Catro xornalistas que estaban presentes no hotel iraquí onde morreu o cámara, critican o uso que a Audiencia Nacional fixo dos seus testemuños.
"Cremos que é inaceptábel que o Tribunal utilizara de xeito parcial e descontextualizado as nosas declaracións para xustificar a exculpación dos tres militares estadounidenses", comeza o texto divulgado polos xornalistas Jon Sistiaga, Olga Rodríguez, Jesús Quiñonero e Carlos Hernández. "Da mesma maneira, non entendemos por que sen embargo se fixo caso omiso do groso das nosas declaracións", din, laiándose de que ademais se usase dos seus testemuños para tratar de xustificar a revogación do proceso aos tres militares dos EUA implicados no asasinato de Xosé Couso.
Os xornalistas subliñan entre outros datos que o Hotel Palestina era o centro internacional de prensa onde estaban todos os correspondentes extranxeirosque cubrían a invasión, "unha circunstancia que coñecían perfectamente os mandos do exército dos Estados Unidos". "No Hotel Palestina non había francotiradores, combatentes armados nin ningún outro tipo de ameaza para as tropas norteamericanas que ese día estaban procedendo á ocupación de Bagdad", explican. Recordan ademais que estiveron durante horas gravando os tanques de combate, incluído o que despois disparou sobre o hotel, desde os balcóns.
Como conclusión, destacan que é necesario que siga adiante a investigación xudicial para saber "cales foron os motivos que levaron a atacar o Hotel Palestina e a depurar no seu caso as responsabilidades penais derivadas".
Vaya forma de intentar darle la vuelta a la noticia, ¿eh, chicos?
Lo que a mí me parece inaceptable es que algunos quieran utilizar los tribunales para lograr una condena política.
Si no les gusta Aznar, los americanos y la guerra de Irak, que se fastidien, pero que no saquen todos los días a pasear el cadáver de José Couso.
Aunque sólo sea por respetar la memoria de un periodista que murió en medio de una guerra.
Tssss, non lle levantedes a voz ó dono do mundo, calade as súas torturas, os seus asasinatos en masa, o seu apoio ós terroristas, o seu modelo de humanidade no que 500 persoas ricas teñen máis ca 3.000.000 persoas pobres, as súas guerras pola "liberdade" (curioso que nos tempos de hoxe a palabra liberdade atópese tan devaluada, non paran de nomeala quen queren acabar con ela). Así que calade, aceptade o modelo existente, cantas máis cousas compres máis feliz serás. Aiii, a bomba, bon amigo.
Pois cómo non vai ser explicable, periodistas: pois porque son un "tribunal" POLÍTICO, ó servicio do €$tado!
Claro, claro...y nos lo decís vosotros, salvapatrias, cantamañanas, que no estáis en absoluto interesados por el dinero, pero que como vuestros idolatrados Suso de Toro o Manolito Rivas, no hacéis más que amasarlo con el dinero de todos eso sí.
Dios nos libre de los progres cuyas únicas aspiraciones son las dictaduras y los asesinatos que ellos llaman "democracias populares" y "ajusticiamientos", llevados a cabo siempre por asesinos sin escrúpulos que como el Che ilustran sus camisetas bajo la denominación de "liberadores".
AVANTE SEMPRE!
ATÉ CONSEGUIR QUE A EVIDÊNCIA SEJA ADMITIDA!
A modo, Gaviotero. A modo.
Lembra que o tema era a morte de Xosé Couso e todo o que trouxo cinco anos despois.
Penso que o que contas é produto dun lamentable estado febril do que agardo de corazón que mellores.
Calculo, qué digo, afirmo, que entre algunhas bandas da esquerda hai atacados coma ti, pero non lles prestamos atención e preferimos argumentar.
Parece mentira, pero nen a morte dun cidadán de este país, dun próximo, é abondo para mudar un discurso que, seica, semella xustificar ou entender a morte de José Couso porque interpretas que hai progres que apoian hoxe a Castro e antes a Kruchev, ou como se escreba o apelido.
Non. Así non imos cara nengures. E os teus argumentos non me parecen dunha persoa sensata que teña reflexionado e sí dunha persoa chea de carraxe.
A ver, Gaviotero, qué pintan aquí Suso de Toro e Manolito Rivas, Manolo pra mín. Pois nada. Se eles son do grupo PRISA-NOSTRA, e pasado mañá os mandamases pasan a apoiar a outro candidato de dereita, pensa en Gallardón e non apostes por Núñez Feijooooo...
"Usar" os tribunais de xustiza precisamente é un dereito democrático inexistente en tempos de Franco, un dereiro para todo quisque, que, no caso de Couso, utiliza-se para tentar demostrar que o disparo do tanque que o matou non foi un acidente senón unha acción de guerra premeditada e comunicada pola cadea de mado do exército ianqui.
Xosé Couso xa está morto. Triste. Pero están vivas a súa nai, a súa muller, a súa irmá, os seus irmáns, toda a tribu de parentes e de contraparentes, as amizades. E dúas crianzas que quedaron sen pai.
De verdade, Gaviotero, pensas que isto remata hoxe ou lograremos convertilo nun pesadelo para José María Aznar, Trillo, o pobre Mariano et alii?
E como este país estaba gobernado por Jose Mari, e Jose Marí, e máis o pobre Mariano, apoiaban aquela guerra; e como Jose Mari, e Mariano, e Trillo, e a ministra aquela de Exteriores que dixo que "tras la guerra el petróleo será más barato", bon, pois todos eses tiveron "cero patatero" de cariño, achegamento, comprensión, solidariedade, etc. coa familia Couso, aquí estamos, Gaviotero, intentando que persoas coma ti comprendades que, de ser certa a versión da familia Couso, alguén terá que pagar. Sería de xustiza.
Por certo, o uso político dos tribunais de xustiza non está limitado ás esquerdas.
Manolo Fraga facía uso dos tribunais durante a cris do Prestige, metía medo o home. E o sindicato "Manos Limpias", en fin, tamén gosta de meter cizaña entre os expedentes xudiciais.
Ai, non che entendo, Gaviotero.