiña coma ti é ben sabido o que lle fan os que teñen outras ideas... pasealos. No canto ti podes pasear tranquiliño, e así debe ser, pois grazas a Deus, os que temos outras ideas, tamén temos outra idea do que é un paseo.

Dogma #29 20/Maio/2008 Dogma

Este Gavi... mira que non saber que quen fala da doma e castración de galicia foi o que ven sendo un escriba da coroa de aragón alá polos anos dos reises Cátolicos.... e o gracioso é que despois cree ter a razón...

Bueno, se quere tela eu doulla toda... se é feliz así..

Xindilo #30 20/Maio/2008 Xindilo

Algún vive nos mundos de Yupi, non? Bueno, claro, éche o que ten voar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: